Elephant (filme de 2003)
Elephant é un filme estadounidense dirixido, escrito e editado por Gus Van Sant que se estreou no 2003. A historia ten lugar no instituto ficticio de Watt, en Portland, Oregón, e relata os eventos ocorridos durante un tiroteo no centro. Baséase en parte no masacre de Columbine de 1999. O filme comeza pouco tempo antes de que ocorra o tiroteo, e segue as vidas de varias personaxes dentro e fóra do instituto, que descoñecen totalmente o que está a piques de ocorrer. Está protagonizado por actor novos ou non profesionais, como John Robinson, Alex Frost ou Eric Deulen.
Elephant | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Elephant |
Director | Gus Van Sant |
Produtor | Diane Keaton Dany Wolf JT LeRoy |
Guión | Gus Van Sant |
Intérpretes | Alex Frost Eric Deulen John Robinson |
Fotografía | Harris Savides |
Montaxe | Gus Van Sant |
Estudio | HBO Films |
Distribuidora | Fine Line Features |
Estrea | 2003 |
Duración | 81 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Recadación | $10 012 022[2] |
Filme anterior | Gerry |
Filme seguinte | Last Days |
Na rede | |
http://www.elephantmovie.com/ | |
Elephant é o segundo filme da triloxía cinematográfica de Van Sant "Death Trilogy", sendo a primeira Gerry (2002) e a terceira Last Days (2005), estando os tres baseados en feitos reais.
Elephant foi aclamada pola crítica e recibiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2003,[3] no cal Patrice Chéreau foi o presidente do xurado. Por ser o primeiro filme en representar un tiroteo nun instituto dende Columbine, foi moi controvertido polo seu tema e pola posible influencia que podería ter en adolescentes imitadores do caso.
Sinopse
editarRecreación dunha matanza perpetrada por dous alumnos nun instituto. É un día calquera de outono e tódolos estudantes fan a súa vida rutineira: Eli, camiño de clase, convence a unha parella de rockeiros para tirarlles unhas fotos. Nathan remata o seu adestramento de fútbol e queda coa súa moza Carrie para comer. John deixa as chaves do coche do seu pai na conserxería do instituto para que as recolla o seu irmán. Pero ese día non será como os demais.
Personaxes
editar- Alex Frost como Alex
- Eric Deulen como Eric
- John Robinson como John McFarland
- Timothy Bottoms como Sr. McFarland
- Matt Malloy como Mr. Luce
- Elias McConnell como Elias
- Nathan Tyson como Nathan
- Carrie Finklea como Carrie
- Kristen Hicks como Michelle
- Brittany Mountain como Brittany
- Jordan Taylor como Jordan
- Nicole George como Nicole
- Bennie Dixon como Benny
- Alicia Miles como Acadia
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=elephant.htm
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Elephant". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 2009-11-05.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)