Erich Wolfgang Korngold

compositor austro-húngaro

Erich Wolfgang Korngold, nado en Brünn (hoxe Brno, na República Checa) o 29 de maio de 1897 e finado nos Ánxeles foi un compositor austro-húngaro nacionalizado estadounidense.[1][2] Mentres o seu estilo romántico era considerado pasado de moda no tempo da súa morte, a súa música sufriu unha nova avaliación recentemente espertando de novo o seu interese.[3] É considerado, xunto con compositores como Max Steiner e Alfred Newman, un dos fundadores da música do cinema.

Modelo:BiografíaErich Wolfgang Korngold

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1897 Editar o valor en Wikidata
Brno (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Hollywood Forever Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Brno Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor de música clásica, compositor de bandas sonoras, libretista, director de orquestra, pianista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata - 1957 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera e música cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlexander von Zemlinsky Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalJulius Korngold (pt) Traducir: Paul Schott Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeLuise Korngold (1924–) Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge Korngold Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
REGO (en) Traducir >>>:Erich Wolfgang Korngold, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkorngold-society.org… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006157 Allocine: 50778 Allmovie: p97909
BNE: XX1089242 Spotify: 3UaJz1tq0BBPzJBPgkBarb iTunes: 238362 Musicbrainz: 71b79646-5a0c-465b-b4da-e26af5120165 Discogs: 274325 IMSLP: Category:Korngold,_Erich_Wolfgang Allmusic: mn0000195723 WikiTree: Korngold-7 Find a Grave: 7920 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Korngold naceu nunha familia xudía na actual Brno, segundo fillo do eminente crítico musical Julius Korngold. Foi un neno prodixio que tocou a súa cantata Gold a Gustav Mahler en 1909; Mahler chamouno "xenio musical" e recomendoulle para estudar co compositor Alexander von Zemlinsky. Richard Strauss tamén falou con eloxios del durante a súa mocidade.

Aos once anos compuxo o seu ballet Der Schneemann, que foi unha sensación ao ser estreado na ópera de Viena en 1910. A esta obra seguiu unha sonata para piano que Artur Schnabel interpretou por toda Europa.[3] Nestes primeiros anos Korngold tamén fixo gravacións en vivo.

A súa primeira peza para orquestra, Schauspiel Ouverture, foi composta cando tiña catorce anos. O ano seguinte apareceu a súa Sinfonietta, e as primeiras dúas óperas, Der Ring des Polykrates, e Violanta, en 1914. Die tote Stadt, que foi un éxito internacional, chegou en 1920. Nese momento, con vinte e tres anos acadara o cénit da súa fama como compositor de óperas e concertos. Tamén comezou a arranxar e dirixir operetas para Johann Strauss e outros compositores mentres ensinaba ópera e composición na Vienna Staatsakademie. Korngold recibiu o título de profesor honoris causa polo presidente de Austria.[3]

Max Reinhardt, con quen colaborara nas operetas Die Fledermaus e La belle Helene, propúxolle ir a Hollywood en 1934 para adaptar a música de A Midsummer Night's Dream, de Felix Mendelssohn, para a versión cinematográfica da obra. En 1938 estaba dirixindo óperas en Austria cando a Warner Brothers lle ofreceu volver a Hollywood e compoñer a banda sonora de As aventuras de Robin Hood (1938), con Errol Flynn. Aceptou e marchou en barco. Cando ao pouco de chegar se produciu o Anschluss a súa condición de xudeu en volveuse perigosa en Austria e Korngold quedou en América. Tempo despois afirmou: "Pensabamos que eramos vieneses; Hitler fíxonos xudeus."[4] En 1943 nacionalizouse estadounidense.

En 1945 faleceu o seu pai, que nunca se sentira cómodo nos Ánxeles nin aprobara a decisión do seu fillo de centrarse na composición cinematográfica.[5] Nese tempo a guerra en Europa xa acabara e ademais Korngold comezou a desilusionarse cos novos filmes que se facían en Hollywood, facéndolle decidir volver á música para concertos e para teatro.[5] Deixou de compoñer bandas sonoras en 1946, tras Deception. Porén, por unha petición de Republic Pictures adaptou a música de Richard Wagner para un filme biográfico sobre o compositor titulado Magic Fire (1955), dirixido por William Dieterle.

