Eclesiasterio
Na antiga Grecia, o eclesiasterio (ἐκκλησιαστήριον ekklēsiastērion) era o lugar de reunión da asemblea popular (Ekklesía) dunha polis.
Descrición
editarNalgunhas cidades o eclesiasterio era un edificio separado, pero en moitos casos o teatro utilizábase tanto para representacións como para reunións da ekklesía. En Atenas as reunións regulares da asemblea celebrábanse nun outeiro chamado Pnix e dúas reunións anuais tiñan lugar no Teatro de Dioniso. Ao redor do -300, todas as reunións da ecclesía foron trasladadas ao teatro. As reunións da asemblea podían atraer un gran público: 6 000 cidadáns poderían asistir en Atenas durante o século -V[1]
Nas cidades que tiñan un eclesiasterio separado, o edificio podía adoptar varias formas. Moitos consistían en chanzos construídos na aba dun outeiro, semellantes aos teatros pero moito máis pequenos. Delos tiña un edificio cuberto[1]. En Metaponto era unha estrutura circular en terreo chan con chanzos elevados. Colocouse un podio nunha pasarela que atravesaba o centro. Podería albergar entre 7 500 e 8 000 persoas a principios do século -V, despois da ampliación. Esta estrutura circular era infrecuente pola súa localización na Magna Grecia. Tamén foi identificado como eclesiasterio un edificio circular sen teito con asentos graduados en Paestum, a antiga Posidonia. Non obstante, é probábel que fose un buleuterio, porque só podía albergar entre 500 e 600 persoas nunha cidade relativamente grande[2].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Whitehead, David (ed.) (1994). From political architecture to Stephanus Byzantius: sources for the ancient Greek polis. Stuttgart: F. Steiner. ISBN 3-515-06572-5.
- ↑ Sidney, Philip. Plato's Magnesia and Philosophical Polities in Magna Graecia (2007 ed.). p. 223-225. ISBN 978-0-549-23690-0.