Espinaca
Espinaca | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Spinacia oleracea | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Spinacia oleracea L. |
A espinaca[1][2] (Spinacia oleracea) é unha planta cultivada da familia Amaranthaceae, anteriormente incluída na familia Chenopodiaceae.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 97 kJ (23 kcal) |
3.6 g | |
Azucres | 0.4 g |
Fibra alimentaria | 2.2 g |
0.4 g | |
2.9 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 59% 469 μg52% 5626 μg12198 μg |
Vitamina A | 9377 IU |
Tiamina (B1) | 7% 0.078 mg |
Riboflavina (B2) | 16% 0.189 mg |
Niacina (B3) | 5% 0.724 mg |
Vitamina B6 | 15% 0.195 mg |
Ácido fólico (B9) | 49% 194 μg |
Vitamina C | 34% 28 mg |
Vitamina E | 13% 2 mg |
Vitamina K | 460% 483 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 10% 99 mg |
Ferro | 21% 2.71 mg |
Magnesio | 22% 79 mg |
Manganeso | 43% 0.897 mg |
Fósforo | 7% 49 mg |
Potasio | 12% 558 mg |
Sodio | 5% 79 mg |
Cinc | 6% 0.53 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 91.4 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Trátase dunha planta anual cultivada como verdura polas súas follas comestíbeis, grandes e de cor verde moi escura. Semella que a súa orixe é asiática, persiana, foi introducida na Península Ibérica polos árabes no século XI, espallándose por toda Europa no século XV. Cultívase durante todo o ano e se pode consumir fresca, cocida ou frixida. Ten un elevado valor nutricional e carácter regulador, polo seu alto contido en auga e riqueza en vitaminas e minerais. O cultivo desenvólvese fundamentalmente ao ar libre en regadío. Non necesita de coidados excesivos para gozarmos de todas as súas propiedades. A espinaca pódese clasificar segundo dous criterios: -Segundo a época de recolección atoparemos variedades de verán e de inverno. -Segundo a forma da folla, poden ser rizadas ou lisas.
Etimoloxía
editarO seu nome galego espinaca (en portugués espinafre) semella que provén do persiano aspanakh a través do árabe isbinakh (esfenaj)[3]. Coñecida en latín coma spinachia, ten como significado "herba cociñada".
Ecoloxía
editarDistribución mundial: atópase en todo o mundo, máis propia dos climas frescos ca dos cálidos onde espiga axiña. Cómpre ter en contra a súa orixe persiana, lugar onde se atopa abundantemente. Cultívase en toda Galiza, malia non ser un cultivo tradicional. Hábitat: preferentemente en zonas frías e con abundante auga.
Descrición
editarPlanta herbácea bianual que unha vez está espigada e florida chega ao metro de altura, follas alternas, de forma ovada ou triangular de 3 a 30 cm de longo, dioica é dicir que hai plantas masculinas e femininas, actinomorfa; as flores son pouco vistosas,de 3 a 4 mm de diámetro, inconspicuas, conservan o froito que é un aquenio con varias sementes. Follas dispostas de xeito esparsivo, con superficie glabra ou tomentosa, carnosas, de bordo enteiro sen estípulas. O número de estames é igual ao de pezas do periantio dispostas de xeito oposto. O cáliz é acrecentando e carnoso. Centrospermas,o xineceo ten diversos carpelos e está reunido nun ovario súpero unilocular. O endosperma é nuclear. As sementes teñen embrión curvado co tecido nutricional reducido ao periplasma. A epiderme está formada por células esféricas grosas sobre un pedículo sutil. Son plantes turxescentes en climas chuviosos (xustifica que medran mellor en climas frescos e húmidos) e fracas con clima seco, neste último caso forman unha camada protectora contra a desecamento.
Cultivo
editarPlanta rústica máis propia de solos salinos. Pódese sementar en secaño ou en regadío. Sementeira dende agosto deica abril. Cómpre que a terra estea ben traballada para que a semente agrome. Nas sementeiras de finais de verán pódense apañar as follas pasado xa un mes. No cultivo profesional apáñase a planta enteira, nas hortas pódense ir apañando follas exteriores por quendas. En Galiza é unha das primeiras hortalizas da primavera, mais se o lugar é axeitado pódense producir case todo o ano, xa que aturan as xeadas e medran mellor co tempo fresco.
Datos para cultivo
editar- Situación: sombra ou semisombra. Locais frescos, e húmidos, evitando altas temperaturas.
- Solo: fresco, húmido e rico en humus.
- Rega: humidade constante.
- Método de plantación: sementeira. Sementar en alcouve us mes antes da última xeada, e no exterior a comezos da primavera. Pódense espallas as plantacións para ter espinacas toda a tempada.
- Marco de plantación: 30 x 40 cm
- Profundidade: 1 cm de fondura cando a temperatura da terra supere os 10 °C
- Tempo de xerminación: arredor de dúas semanas
- pH óptimo do solo: 6,5 - 7,6
- Necesidades nutritivas: moderadas. Cómpre de materia orgánica, microelementos e nitróxeno. A fertilización nitroxenada non debe excederse, xa que a folla colle un sabor moi forte.
- Colleita: apañar follas individualmente cando acaden un bo tamaño, cortando a planta enteira cando as follas estean carnosas, ou ben cortar a planta enteira a uns 3 cm do chan para favorecer o crecemento de novas follas.
- Problemas: lesmas e vermes que comen as raíces. O fungo Peronospora effusa produce o mildio da espinaca que se caracteriza por unhas tacas amarelas na folla, e no envés unha especie de borralla. Para o mildio non se pode usar o caldo bordelés xa que a espinaca non soporta o cobre.
