Endesa
empresa española do sector enerxético
Endesa (Endesa S.A.) é unha empresa española do sector enerxético, fundada o 18 de novembro de 1938 baixo o nome de Empresa Nacional de Electricidad, S.A.
ENDESA | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1944 |
Localización | Madrid |
Persoas clave | José Manuel Entrecanales, Presidente Rafael Miranda, Conselleiro Delegado |
Industria | Electricidade |
Produtos | Electricidade e gas natural |
Na rede | |
https://www.endesa.com/ e http://www.endesa.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarCompostilla I foi a súa primeira planta de produción, inaugurada nos cincuenta en Ponferrada. Na década dos sesenta creouse Compostilla II, no concello leonés de Cubillos do Sil.
Agora, cotiza en bolsa sbc, forma parte do ibex 35, e é principal compañía eléctrica do estado español. Os seus principais accionistas son a decembro do 2023 ENEL (70%) e accionistas privados 30%.
A eléctrica tamén opera en Italia, Francia, Portugal, Marrocos, Chile, Arxentina, Colombia, Perú, Brasil e República Dominicana.
Foron famosas as OPAs sobre a empresa por parte de diversas compañías.
Presenza en Galiza
editar- Centrais térmicas:
- Centrais hidroeléctricas[1]:
- No río Eume:
- Encoro do Eume : Central do Eume (Monfero)
- Encoro da Ribeira: Central da Ribeira (As Pontes).
- No río Sil:
- Encoro de Penarrubia: Centrais de Quereño I e II e Cornatel (Rubiá).
- No río Bibei:
- Encoro de Santo Agostiño: Central de Santo Agostiño (Viana do Bolo).
- No río Xares, afluente do Bibei:
- Encoro de Prada: Central de Prada (A Veiga do Bolo).
- No río Eume:
- Parques eólicos[2]:
Notas
editar- ↑ Centrais hidroeléctricas en Galiza: Listado Arquivado 19 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Parques eólicos en Galiza Lista do Inega Arquivado 16 de setembro de 2011 en Wayback Machine.