Dorothy Dandridge

actriz, cantante e bailarina estadounidense

Dorothy Jean Dandridge, nada en Cleveland o 9 de novembro de 1922 e finada en West Hollywood o 8 de setembro de 1965, foi unha actriz, cantante e bailarina estadounidense. Foi a primeira actriz afroamericana candiata ao Oscar á mellor actriz.[1][2] Foi cantante en locais como o Cotton Club e Apollo Theatre, formando parte tamén de The Dandridge Sisters e participando nunha serie de filmes, xeralmente sen estar acreditada. Foi ademais a primeira muller negra que apareceu na portada da revista Life e en presentarse no Waldorf-Astoria Hotel.

Modelo:BiografíaDorothy Dandridge

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Dorothy Jean Dandridge Editar o valor en Wikidata
9 de novembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Hollywood (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, canto e danza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, bailarina, actriz de teatro, cantante, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop tradicional Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVerve Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHarold Nicholas (1942–1951) Editar o valor en Wikidata
NaiRuby Dandridge Editar o valor en Wikidata
IrmánsVivian Dandridge Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNotable Black American Women
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0199268 Allocine: 129002 Allmovie: p16799 TCM: 43777 TV.com: people/dorothy-dandridge IBDB: 88732
BNE: XX1568258 Musicbrainz: fc74743d-ac8a-488a-b3ff-e17cb36b2520 Discogs: 322317 Allmusic: mn0000190742 WikiTree: Dandridge-303 Find a Grave: 2097 Genius: Dorothy-dandridge Editar o valor en Wikidata

Carreira

editar

Inicios

editar

Dorothy Dandridge naceu en Cleveland, Ohio, e 1922, filla do aspirante a estrela Ruby Dandridge (1900-1987) e Cyril Dandridge (1895-1989).[3][4] O seu pai, construtor de mobles e ministro baptista, separouse da súa nai pouco despois do seu nacemento.[5] Ruby creou un espectáculo de danza para as súas dúas fillas, Vivian e Dorothy, co nome de The Wonder Children, coa axencia de Geneva Williams. As irmás viaxaron polo sur dos Estados Unidos durane cinco anos case sen interrupción e indo á escola en raras ocasións, mentres que Ruby traballaba actuando en Cleveland.[6]

Nos anos da Gran Depresión, o traballo para as irmás Dandridge praxticamente desapareceu, igual que para moitos artistas do circuíto. Ruby mudouse entón a Hollywood, onde atopou traballo nunha empresa que atendía radios e estudios. Co cambio de cidade, Dorothy puido cursar o ensino medio na escola McKinley Junior High School.[7]

The Wonder Children foi entón renomeada como The Dandridge Sisters en 1934, incluíndo no grupo a súa colega de escola Etta James.[7] The Dandridge Sisters continuaron a actuar durante anos, mesmo en grandes clubs como o Cotton Club e o Apollo Theater.[8] O seu primeiro papel no cinema foi nunha comedia chamada Teacher's Beau, en 1935.[9] Como integrante do trío, participou en The Big Broadcast of 1936 (1936), con Bill "Bojangles" Robinson, A Day at the Races cos irmáns Marx e It Can't Last Forever cos Jackson Brothers, ambos en 1937.[10] Mesmo sendo pequenas participacións, Dorothy comezou a gañar recoñecemento mentres continuaba a actuar en clubs do país.

O seu primeiro papel acreditado co seu nome foi Four Shall Die (1940), onde era unha asasina, aínda que o papel tivo pouco impacto na súa carreira. Fixo pequenas interpretacións en Lady from Louisiana, co John Wayne e Sundown, con Gene Tierney, ambos en 1941 e no musical do mesmo ano, Sun Valley Serenade para a 20th Century Fox. Esta foi a primeira vez que actuou con Nicholas Brothers.[11]

Durante toda a década de 1940, fixo pequenos papeis en filmes e musicais, a maioría de pouca importancia na súa carreira. Os seus atributos físicos e gran beleza eran amplamente discutidos en revistas e polos directores dos estudios.[11]

