Elena Rivo
Elena Rivo López, nada en Ourense en 1971, é unha economista e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Director de tese | Camilo Prado Freire |
Actividade | |
Ocupación | economista, profesora universitaria, política |
Empregador | Universidade de Vigo |
Traxectoria
editarEstudou Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Doutora en Administración e Dirección de Empresas coa tese Creación de valor en la empresa familiar, del enfoque tradicional a la moderna concepción global (2002).[1] É profesora asociada do Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo dende 1999. Foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019). É vicerreitora do campus de Ourense.
Nas eleccións municipais de 2003 foi a número tres da candidatura do PPdeG ao concello de Ourense, e foi elixida concelleira. Foi concelleira de facenda. En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[2]
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense[3], pero dimitiu aos poucos días do seu escano, logo de ser destituída como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[4]
Notas
editar- ↑ «Las empresas familiares generan el 80% del empleo privado»
- ↑ Elena Rivo, una mujer próxima al mundo de la empresa que ha ejercido la gestión pública en la universidad
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
- ↑ Taboada, X. A. (2024-04-15). "Rueda suprime las vicepresidencias con las que funcionaba la Xunta desde 2012". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-04-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Rivo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha na Universidade de Vigo Arquivado 13 de xuño de 2023 en Wayback Machine.