Espiral
Unha espiral é unha liña curva xerada por un punto que se vai afastando progresivamente do centro á vez que xira arredor del. Normalmente defínese cunha función que depende de dous valores: o ángulo do punto respecto a un eixo de referencia, e a distancia dende ese punto ó centro, situado no vértice do ángulo.
Espirais bidimensionais
editarAs espirais bidimensionais máis coñecidas son:
- A espiral de Arquimedes: r = a + bθ
- A espiral clotoide
- A espiral de Fermat: r = θ1/2
- A espiral hiperbólica: r = a/θ
- A espiral logarítmica
Diferenzas entre espiral e hélice
editarEspiral e hélice son dous termos que poden confundirse facilmente. Unha espiral adoita ser plana. Unha hélice sempre é tridimensional.
A espiral como símbolo
editarA espiral é un dos símbolos máis antigos, e atópase en todos os continentes, tendo un papel fundamental no simbolismo desde a súa aparición na arte megalítica. En Galiza hai algúns petróglifos con representacións de labirintos en forma de espiral.
Pénsase que en moitos lugares representaba o ciclo "nacemento-morte-renacemento", así como o Sol, que se cría seguía ese mesmo ciclo, nacendo cada mañá, morrendo cada noite e renacendo á mañá seguinte.
Actualmente a espiral tamén é usada como símbolo do pensamento cíclico, en diversas propostas filosóficas, estéticas e tecnolóxicas.