En decembro de 1952, un axente da Metro-Goldwyn-Mayer asistiu a unha actuación de Dorothy e recomendouna ao produtor Dore Schary, que a escolleu para o papel de Jane Richards, en Bright Road, o seu primeiro papel destacado, onde foi recoñecida como unha "actriz emotiva e marabillosa". Aínda continuaba a traballar en clubs despois das rodaxes e apareceu en diversos programas de variedades na televisión, incluíndo o programa de Ed Sullivan Toast of the Town.[12]

Carmen Jones

editar

En 1953, a 20th Century Fox comezou unha busca nacional para escoller o elenco da adaptación do musical de éxito de Broadway, Carmen Jones, derivado da opera de Bizet, Carmen, adaptada para o escenario e ambientado na comunidade negra despois da segunda guerra mundial. Ao principio, o director Otto Preminger non considerou a Dandridge para o papel principal, achando a súa aparencia sofisticada de máis. Con grande audacia, Dandridge reinventou a súa aparencia coa axuda de maquilladores e enfrontouse a Preminger no seu despacho. Este escolleuna rapidamente e completou o elenco, xunto con Harry Belafonte, Pearl Bailey, Brock Peters, Diahann Carroll, Madame Sul-Te-Wan (sen acreditar), Olga James e Joe Adams.[13]

Mesmo sendo coñecida polo seu talento como cantante, o estudio quería que ela cantase co ton das óperas tradicionais. Entón a súa voz foi dobrada por Marilyn Horne. Carmen Jones recibiu críticas positivas e foi un éxito de pública, con 70 mil dólares na primeira semana e máis 50 mil despois. A súa interpretación sedutora elevouna ao status de sex symbol, ademais de darlle críticas positivas. O 1 de novembro de 1954, Dandridge converteuse na primeira muller de raza negra na portada da revista Life.[14]

O filme foi un éxito en todo o mundo, recadando máis de 10 millóns de dólares e converteuse nun dos filmes máis lucrativos do ano. Dandridge foi candidata ao Oscar á mellor actriz, primeira actriz negra nesa categoría, compartindo candidatura con Audrey Hepburn, Judy Garland, Jane Wyman e a gañadora Grace Kelly.

O 15 de febreiro de 1955, asinou un contrato para tres filmes coa 20th Century Fox, ao mando do propio director do estudio, Darryl F. Zanuck. O seu obxectivo principal para Dandridge era convertela nunha icona negra da pantalla.[11]

O 8 de setembro de 1965, Dandridge falou por teléfono coa súa amiga e ex-cuñada Geraldine "Geri" Branton. Ela ía para Nova York o día seguinte para preparar o seu compromiso co Basin Street East. Varias horas despois da conversa con Branton, Dandridge foi atopada morta polo seu empresario, Earl Mills, con só 42 anos, por causas descoñecidas.[15] Non obstante, algúns biógrafos afirman que sufriu unha embolia pulmonar[16] ou dunha sobredose accidental de imipramina, antidepresivo tricíclico.[17] O 12 de setembro de 1965 realizouse un funeral privado capelipa das Flores. Foi cremada e as súas cinzas foron sepultadas no Mausoleo da Liberdade, no Forest Lawn Memorial Park, en Glendale, California.[18][19]

