A escoliose (en grego: skoliōsis, de skolios, "torto")[1] é unha desviación do raque que ten como resultado que a columna vertebral dunha persoa se curve de lado a lado. Aínda que é unha complexa deformidade tridimensional, nunha radiografía vista dende atrás, a columna vertebral dunha persoa con escoliose típica pode verse máis como un "S" ou un "C" que unha liña recta. Xeralmente, clasifícase en conxénita (causada por anomalías vertebrais presentes ó nacer), idiopática (de causa descoñecida, sub-clasificada á súa vez como infantil, xuvenil, adolescente ou adulto segundo a data de inicio na que se produciu) ou neuromuscular (ten desenvolto como síntoma secundario doutra enfermidade espiña bífida, parálise cerebral, atrofia muscular espiñal o un trauma físico). A escoliose afecta aproximadamente a 7 millóns de persoas nos Estados Unidos.[2]

Escoliose
Clasificación e recursos externos
Radiografía dunha rapaza de 16 anos e 8 meses con escoliose vista de fronte
OMIM138900
DiseasesDB26545
MedlinePlus001241
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Clasificación

editar

A escoliose clasifícase en tres grandes grupos dependendo da súa causa:

  • Escoliose neuromuscular: debido a alteracións primarias neurolóxicas ou musculares, que causan perda de control do tronco por debilidade ou parálise.
  • Escoliose conxénita: causada por malformacións vertebrais de nacemento.
  • Escoliose idiopática: constitúen máis do 80% de tódalas escolioses e a súa causa é descoñecida. Segundo a idade en que é diagnosticada, divídese en tres tipos:
    • Escoliose idiopática infantil: dende o nacemento ata os 3 anos de idade.
    • Escoliose idiopática xuvenil: entre os 4 e os 9 anos.
    • Escoliose idiopática do adolescente: entre os 10 anos e a madurez esquelética. É máis frecuente en nenas nunha proporción 7:1.

Sinais e síntomas

editar

Os pacientes que acadaron a madurez esquelética son menos propensos a ter unha condición severa. Algúns dos casos graves de escoliose poden dar lugar á diminución da capacidade pulmonar ó exercer presión sobre o corazón, por ende restrinxindo as actividades físicas do paciente.

Os sinais de escoliose poden incluír:

  • Musculatura desigual dun lado da columna vertebral.
  • Prominencias nas costelas ou na escápula, causada pola rotación da caixa torácica na escoliose torácica.
  • Cadrís ou pernas de tamaño desigual.
  • Reflexos lentos (nalgúns casos)

Enfermidades asociadas

editar

A escoliose está ás veces asociada con outras enfermidades como a síndrome de Ehlers-Danlos (hiperflexibilidade, síndrome do "bebé hipotónico", e outras variantes), enfermidade de Charcot-Marie-Tooth, síndrome de Prader-Willi, cifose, parálise cerebral, atrofia muscular espinal, distrofia muscular, disautonomía familiar, síndrome de CHARGE, ataxia de Friedreich, síndrome X fráxil,[3][4] síndrome de Proteus, espina bífida, síndrome de Marfan, neurofibromatose, conectivopatías, hernia diafragmática conxénita, hemihipertrofia, e desordes do eixo craneoespinal (p.ex., siringomielía, prolapso mitral, malformación de Chiari) e síndrome da banda amniótica.

A miúdo, a escoliose asociada cos síndromes de Marfan ou Prader–Willi denomínase escoliose sindrómica.

  1. Online Etymology Dictionary. Douglas Harper, Historian. Accessed 27 December 2008. Dictionary.com http://dictionary.reference.com/browse/scoliosis
  2. Good, Christopher (2009). "The Genetic Basis of Adolescent Idiopathic Scoliosis". Journal of the Spinal Research Foundation 4 (1): 13–5. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 02 de xaneiro de 2013. 
  3. "Fragile X syndrome" (en inglés). Department for Work and Pensions, U.K. Consultado o 29 de agosto de 2011. 
  4. "Orthopaedic aspects of fragile-X syndrome" (en inglés). The National Center for Biotechnology Information. Consultado o 29 de agosto de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1