Emerson Fittipaldi
Emerson Fittipaldi, nado en São Paulo o 12 de decembro de 1946, é un expiloto de automóbiles brasileiro, campión mundial de Fórmula 1. Foi o primeiro brasileiro campión mundial nas categorías punta do automobilismo internacional, abrindo portas para varios compatriotas. Fittipaldi foi bicampión da Fórmula 1 en 1972 e 1974, campión da CART (Fórmula Indy) en 1989 e bicampión das 500 millas de Indianápolis en 1989 e 1993.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Emerson Wojciechowska Fittipaldi 12 de decembro de 1946 (77 anos) São Paulo, Brasil |
Actividade | |
Campo de traballo | Carreira automobilística |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, Champ Car driver (en) , piloto de automobilismo |
Partido político | Irmãos de Itália (pt) |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Fillos | Juliana Dowding Fittipaldi, Emerson Fittipaldi Jr. |
Pai | Wilson Fittipaldi |
Irmáns | Wilson Fittipaldi |
Parentes | Pietro Fittipaldi, neto Enzo Fittipaldi, neto |
Premios | |
Sitio web | emersonfittipaldi.com |
Biografía
editarEmerson é fillo de nai rusa e pai brasileiro, o xornalista Wilson Fittipaldi. Fittipaldi empezou a competir en Europa en 1969 na fórmula Ford, pero ao seguinte ano xa empezou a pilotar en Fórmula 1 con Lotus.
Na súa primeira tempada completa, en 1971, terminou sexto no campionato e ao ano seguinte gañou cinco carreiras e o campionato do mundo con 16 puntos de vantaxe sobre Jackie Stewart. Desde entón e durante trinta e tres anos mantivo a honra de ser o piloto máis novo en lograr o campionato, ata que ese mérito foi ocupado en 2005 polo español Fernando Alonso. Máis tarde abandonou Lotus para fichar polo equipo McLaren para conseguir o seu segundo campionato en 1974.
Durante a tempada de F1 de 1974, Emerson Fittipaldi e o seu irmán Wilson acordaron formar un equipo de F1 enteiramente brasileiro. O seu único patrocinador oficial foi Copersucar, unha compañía estatal refinadora de azucre e alcol a cal daría nome ata ao coche (a pesar de que o equipo era denominado oficialmente Fittipaldi Automotive). Apoiados ata pola compañía estatal brasileira de aviación Embraer, para labores de túnel de vento e compoñentes especiais, foron acusados na prensa de uso indebido de fondos públicos para o equipo de Fórmula 1.
Durante 1975 o piloto foi Wilson Fittipaldi, actuando Emerson como "consultor" do equipo na súa primeira fase, sen deixar de pilotar para McLaren. Máis tarde colaboraron como pilotos Ingo Hoffman, Arturo Merzario e o mesmo Emerson Fittipaldi desde a tempada 1976 ata a súa retirada como piloto de Fórmula 1 ao concluír 1980. O Copersucar foi medianamente exitoso nas súas últimas fases durante o ano 1978, chegando ata a ser segundo no Gran Premio do Brasil. Pero en pleno reinado do efecto solo, o equipo non puido manterse ao corrente da tecnoloxía e pasou as seguintes tempadas sen pena nin gloria ata o seu peche definitivo en 1982.
Serie CART/IndyCar World Series e Indy 500
editarEn 1984, Fittipaldi comezou a competir como piloto na serie CART. Logo de probar en varios equipos, foi contratado por Patrick de xeito permanente ese mesmo ano. En 1985 gañou a súa primeira carreira e quedou sexto no campionato. Logo foi sétimo, décimo e sétimo as tres tempadas seguintes, gañando polo menos unha carreira en cada unha delas. Fittipaldi coroouse campión en 1989 con vitorias en cinco carreiras, entre elas as 500 millas de Indianápolis.