Filmografía

editar

Como actriz

editar
Ano Título Papel Notas
1935 Teacher's Beau Dorothy
1936 The Big Broadcast of 1936 The Dandridge Sisters
1937 Easy to Take Tthe Dandridge Sisters Sen acreditar
1937 It Can't Last Forever The Dandridge Sisters Sen acreditar
1937 A Day at the Races Cantante Sen acreditar
1938 Going Places The Dandridge Sisters Sen acreditar
1938 Snow Gets in Your Eyes The Dandridge Sisters
1940 Irene The Dandridge Sisters Sen acreditar
1940 Four Shall Die Helen Fielding Título alternativo: Condemned Men
1941 Bahama Passage Thalia
1941 Sundown Kipsang's Bride
1941 Sun Valley Serenade Actuación especial Canta "Chattanooga Choo Choo" cos Nicholas Brothers
1941 Lady from Louisiana Felice Título alternativo: Lady from New Orleans
1942 Lucky Jordan Empregada Sen acreditar
1942 Night in New Orleans Sal, Shadrach's Girl Sen acreditar
1942 The Night Before the Divorce Empregada Sen acreditar
1942 Ride 'Em Cowboy Bailarina Sen acreditar
1942 Drums of the Congo Princesa Malimi
1942 Orchestra Wives Cantante/Bailarina
1943 Hit Parade of 1943 Cantante en Count Basie Band Título alternativo: Change of Heart
1943 Happy Go Lucky Showgirl Sen acreditar
1944 Since You Went Away Esposa do oficial negro na estación de tren Sen acreditar
1944 Atlantic City Cantante Título alternativo: Atlantic City Honeymoon
Sen acreditar
1945 Pillow to Post ela mesma Sen acreditar
1947 Ebony Parade ela mesma Sen acreditar
1951 Tarzan's Peril Melmendi, Rainha de Ashuba
1951 The Harlem Globetrotters Ann Carpenter
1953 Bright Road Jane Richards
1953 Remains to Be Seen Cantante no Night Club Canta "Taking a Chance on Love"
1954 Carmen Jones Carmen Jones Candidata ao Oscar á mellor actriz, ao premio da BAFTA á mellor actriz de cinema e ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical
1957 Island in the Sun Margot Seaton
1958 Tamango Aiché, amante de Reiker
1958 The Decks Ran Red Mahia Títulos alternativos: Infamy
La Rivolta dell'esperanza
1959 Porgy and Bess Bess Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical
1960 Malaga Gianna Título alternativo: Moment of Danger
1961 The Murder Men Norma Sherman Telefilme
1962 Cain's Hundred Norma Sherman Episodio: "Blues for a Junkman"

Como ela mesma

editar

Legado

editar

Pasaron moitos anos antes de que a industria do entretemento recoñecese o legado de Dandridge. Dende a década de 1980, actrices como Cicely Tyson, Jada Pinkett Smith, Halle Berry, Janet Jackson, Whitney Houston, Kimberly Elise, Loretta Devine, Tasha Smith e Angela Bassett recoñeceron as contribucións de Dandridge ao papel dos afroamericanos no cinema.[20]

No filme de 1995 To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar, Wesley Snipes interpreta a "Noxeema Jackson", unha drag queen co sono de interpretar a Dorothy Dandridge nun filme sobre a súa vida, xa que a admira e sabe todo sobre a súa carreira.

En 1999, Halle Berry interpretou o papel protagonista de Dandridge no filme de HBO Introducing Dorothy Dandridge, que tamén produciu, e polo que gañou o Emmy, o Globo de Ouro e o Screen Actors Guild Award. Cando Berry gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Monster's Ball, dedicou o "momento [a] Dorothy Dandridge, Lena Horne, Diahann Carroll".[21] Dandridge e Berry eran de Cleveland e de feito naceron no mesmo hospital.

Polas súas contribucións á industria, recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, no 6721 Hollywood Boulevard. Dorothy Dandridge é a figura máis prominente no gran mural de famosos pintado na parede exterior do Hollywood High School.[22]

Existe unha estatua de Dandridge en Hollywood-La Brea Boulevard nos Ánxeles, deseñada por Catherine Hardwicke, construída para honrar as líderes multiétnicas do cinema, incluíndo Mae West, Dolores del Río e Anna May Wong.[23]

A cantante Janelle Monáe interpreta a canción titulada "Dorothy Dandridge Eyes" no seu álbum The Electric Lady, con Esperanza Spalding.

Unha personaxe do filme de 1969 The Lost Man afirma que se chama a ela mesma como Dandridge, citando que 'eu amábaa [...] foi unha traxedia terrible cando ela morreu'.

En febreiro de 2016 o episodio da serie Black-ish titulado "Sink or Swim", Dre refírese a Beyoncé como a "Dorothy Dandridge" do noso tempo.