Obra seleccionada

editar
  • Piano Sonata No. 1 in D minor con passacaglia, (composta en 1908; estreada en 1908–09)
  • Piano Trio in D major, Op. 1 (composta en and estreada en 1910)
  • Piano Sonata No. 2 in E major, Op. 2, en catro movementos (composta en 1910; estreada en 1911)
  • Schauspiel-Ouvertüre (Overture to a Play), Op. 4 (Composta en and estreada en 1911)
  • Sinfonietta, Op. 5 (Composta en 1912, orquestada e estreada en 1913)
  • Violin Sonata in G major, Op. 6 (composta en 1912; estreada en 1916)
  • Der Ring des Polykrates, Op. 7 (1916)
  • Violanta, Op. 8 (1916)
  • String Sextet in D major, Op. 10 (estreada en 1917)
  • Much Ado About Nothing, Op. 11 (Música incidental para a obra de Shakespeare) (Composta en 1918–1919, estreada en 1920)
  • Die tote Stadt, Op. 12 (1920)
  • Sursum Corda, Op. 13 (Symphonic Overture) (Composta en 1919, estreada en 1920)
  • Quintet for two violins, viola, cello and piano in E major, Op. 15 (composta en 1920–21; estreada en 1923)
  • String Quartet No. 1 in A major, Op. 16 (composta en 1923; estreada en 1924)
  • Piano Concerto in C for the left hand alone, Op. 17, (Composta en 1923, estreada en 1924)
  • Das Wunder der Heliane, Op. 20 (1927)
  • Suite for 2 violins, cello and piano left hand, Op. 23, composta en 1930; estreada en 1930
  • Piano Sonata No. 3 in C major, Op. 25 (composta en 1931; estreada en 1932) ([1])
  • String Quartet No. 2 in E-flat major, Op. 26 (composta en 1933; estreada en 1934)
  • Die Kathrin, Op. 28 (1939)
  • Tomorrow, Op. 33, tone poem for mezzo-soprano, women's choir and orchestra, for the movie The Constant Nymph. (Estreada en concerto en 1944)
  • String Quartet No. 3 in D major, Op. 34 (composta en 1945; estreada en 1946)
  • Violin Concerto, Op. 35 (Composta en 1945, estreada en 1947)
  • Die stumme Serenade, Op. 36 (Comedia musical) (1954)
  • Cello Concerto in C major, Op. 37 (Composta en 1950, expandida a partir da obra escrita para o filme de 1946 Deception)
  • Symphonic Serenade in B major for string orchestra, Op. 39 (Composta en 1947–48, estreada en 1950)
  • [[Symphony in F-sharp major (Korngold)|Symphony in F major, Op. 40 (Composta en 1947–52, estreada en 1954)
  • Theme and Variations, Op. 42 (Composta e estreada en 1953)
  1. "Erich Wolfgang Korngold". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-01-25. 
  2. Obituario en Variety, 4 de decembro de 1957, page 79.
  3. 3,0 3,1 3,2 Carroll, New Grove (2001), 13:823.
  4. Bernardi, Daniel. Hollywood's Chosen People: The Jewish Experience in American Cinema, Wayne State Univ. Press (2013) p. 48
  5. 5,0 5,1 Kingston, Robert (2009). "Erich Wolfgang Korngold". OREL Foundation. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • The Last Prodigy. A Biography of Erich Wolfgang Korngold por Brendan G. Carroll. ISBN 978-1-57467-029-5 (Hardcover, outubro de 1997)
  • Das Letzte Wunderkind de Brendan G Carroll – Edición revisada da biografía de Carroll The Last Prodigy, traducida ao alemán, novembro de 2012. Hardcover Boehlau-Verlag, Viena
  • Erich Wolfgang Korngold (20th-Century Composers) de Jessica Duchen. Phaidon Publication. ISBN 0-7148-3155-7 (Paperback, xullo de 1996)
  • Erich Wolfgang Korngold de Luzi Korngold (esposa). Verlag Elisabeth Lafite, Viena, 1967. En alemán. Hardcover.
  • "Erich Wolfgang Korngold: early life and works". Tese de doutoramento de David Ian Kram. Monash University, Melbourne, Australia (www.monash.edu.au)
  • Stanley Sadie, ed. The New Grove Dictionary of Music and Musicians, segunda edición (Londres: Macmilian, 2001), 29 vols. ISBN 0-333-60800-3. (Carroll, Brendan G., "Korngold, Erich Wolfgang.")

Ligazóns externas

editar
  NODES
eth 1
orte 2