Enemy at the Gates
Enemy at the Gates é un filme bélico dirixido por Jean-Jacques Annaud, que relata a historia de dous francotiradores rivais, na segunda guerra mundial; Vasily Zaitsev polo lado soviético, e König polo lado alemán durante a Batalla de Stalingrado en 1942.
Enemy at the Gates | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Enemy at the Gates |
Director | Jean-Jacques Annaud |
Produtor | Jean-Jacques Annaud John D. Schofield |
Guión | Jean-Jacques Annaud Alain Godard |
Baseado en | Enemy at the Gates: The Battle for Stalingrad de William Craig |
Intérpretes | Jude Law Ed Harris Rachel Weisz Joseph Fiennes Bob Hoskins Gabriel Thompson |
Música | James Horner |
Fotografía | Robert Fraisse |
Montaxe | Noëlle Boisson Humphrey Dixon |
Estudio | Mandalay Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures (EUA) Pathé (RU, Francia) |
Estrea | 2001 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia Alemaña Reino Unido Irlanda |
Xénero | Bélica |
Orzamento | $68 000 000[1] |
Recadación | $96 976 270 |
Na rede | |
http://www.enemyatthegatesmovie.com/ | |
Sinopse
editarModesto e reservado, Vasili Zaitsev é un home corrente, o típico campesiño ruso que simplemente cumpre co seu deber coa Nai Patria e está ademais dotado cunha habelencia extraordinaria no tiro co rifle. Ao chegar a Stalingrado, vive en persoa o concepto de "carne de canón".
Non obstante, Danilov, un oficial encargado da propaganda soviética, dáse conta do enorme valor deste modesto pastor e converte o sinxelo soldado dos Urais nun heroe nacional tras salvarlle a vida na praza vermella de Stalingrado.
Tras unha vaga de derrotas a mans dos alemáns, a Unión Soviética está a piques do colapso e a perda de Stalingrado podería asegurar aos alemáns a vitoria final no Cáucaso. O mesmo Iosif Stalin envía a Nikita Khrushchev para supervisar a defensa da cidade. O valente exemplo de Vasili, convenientemente realzado por Danilov, anima as tropas a seguila loita contra dunhas forzas moi superiores e a resistilas a costa dunha enorme perda de soldados. Porén, Danilov mostrará axiña os seus celos do home que creou cando, no medio da guerra, ambos os dous se namoran de Tanya, unha das moitas intrépidas mulleres soldado que loitan ao lado dos homes. Tanya é unha fermosa intérprete rusa do idioma alemán que, perante os dous pretendentes, escolle a Zaitzev como o seu home. Tanya sen querer, desata unha guerra persoal entre Danilov e Zaitsev polo seu amor.
Personaxes
editar- Jude Law como Vassili Zaitsev (baseado en Vasily Zaytsev)
- Ed Harris como Erwin König (baseado en Erwin König)
- Rachel Weisz como Tania Chernova (baseado en Tanya Chernova)
- Joseph Fiennes como Danilov
- Bob Hoskins como Nikita Khrushchev
- Ron Perlman como Koulikov (baseado en Nikolay Kulikov)
- Eva Mattes como Madre Fillipov
- Gabriel Thomson como Sacha Fillipov (baseado en Sasha Filippov)
- Matthias Habich como Friedrich Paulus
- Sophie Rois como Ludmilla
- Ivan Shvedoff como Volodya
- Mario Bandi como Anton
- Gennadi Vengerov como Starshina
- Mikhail Matveyev como Avó
Notas
editar- ↑ "Enemy at the Gates". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 20 de outubro de 2008.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)