  1. "Oscar de Halle Berry relembra história de Dorothy Dandridge". Portal Terra. Guto Barra. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  2. Potter, Joan (2002). African American Firsts: Famous Little-Known and Unsung Triumphs of Blacks in America (en inglés). Kensington Books. p. 81. ISBN 0-7582-0243-1. 
  3. "Ohio Deaths 1908-1932, 1938-1944, and 1958-2002 [database on-line]". The Generations Network. Consultado o 02-05-2009. 
  4. "Social Security Death Index [database on-line]". The Generations Network. Consultado o 02-05-2009. 
  5. Lyman, Darryl (2005). Great African-American Women. Jonathan David Company, Inc. pp. 50. ISBN 0-8246-0459-8. 
  6. Taylor, Quintard; Moore, Wilson; Ann, Shirley (2003). African American Women Confront the West. University of Oklahoma Press. pp. 239. ISBN 0-8061-3524-7. 
  7. 7,0 7,1 "Dorothy Dandridge Stars In Paramount Picture And Ellington-Anderson Stage Show "Jump For Joy"". The Pittsburgh Courier (Pittsburgh). p. 20. Consultado o 11 de abril de 2016 – vía Newspapers.com.   
  8. Mills, Earl (1999). Dorothy Dandridge: An Intimate Biography. Holloway House Publishing. p. 50. ISBN 0-87067-899-X. 
  9. Maltin, Leonard; Bann, Richard W. (1993). The Little Rascals: The Life and Times of Our Gang. Crown. p. 279. ISBN 0-517-58325-9. 
  10. Carney Smith, Jessie; Palmisano, Joseph M. (2000). Reference Library of Black America. African American Publications, Proteus Enterprises. p. 858. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Dorothy Dandridge: A Bio of the 1950s Screen Siren". Yahoo! Voices. 9 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2013. 
  12. "Bright Road". tcm.com. Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  13. Green, Stanley; Schmidt, Elaine (2000). Hollywood Musicals: Year by Year. Hal Leonard. p. 189. ISBN 0-634-00765-3. 
  14. McClary, Susan (1992). Georges Bizet: Carmen. Cambridge University Press. pp. 133. ISBN 0-521-39897-5. 
  15. McCann, Bob (2010). Encyclopedia of African-American actresses in film and television. McFarland & company. pp. 87–90. Consultado o 29 de xaneiro de 2011. 
  16. Robinson, Louie (março de 1966). "Dorothy Dandridge Hollywood's Tragic Enigma". Ebony. p. 71. Consultado o 10-09-2012. 
  17. Gorney, Cynthia (9 de febreiro de 1988). "The Fragile Flame of Dorothy Dandridge; Remembering the Shattered Life Of a Beautiful 1950s Movie Star". Washington Post. pp. E2. 
  18. Mills, Earl (1999). Dorothy Dandridge: An Intimate Biography. p. 196. Consultado o 17 de xullo de 2011. 
  19. Brooks, Patricia; Brooks, Jonathan (2006). Laid to Rest in California. p. 86. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2011. 
  20. "Dorothy Dandridge". The Biography Channel. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013. 
  21. "Halle Berry's Acceptance Speech." blackfilm.com. 26 de marzo de 2002.
  22. "Creative Feature: #BlackMusicMonth – Dorothy Dandridge". 22-06-2012. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013. 
  23. "Dorothy Dandridge statue in Hollywood". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dandridge, Dorothy & Conrad, Earl. Everything and Nothing: The Dorothy Dandridge Tragedy. Abelard-Schuman; 1st edition (1970). ISBN 0-200-71690-5. HarperCollins, New Ed edition (2000). ISBN 0-06-095675-5.
  • Donald Bogle. Dorothy Dandridge: A Biography, Amistad Press, 1997. ISBN 1-56743-034-1.
  • Mills, Earl. Dorothy Dandridge: An Intimate Portrait of Hollywood's First Major Black Film Star. Holloway House Publishing, 1999. ISBN 0-87067-899-X. (publicado por primeira vez en 1970)
  • Rippy, Marguerite H. (2001). "Commodity, Tragedy, Desire - Female Sexuality and Blackness in the Iconography of Dorothy Dandridge". Classic Hollywood, Classic Whiteness (Capítulo 9). Daniel Bernardi, Editor. University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-3238-3.

Ligazóns externas

editar
  NODES
Chat 1
Done 1
News 1
orte 5
see 1
Story 1