Enrique de Lucas
Enrique de Lucas Martínez, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 17 de agosto de 1978, é un exfutbolista español que xogaba de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1978 (46 anos) L'Hospitalet de Llobregat, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarXogou desde mozo nas categorías inferiores do RCD Espanyol. En 1997 xa formou parte do primeiro equipo. Debutou en Primeira División o 15 de maio de 1998, nun partido entre o Real Valladolid e o RCD Espanyol (0–0). Con este equipo gañou a Copa do Rei 1999–00.
Tras un breve paso en 2001 pola Liga francesa co Paris Saint-Germain FC en calidade de cedido, regresou de novo ao Espanyol. Na tempada 2001–02 conseguiu a súa marca persoal de goles, facendo 7 tantos.
Na tempada 2002–03 xogou co Chelsea FC na Premier League. Na tempada 2003–04 foi contratado polo Deportivo Alavés, equipo co que conseguiu o ascenso á Primeira División na tempada 2004–05.
Na campaña 2007–08 fichou polo Real Murcia. Na súa primeira tempada alí o equipo non conseguiu o obxectivo marcado, a permanencia en Primeira, e ao final da tempada descendeu á Segunda División. Na tempada 2008–09 o equipo rematou no 14º posto.
En agosto de 2009 fichou polo FC Cartagena, no regreso do equipo cartaxinés á Segunda División, co que completa unha excelente tempada marcando once goles e quedando ás portas do ascenso a Primeira División.
O 24 de xuño de 2010, o secretario técnico do Celta de Vigo, confirmou a De Lucas como primeira fichaxe para a tempada 2010–11.[1]
Selección nacional
editarNunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa selección sub-15, sub-16, sub-18 e sub-21.
Palmarés
editar- Espanyol
- Copa do Rei: 1999–00
Notas
editar- ↑ ""Quique de Lucas: gol, calidade e experiencia para o Real Club Celta"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2010. Consultado o 08 de xullo de 2010.