Electrón

partícula elemental
(Redirección desde «Electróns»)

O electrón, designado como e-, é unha partícula elemental estable, pertencente á clase dos leptóns coa carga negativa máis pequena que existe na natureza (1,602*10−19 C). dita carga recibe o nome de carga elemental xa que calquera carga eléctrica separable está composta por un número enteiro delas.

Electrón e, e-, β-
Orbitais do átomo de Hidróxeno con diferentes niveis de enerxía. as zonas máis opacas indica maior probabilidade de atopar un electrón.
ComposiciónPartícula elemental
FamiliaFermión
GrupoLeptón
Xeración
InteracciónGravidade, Débil e Electromagnética
AntipartículaPositrón
TeorizadaRichard Laming (1838–1851),
G. Johnstone Stoney (1874) e outros
DescubertaJ. J. Thomson (1897)
Masa9,109 383 56 (11)×10−31 kg
Vida media> 6,6x1028 anos (estable)
Carga eléctrica-1,602 176 6208(98)× 10–19 C
Momento magnético−1,001 159 652 180 91(26) μB
Polarizabilidade magnética1,9(5)×10−4 fm3
Spin1/2
CondensadoI(JP) = 1/2(1/2+)
Os primeiros orbitais inferiores de átomos de hidróxeno mostradas como seccións transversais con código de cor que mostra a densidade de probabilidade

Características

editar

É moito máis lixeiro que o neutrón ou que o protón. Os procesos eléctricos en metais son debidos ó movemento de electróns (en fluídos corresponden a electróns, pero tamén a outras partículas), mentres que as reaccións químicas son debidas ó intercambio de electróns entre átomos, polo que se pode dicir que é a partícula que actúa na maior parte da transformación da materia. Nun campo eléctrico, móvense en dirección contraria ó campo, ou sexa, en dirección ó potencial positivo, e nun campo magnético móvense perpendicularmente ás liñas de campo. Como partícula de masa moi pequena que é réxese polas leis da Mecánica Cuántica, polo que presenta á vez propiedades de partícula e de onda. A maneira de achar o seu raio é facendo que a súa enerxía en repouso coincida coa do campo eléctrico producida pola súa carga; como onda presenta fenómenos de interferencia e fenómenos de difracción, preditos teoricamente por Louis de Broglie.

A súa lonxitude de onda a 1 eV é da orde de 1,22 nm, que asemella á dos raios X; as súas propiedades ondulatorias empréganse na determinación de estruturas cristalinas, a determinación de materiais e en microscopios electrónicos. As propiedades químicas dos átomos veñen determinadas pola súa estrutura electrónica (distribución dos electróns na zona exterior do átomo chamada cortiza electrónica, ou tamén capa electrónica) e máis en particular polos que se atopan na última capa, tamén chamada capa de valencia, en xeral sen completar, ós que se lles chama electróns de valencia, que son os que fan que o átomo emita ou son os beneficiarios da radiación recibida nos espectros. A enerxía necesaria para desprender un electrón dun átomo pódese dar por medio de enerxía luminosa, debido o efecto fotoeléctrico, en forma de raios X ou raios corpusculares. Actualmente sábese que o electrón non é indestrutible, pois dita destrución pode vir dada polo choque contra un positrón, caso no que a enerxía en repouso das partículas pasa ó cuanto da radiación, que deste xeito ten orixe. Pode nacer un electrón acompañado polo positrón por medio dun cuanto de radiación suficientemente rico en enerxía no campo da outra partícula que ha de recibir a diferenza dos impulsos. Tamén se produce un electrón no núcleo atómico cando un neutrón se converte en protón. Os electróns así emitidos producen os chamados raios beta.

Os dous electróns que están no mesmo orbital chámanse emparellados, mentres que se hai só un nun orbital chámase desemparellado [1].

  1. Sobre o uso terminolóxico desta expresión, véxase en Un idioma preciso Arquivado 11 de decembro de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Muón Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Estraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica
  NODES
todo 1