Emma Thompson
Emma Thompson, nada en Londres o 15 de abril de 1959, é unha actriz, guionista, produtora, activista, autora e humorista británica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dous Premios Óscar, dous Globos de Ouro, dous Premios BAFTA, un Premio BAFTA de televisión e un Primetime Emmy.
Traxectoria
editarÉ filla do actor inglés Eric Thompson e da actriz escocesa Phyllida Law. Formouse na Universidade de Cambridge, onde formou parte da tropa de Footlights. Apareceu na serie cómica Alfresco (entre 1983 e 1984) xunto con Hugh Laurie, Stephen Fry e Robbie Coltrane. En 1987 fíxose coñecida pola súa actuación en dúas series de televisión da BBC, Tutti Frutti e Fortunes of War, polas que gañou cadanseu premio Premios BAFTA de televisión como mellor actriz. A comezos da década de 1990, adoitaba facer traballos en colaboración co seu daquela marido, o actor e director Kenneth Branagh, en filmes como Henry V (1989), Dead Again (1991), Os amigos de Peter (1992) e Much Ado About Nothing (1993).
En 1992 gañou un Premio Óscar e un Premios BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación no filme Howards End. En 1993, foi candidata a dous Óscar pola súa participación en O que queda do día e In the Name of the Father. En 1995, Thompson escribiu e protagonizou o filme Sense and Sensibility, polo que gañou numerosos premios, entre os que se atopa o Óscar ao mellor guión (sendo a única persoa da historia en conseguir o premio á mellor actriz e ao mellor guión), e tamén un segundo BAFTA. En 2013, recibiu boas críticas e varias candidaturas a premios por interpretar a P. L. Travers en Saving Mr. Banks. Destacan outros papeis notábeis en filmes como os que fixo na serie de filmes de Harry Potter (2004–2011), Primary Colors (1998), Wit (2001), Love Actually (2003), Angels in America (2003), Nanny McPhee (2005), Stranger than Fiction (2006), Last Chance Harvey (2008), An Education (2009), Men in Black 3 (2012), Men in Black: International (2019), Brave (2012), Beauty and the Beast (2017), Late Night (2019) e Cruella (2021). Tamén protagonizou a serie da BBC/HBO Years and Years (2019).
Thompson está casada actualmente co actor Greg Wise, co que vive en Londres. Teñen unha filla e un fillo adoptado. É activista dos dereitos humanos e do ecoloxismo.[1] Tamén escribiu dous libros adaptados do libro infantil The Tale of Peter Rabbit.
Filmografía
editarCinema
editarTelevisión
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1982 | Cambridge Footlights Revue | Varios personaxes | Especial de televisión |
There's Nothing to Worry About! | Mrs. Wally | 3 episodios | |
1983–84 | Alfresco | Varios personaxes | 13 episodios |
1984 | The Comic Strip Presents | Moza | Episodio: "Slags" |
Os novos | Miss Money-Sterling | Episodio: "Bambi" | |
1985 | Emma Thompson: Up for Grabs | Varios | Telefilme |
1987 | Tutti Frutti | Suzi Kettles | Miniserie; 6 episodios |
Fortunes of War | Harriet Pringle | Miniserie; 7 episodios | |
1988 | Thompson | Varios personaxes | 6 episodios |
1989 | Look Back in Anger | Alison Porter | Telefilme |
1990 | Knuckle | Jenny Wilbur | Telefilme |
The Winslow Boy | Catherine Winslow | Telefilme | |
1992 | Cheers | Nanette Guzman | Episodio: "One Hugs, the Other Doesn't" |
1994 | The Blue Boy | Marie Bonnar | Telefilme |
1997 | Ellen | Ela mesma (convidada) | Episodio: "Emma" |
Hospital! | Muller elefante | Telefilme | |
2001 | Wit | Vivian Bearing | Telefilme, tamén guionista |
2003 | Angels in America | Enfermeira Emily/Muller sen fogar/The Angel America | Miniserie, 5 episodios |
2009 | QI | Ela mesma | Serie F, Episodio: "Film" |
2010 | The Song of Lunch | Ela | Telefilme |
2012 | Walking the Dogs | Isabel II do Reino Unido | Telefilme |
2017 | Upstart Crow | Isabel I de Inglaterra | Episodio: "A Christmas Crow" |
2018 | King Lear | Goneril | Telefilme |
2019 | Saturday Night Live | Ela mesma (convidada) | Episodio: "Emma Thompson/Jonas Brothers" |
Years and Years | Vivienne Rook MP | Miniserie, 6 episodios |
Notas
editar- ↑ "Actress Emma Thompson joins climate protest in London's Oxford Circus". www.msn.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019.
- ↑ Eden, Richard (23 de decembro de 2012). "Emma Thompson is kept waiting by John Ruskin film". The Telegraph. Consultado o 14 de xaneiro de 2013.
- ↑ Chitwood, Adam (5 de decembro de 2018). "The 'Men in Black' Reboot Is Titled 'Men in Black International'". Collider. Consultado o 5 de decembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emma Thompson |