La Voz Galaica
La Voz Galaica foi un semanario editado en Lisboa de setembro de 1886 a xullo de 1887.
La Voz Galaica | |
---|---|
Remata | 18 de xullo de 1887 |
Lingua | lingua castelá, lingua galega e lingua portuguesa |
Localidade | Lisboa |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico Hispano-Lusitano e Periódico Independiente, apareceu o 13 de setembro de 1886. Fundado por Isidro Villarino, que tamén foi o seu director ata que foi expulsado de Portugal por un artigo aparecido no semanario. Os redactores eran un grupo de galegos residentes en Lisboa: Cruz Moreira, Julio Nombela, José María Pérez, Camilo Garrido Piñeiro. Periódico republicano de talante liberal e laico.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Voz Galaica, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "Voz Galaica, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.