Doutor da Igrexa

título honorífico da Igrexa Católica

Doutor da Igrexa (do latín doctor, "profesor, mestre") ou Doutor da Igrexa Universal (latín: Doctor Ecclesiae Universalis) é un título outorgado pola Igrexa Católica a aqueles santos ou santas recoñecidos por facer importantes achegas no eido da teoloxía ou da doutrina coas súas investigacións, estudos ou escritos.

Hildegarda de Bingen foi unha Doutora da Igrexa do século XI

A data de 2024, recoñecéronse trinta e sete Doutores da Igrexa. Destes, dezaoito faleceron antes do gran cisma de 1504, polo que tamén son recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa do Leste, aínda que esta careza dun título equivalente ao de Doutor.

Dos trinta e sete, catro son mulleres e trinta e tres son homes. Entre eles, atópanse unha abadesa, tres monxas, dous papas, dezanove bispos, doce cregos e un diácono. Canto á procedencia, vinte e sete son europeos, tres africanos e sete asiáticos. Moitos dos Doutores viviron no século IV (doce, en total).

  NODES
HOME 1
os 15
todo 2