Dombodán, Arzúa

parroquia civil do concello de Arzúa

San Cristovo de Dombodán[1] é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo datos do IGE, no ano 2018 tiña unha poboación de 224 habitantes (107 homes e 117 mulleres). Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeneralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.

Dombodán
Ponte San Xusto
ConcelloArzúa[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′53″N 8°12′10″O / 42.86458429, -8.20275126
Área6,97 km²
Poboación224 hab. (2018)
Densidade32,14 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio histórico artístico

editar
 
San Cristovo de Dombodán

A súa igrexa parroquial data de 1756. Feita en cantaría, a súa fachada é de estilo barroco-compostelán. Está coroada cunha espadana de características semellantes ás das priorais da Mariña de Lugo. O resto da nave está feita en pedra ordinaria.

No seu interior hai dous retablos: o Maior e o das Dolores, ámbolos dous de finais do século XVIII (1797), feitos polo mestre arquitecto e escultor Juan Domínguez seguindo os planos de Miguel Ferro Caaveiro.

Sábese que esta capela pertenceu ó pazo de Brandeso. Veñen a este Santuario a pedir contra o gurgullo do gran e por un bo parto. Esta petición implica revirar unha tella da Capela como "recordatorio".

Festas

editar

Celébranse as súas festas os días 30 e 31 de xullo, e no primeiro domingo de setembro celébrase a Romaría do Viso na capela do mesmo nome, situada na cima do couto do Viso, desde onde se di que a Virxe pode ver a do Corpiño e a de Rendal.

Na parroquia atópase tamén o Museo Vivente do Mel.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Dombodán

editar
Lugares da parroquia de Dombodán no concello coruñés de Arzúa

A Agra de Pares | Casal de Arriba | Casal de Souto | Dombodán | Gomesende | Gramil | As Hortas | Nabás | Outeiro | A Pedreira | A Pedreiriña | Ponte San Xusto | Portodemouros | Remesil | A Torre | Trasbar | Trasmonte | O Viso | A Xesteira


Parroquias de Arzúa

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa

Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
HOME 1
mac 2
os 20
todo 1