Encontros na terceira fase

filme de 1977 dirixido por Steven Spielberg

Encontros na terceira fase (en inglés: Close Encounters of the Third Kind) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).

Encontros na terceira fase
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalClose Encounters of the Third Kind
DirectorSteven Spielberg
Produtor
GuiónSteven Spielberg
Intérpretes
MúsicaJohn Williams
FotografíaVilmos Zsigmond
MontaxeMichael Kahn
EstudioEMI Films
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea16 de novembro de 1977
Duración135 minutos (versión nos cinemas)[1]
132 minutos (edición especial)
137 minutos (versión do director)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento19,4 millóns de dólares[2]
Recadación306,1 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.sonypictures.com/homevideo/closeencountersofthethirdkind/
IMDB: tt0075860 Filmaffinity: 941282 Allocine: 881 Rottentomatoes: m/close_encounters_of_the_third_kind Mojo: closeencountersofthethirdkind Allmovie: v10031 TCM: 4492 Metacritic: movie/close-encounters-of-the-third-kind TV.com: movies/close-encounters-of-the-third-kind-special-edition Netlix: 60010238 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar
 
A Devils Tower serviu como escenario para a película.
 
Frase musical utilizada na película para comunicarse con alieníxenas.

No deserto de Sonora, o científico francés, investigador do fenómeno OVNI e invitado principal da Conferencia de Montsoreau, Claude Lacombe (François Truffaut) e o seu tradutor estadounidense David Laughlin (Bob Balaban), entre outros científicos de investigación do goberno, descobren os avións que compuñan o Voo 19, un escuadrón aéreo perdido pouco despois da segunda guerra mundial.[4] Os avións están intactos e operativos, pero non hai rastro dos pilotos.

Un buque de carga, o Cotopaxi, desaparecido no Triángulo das Bermudas, aparece no medio do deserto de Gobi. Un avión está sendo perseguido por un obxecto brillante que o piloto non sabe describir.

Mentres tanto, Roy Neary (Richard Dreyfuss), un empregado da compañía eléctrica, está a investigar un apagón cando o seu camión para e é inundado de luz brillante do ceo. Experimenta un encontro próximo cun OVNI, Roy é inmediatamente atrapado no medio dunha persecución policial tras catro Ovnis.

Despois desta experiencia, Roy queda fascinado polos Ovnis, para consternación da súa esposa, Ronnie (Teri Garr). Roy obsesiónase cada vez máis con cinco estrañas notas musicais e imaxes mentais en forma de montaña e comeza a modelalas. Jillian (Melinda Dillon) tamén se obsesiona con crear bosquexos desa montaña única. Pouco despois, aterroriza na casa un encontro de Ovnis, no que Barry, o seu fillo pequeno, é secuestrado por seres indistinguibles a pesar dos esforzos que fixo para protexer a súa casa.

Mentres tanto, o aumento do comportamento errático de Roy fai que Ronnie o deixe, levando consigo os seus tres fillos.

Desesperado, Roy ve un telexornal sobre un descarrilamento de tren preto da Devil's Tower National Monument en Wyoming, Estados Unidos. Alí decátase de que a imaxe mental que o molestaba é real. Jillian ve a mesma transmisión, polo que ela e Roy, así como moitos outros coa mesma experiencia, diríxense ao sitio.

Elenco e personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (16 de decembro de 1977). "Close Encounters of the Third Kind (A)". Consultado o 16 de setembro de 2016. 
  2. McBride 1997, p. 270–279.
  3. "Close Encounters of the Third Kind (1977)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  4. "Close Encounters of the Third Kind (1977)". www.filmsite .org. Consultado o 15 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1