Ensalada

prato frío baseado en vexetais fríos que admite combinacións

A ensalada é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. Malia non ser un prato tradicional galego, si no mediterráneo, hoxe en día é frecuente. A máis común en Galicia combina leituga e tomate (con cebola se se gusta dela) aderezados principalmente con sal, aceite e vinagre (que pode ser substituído por limón). Adoita ser tomada como entrante ou como gornición do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.

Ensalada de leituga e tomate

Ingredientes habituais

editar

Unha ensalada ten tres compoñentes básicos:

  • A base de folla verde. Pode ser outro vexetal.
  • O mollo, con base de aceite e vinagre.
  • Os ingredientes complementarios (optativos).

A base da ensalada é xeralmente unha man de vexetais de follas verdes como as diversas variedades de leituga, col, herba dos cóengos, eiruga, agrón, espinacas, endivias e outros vexetais. Esta combinación básica pode complementarse con máis ingredientes como o atún en conserva, a cenoria, o ovo duro, os espárragos etc. Unha ensalada admite como ingredientes complementarios practicamente de todo: carne, peixe, legumes, queixos, froitas, millo doce, arroz, pastas, noces, abelás, piñóns, améndoas etc. As máis modernas tamén admiten froitas como o ananás, a mazá, a pera, froitos do bosque etc. Aínda que a maioría das ensaladas se toman frías, tamén hai modalidades con ingredientes mornos ou quentes. A vinagreta (aceite, vinagre e sal) pode suplirse por outros mollos como o limón, a maionesa, a salsa rosa etc.

Tamén se chaman ensaladas a outras combinacións baseadas nun vexetal (cocido ou cru) que se toma frío e sazonado cun mollo de aceite e vinagre (ou variantes) combinado con outros ingredientes (como xa se indicou). Deste xeito, fanse as ensaladas de pataca, feixóns, tomate etc.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Castro, X. (1998) A lume manso: estudios sobre historia social da alimentación en Galicia. Vigo: Galaxia.
  • Cunqueiro, Á. (1973). A cociña galega. Vigo: Galaxia.
  • Parada, C. (1982). Recetas de cociña galega. Vigo: Galaxia.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1