Penske fichou a Fittipaldi para a tempada 1990. Rematoú en quinta posición cunha vitoria, e o mesmo ocorreu ao ano seguinte. En 1992 foi cuarto con catro vitorias. Fittipaldi gañou por segunda vez as 500 millas de Indianápolis en 1993, celebrando bebendo un vaso de zume de laranxa no canto do tradicional leite de vaca. Con dous triunfos máis, ese ano resultou subcampión por detrás de Nigel Mansell. Tamén foi segundo no campionato 1994, pero derrotado por Al Unser Jr. e cunha vitoria, catro segundos lugares e cinco terceiros en 16 carreiras. En 1995 gañou unha carreira da CART por 22ª e última vez, resultando 11º no campionato. A última tempada como piloto da CART terminou cedo ao lesionarse nun choque durante a carreira en Michigan. Sen poder disputar as últimas catro datas, Fittipaldi retirouse cun 19º posto no campionato de 1996 aos 49 anos de idade.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1971 | Gold Leaf Team Lotus | Lotus 72 | Ford V8 | ARX Ret |
QUE Ret |
SPR 7 |
RIN | OUL | VIC 2 | ||
Lotus 56B | P&W gas turbine | ROC Ret |
INT Ret |
||||||||
1972 | John Player Team Lotus | Lotus 72D | Ford V8 | ROC 1 |
BRA Ret |
INT 1 |
OUL 2 |
REP 1 |
VIC Ret |
||
1973 | John Player Team Lotus | Lotus 72 | Ford V8 | ROC Ret |
INT Ret |
||||||
1974 | Marlboro Team Texaco | McLaren M23 | Ford V8 | PRE 1 |
ROC 3 |
INT |
|||||
1975 | Marlboro Team McLaren | McLaren M23 | Ford V8 | ROC 5 |
INT 2 |
SUI Ret |
|||||
1978 | Fittipaldi Automotive | Fittipaldi F5A | Ford V8 | INT 2 |
|||||||
1980 | Skol Fittipaldi Team | Fittipaldi F7 | Ford V8 | ESP 5 |
USAC
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position)
Ano | Equipo | 1 | 2 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
1983-84 | GTS Racing | DQSF |
INDY 32 |
37º | 5 |
CART
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position)
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
editarAno | Chasis | Motor | Saída | Final | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1984 | March | Cosworth | 23º | 32º | WIT |
1985 | March | Cosworth | 5º | 13º | Patrick |
1986 | March | Cosworth | 11º | 7º | Patrick |
1987 | March | Chevrolet | 33º | 16º | Patrick |
1988 | March | Chevrolet | 8º | 2º | Patrick |
1989 | Penske | Chevrolet | 3º | 1º | Patrick |
1990 | Penske | Chevrolet | 1º | 3º | Penske |
1991 | Penske | Chevrolet | 15º | 11º | Penske |
1992 | Penske | Chevrolet | 11º | 24º | Penske |
1993 | Penske | Chevrolet | 9º | 1º | Penske |
1994 | Penske | Ilmor-Mercedes | 3º | 17º | Penske |
1995 | Lola | Ilmor-Mercedes | Failed to Qualify | Penske |
Resultados completos nas 24 Horas de Daytona
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1985 | Ralph Sanchez Racing | Tony Garcia Mauricio DeNarvaez |
March 85G-Buick | GTP | - | NTS | NTS |
Resultados completos no FIA World Endurance Championship
editarAno | Equipo | Clase | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | AF Corse | LMGTE Am | Ferrari 458 Italia GT2 | Ferrari 4.5 L V8 | SIL | SPA | LMS | COA | FUJ | SHA | BHR | SÃO 6 |
23º | 8 |
Predecesor: Jackie Stewart |
Campión da Fórmula 1 1972 |
Sucesor: Jackie Stewart |
Predecesor: Jackie Stewart |
Campión da Fórmula 1 1974 |
Sucesor: Niki Lauda |
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Emerson Fittipaldi |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- The Greatest 33
- Emerson embracing social mediaArquivado 19 de agosto de 2016 en Wayback Machine.