- Rotación: aplicar rotacións de catro anos. Vai ben con cebolas, apio, coias, amorodos, chícharos, ravos, legumes,.... pero mal coas patacas.
Gastronomía
editarEn Galiza introduciuse ao longo das últimas décadas na gastronomía, utilizando as follas tenras en ensaladas ou as máis das veces cocidas ou fervidas, en tortillas e empanadas. Ás veces substitúense por acelgas. Hoxe en día é tamén frecuente a lasaña de espinacas ou acompañadas cos pratos de pasta. Tamén é común fervelas e acompañalas cun mollo tipo bechamel.
Alimentación
editarÉ unha boa fonte de ácido fólico, fibra alimentaria e vitaminas entre outras. Recoméndase en persoas obesas pola gran dixestividade que ofrece. Tamén saliente o efecto beneficioso para a pel, grazas ao contido en vitamina A. Os seus valores dietéticos foron postos en dúbida especialmente no que concirne ao ferro xa que en gran parte non é asimilábel. Tamén o alto contido en calcio está bloqueado pola presenza de ácido oxálico. Gran culpa disto tivo a ‘’publicidade’’ que a mediados do século XX fixeron os debuxos animados de Popeye. As persoas sensíbeis ao ácido oxálico deben evitar as espinacas. Contén vitaminas A, C, B1, B2, PP e K ademais dos minerais calcio, cobre, ferro, iodo, manganeso, magnesio, fósforo, xofre e cinc.
Nitratos
editarA Comisión Europea fixou dende 2002 (Regulamento 563/2002) o contido máximo de nitratos nas follas de leitugas e espinacas. O obxectivo é reducir o contido de nitratos a 3.000 mg NO/kg nas espinacas frescas, en 2.000 mgNO/kg en espinacas en conserva, refrixeradas ou conxeladas e en 2.500 mgNO/kg en leitugas do tipo "iceberg".[4] En xullo de 2011 a Axencia Española da Seguridade Alimentaria recomendou ao colectivo de embarazadas e nenos menores dun ano que se abstivesen de consumir leituga e acelgas por mor ao contido de nitratos. Os nitratos non teñen efectos prexudiciais para o organismo humano mais si son prexudiciais a súa conversión de xeito natural en nitritos e nitrosaminas especialmente nos nenos, persoas con problemas gástricos e nos vexetarianos.[5]
Farmacoloxía
editar- Parte utilizada (droga): folla
- Composición química:
- Auga 89%
- Glícidos 2, 6% (fibra 2, 2%)
- Proteínas 1, 2%
- Lípidos 0, 3%
- Potasio 500 mg/100 g
- Sodio 60 mg/100 g
- Calcio 90 mg/100 g
- Ferro 4 mg/100 g
- Fósforo 45 mg/100 g
- Vitamina C 30 mg/100 g
- Vitamina A 1 mg/100 g
- Vitamina B1 0, 1 mg/100 g
- Vitamina B2 0, 2 mg/100 g
- Usos medicinais: útil para o tratamento de cálculos urinarios, as follas son utilizadas perante síntomas febrís, inflamación de pulmóns e bronquite. Emprégase tamén no tratamento de dificultades respiratorias, inflamación do fígado e ictericia.
Recentemente realizáronse estudos nos que se descubriron que ten acción inhibidora de tumores, feito que a fai un bo alimento para previr posíbeis cancros. Tamén salienta o seu uso para tratar a obesidade e as anemias.
- Accións farmacolóxicas / propiedades: Carminativo, Febrífugo, hip glicémico, laxante.
- Toxicidade : contén ácido oxálico que pode inhibir a absorción de calcio e fósforo, feito que diminuiría o valor nutricional no caso dun consumo en exceso.
Historia
editarA espinaca é de orixe persiana. Introduciuse en Europa grazas aos árabes alá polo ano 1000. Outrora era unha planta que só se empregaba con fins medicinais. Moito despois, polo ano 1920 vaise afondar nas súas propiedades, polo que se coñeceu o seu alto contido en ferro e vitaminas A e B2. Isto incrementou o consumo. Nos anos 60 do século XX o seu consumo diminuíu moitísimo, especialmente nos nenos e mozos. Daquela, un debuxante chamado Segar inventou un personaxe de debuxos animados ao que chamou Popeye, que cando comía espinacas collía unha forza sobrenatural. O éxito dos debuxos animados fixo que este personaxe marcase un antes e un despois no consumo de espinacas, chegando ao día de hoxe.
Notas
editar- ↑ Único nome vulgar galego en diferentes fontes "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Ningún dicionario antigo recolle esta planta, posibelmente non fose tradicional o seu cultivo en Galiza
- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 705.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07/06/2013. Consultado o 05/09/2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Espinacas (Spinacea oleracea) Fundación Galicia Verde.
- E. Strasburger et. al. Tratado de botánica 8a ed. Barcelona: Omega, cop. 1994
- Paul B. Weisz, Melvin S. Fuller Tratado de botánica México, D.F.: Compañía Editorial Continental, 1969
- Odón de Buen Tratado elemental de botánica Barcelona: Manuel Soler, 1897
Ligazóns externas
editar- http://www.granxafamiliar.com/nososproductos/es_producto.php?producto=54&categoria=A%20nosa%20horta&nombre=Espinacas Web con información das espinacas en Galiza.
- http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/un-fisico-gallego-investiga-depurar-agua-usando-espinacas/idEdicion-2009-01-04/idNoticia-381053/ Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Un físico galego investiga como depurar auga usando espinacas (Noticia d’El Correo gallego).