Don DeLillo
Don DeLillo, nado en Nova York o 20 de novembro de 1936 é un escritor estadounidense, coñecido polas súas novelas que retratan a vida do seu país a finais do século XX e principios do XXI. É considerado pola crítica especializada unha das figuras centrais do posmodernismo literario.
Traxectoria
editarFillo dunha familia de inmigrantes italianos, DeLillo naceu no barrio do Bronx. A súa casa estaba habitada por once persoas e, como el mesmo lembra, pasaba "todo o tiempo na rúa";[1] conta tamén que a súa avoa, que viviu cincuenta anos nos Estados Unidos, nunca aprendeu o inglés.
Estudos na Universidade de Fordham, no Bronx, onde se graduou en 1958. Comezou a escribir nun traballo como garda de aparcadoiro e as súas referencias literarias iniciais foron James Joyce, William Faulkner, Ernest Hemingway e Flannery O'Connor.
DeLillo traballou cinco anos na axencia literaria Ogilvy & Mather. Publicou o seu primeiro relato en 1960, "The River Jordan", en Epoch, a revista literaria da Universidade Cornell. Empezou a escribir Americana, a súa primeira novela en 1966 e publicouna en 1971. Catro anos despois contraeu matrimonio con Barbara Bennett. Durante a década de 1970 viviu algúns anos en Grecia, onde escribiu The Names.
O recoñecemento como escritor chegoulle coa novela White Noise, publicada en 1985. A esta seguírona, entre outras, Libra (1988), Mao II (1991) e Underworld (1997). Despois de publicar esa novela produciuse un cambio sutil nas obras de DeLillo, que se volveron "máis breves e meditativas”, con “pontes que entroncaban coas artes visuais.[2]
Cosmopolis (2003) foi considerada “unha incisiva exploración dos danos morais post-11-S” e “converteuse nun texto profético que illou as correntes subterráneas que nos levaron ao presente colapso do sistema”.[3] David Cronenberg adaptaouna ao cinema en 2012.
En 2010 apareceu Point Omega, na que aborda o problema da guerra en Iraq e no ano seguinte saíu o seu primeiro libro de contos, The Angel Esmeralda, unha selección de nove relatos da vintena que publicou ao longo da súa vida.
Obra
editar- Novelas
- Americana (1971)
- End Zone (1972)
- Great Jones Street (1973)
- Ratner's Star (1976)
- Players (1977)
- Running Dog (1978)
- Amazons (1980)
- The Names (1982)
- White Noise (1985)
- Libra (1988)
- Mao II (1991)
- Underworld (1997)
- The Body Artist (2001)
- Cosmopolis (2003)
- Falling Man (2007)
- Point Omega (2010)
- Coleccións de contos
- The Angel Esmeralda (2011)
- Relatos breves
- The River Jordan (1960)
- Take the "A" Train (1962)
- Spaghetti and Meatballs (1965)
- Coming Sun.Mon.Tues.(1966)
- Baghdad Towers West (1967)
- The Uniforms (1970)
- In the Men's Room of the Sixteenth Century (1971)
- Total Lost Weekend (1972)
- Creation (1979)
- The Sightings (1979)
- Human Moments in World War III (1983)
- The Ivory Acrobat (1988)
- The Runner (1988)
- Pafko at the Wall (1992)
- The Angel Esmeralda (1995)
- Baader-Meinhof(2002)
- Still Life (2007)
- Midnight in Dostoevsky (2009)
- The Border of Fallen Bodies (2009)
- Hammer and Sickle (2010)
- Obras teatrais
- The Engineer of Moonlight (1979)
- The Day Room (1986)
- Valparaiso (1999)
- Love-Lies-Bleeding (2005)
- The Word for Snow (2007)
- Guións
- Game 6 (2005)
- Ensaios
- "American Blood: A Journey through the Labyrinth of Dallas and JFK" (1983)
- "Salman Rushdie Defense" (1994) (Coescrito con Paul Auster)
- "The Artist Naked in a Cage" (1997)
- "The Power of History" (1997)
- "A History of the Writer Alone in a Room" (1999)
- "In the Ruins of the Future" (2001)
Notas
editar- ↑ Amend, Christoph; Diez, Georg (11 de outubro de 2007). Die Zeit, ed. "Don DeLillo: "I don't know America anymore"". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2012.
- ↑ Lago, Eduardo (1 de setembro de 2012). "Cómo escribir con la mirada". Consultado o 1 de setembro de 2012.
- ↑ Costa, Jordi (11 de outubro de 2012). El País, ed. "Capitalismo sin amor" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Don DeLillo |