Estación Espacial Internacional
A Estación Espacial Internacional (abreviada EEI, en inglés International Space Station, ou simplemente ISS) é a continuación do que fora planeado para a Mir rusa ou o Skylab dos Estados Unidos, e a non realizada Columbus europea, e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida con tripulacións de non menos de dúas persoas desde o 2 de novembro de 2000, despois de ter sido lanzado o primeiro módulo en 1998.[1] A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.
Estación Espacial Internacional | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estatísticas | ||||
Tripulación: | Máxima: 6 Actual: 3 |
Na "Expedición 31" | ||
Perixeo: | 392 km | " | ||
Apoxeo: | 406 km | " | ||
Período orbital: | 92,32 min | " | ||
Inclinación: | 51,64 º | " | ||
Órbitas por día: | 15,56 | " | ||
Desvío medio diario en altitude: |
~88 m | " | ||
Días en órbita desde o lanzamento da Zarya: |
4956 | 15 de xuño de 2012 | ||
Días ocupada desde o embarque pola Expedition 1 en 2-Nov-2000: |
4243 | 15 de xuño de 2012 | ||
Revolucións desde o lanzamento da Zarya: |
77 792 | 15 de xuño de 2012 | ||
Distancia percorrida desde o lanzamento da Zarya: |
~ 3274 millóns km | " | ||
Velocidade media: | 7706,7 m/s | 27 743 km/h | ||
Masa actual: | uns 450 000 kg | |||
Masa de propelente: | ~ 3 951 kg | " | ||
Volume corrente de área de circulación: | 837 m³ | " | ||
Presión | ~ 757 mmHg (100 kPa) | . | ||
Osíxeno | ~ 162,4 mmHg (22 kPa) | . | ||
Dióxido de carbono | ~ 4,8 mmHg (640 Pa) | . | ||
Temperatura | ~ 27 °C | . | ||
Compoñentes actuais | ||||
Compoñente: | Lanzamento: | Masa: (kg) | ||
Zarya FGB: | 20-Nov-1998 | 19 323 | ||
Unity - Node 1: | 4-Dec-1998 | 11 612 | ||
Módulo de servizo Zvezda: | 12-xullo-2000 | 19 050 | ||
Z1 Truss: | 11-Out-2000 | 8 755 | ||
P6 Truss - Grella solar: | 30-Nov-2000 | 15 ,900 | ||
Laboratorio Destiny: | 7-Feb-2001 | 14 515 | ||
Canadarm2: | 19-abr--2001 | 4 899 | ||
Cámara Quest: | 12-Xul-2001 | 6 064 | ||
Cámara Pirs - Docking Compartment: |
14-Ago-2001 | 3 900 | ||
S0 Truss: | 8-Abr-2002 | 13 970 | ||
Base móbel para o Canadarm2: |
5-xuño-2002 | 1450 | ||
S1 Truss: | 7-Out-2002 | 12 598 | ||
P1 Truss: | 23-Nov-2002 | 12 598 | ||
| ||||
Diagrama ISS |
Características do proxecto
editarA ISS é un proxecto conxunto no que participan 16 países: os Estados Unidos, Rusia, o Xapón, o Canadá, o Brasil e 11 países europeos a través da Axencia Espacial Canadense (CSA/ASC), a Axencia Espacial Europea (ESA)[2], a Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial, a Axencia Espacial Federal Rusa e a NASA.
A estación espacial encóntrase en órbita en torno da Terra a unha altitude de aproximadamente 360 a 400 quilómetros, un tipo de órbita denominada como Órbita baixa terrestre (en realidade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao arrastramento atmosférico e aos reempuxes. A estación perde, unha media, 100 metros de altitude por día). A estación orbita a Terra nun período duns 92 minutos, a unha velocidade duns 27 580 km/h[3] (orbita á Terra unhas 16 veces cada día)[4]; o 1 de decembro de 2003 completara máis de 33 500 órbitas desde o seu lanzamento.
A estación é servida primariamente pola Transbordador espacial e polas unidades Soiuz e Progress . Hoxe en día o seu proceso construtivo está sen rematar, aínda que xa teña sido palco de experiencias científicas. En 2019 a estación ten capacidade para soportar a estancia de até seis persoas.[5] Até 2004, todos os membros da tripulación permanente proviñan dos programas espaciais rusos ou norte-americanos. No entanto, a ISS xa foi visitada por bastantes outros astronautas, moitos deles doutros países (e, curiosamente, por dous turistas espaciais).
Na actualidade (2021) o seu tamaño é comparable ó dun estadio de fútbol, cunha masa de 420 Tm.[6]
Montaxe da ISS
editarA construción da ISS irá depender de máis de 50 misións de ensamblaxe e utilización. Destas, 39 son auxiliadas pola Lanzadeira espacial. Ademais destas misións, serán precisas outras 30 misións Progress para fornecer a loxística planeada. No final, a ISS estará a operar cun volume de presurización de 1200 metros cúbicos, unha masa de 419 000 quilogramos, 110 quilovatios de potencia, e unha estrutura de soporte de 108,4 metros de longo, con módulos de 74 metros e tripulacións de seis membros.
A estación está composta por varios módulos e outros elementos:
Xa lanzados - (por orde de montaxe)
- Zarya (FGB)
- Módulo Unity (Nodo 1)
- ISS Zvezda (Módulo de Servizo)
- Módulo Laboratorio Destiny
- ISS Quest
- ISS Pirs
Misións de loxística periódicas
Previstas para seren lanzadas coa Lanzadeira espacial así que estea operacional
(listadas por orde do lanzamento previsto)
- ISS Node 2 (lanzamento ~09/2006)
- Módulo do Laboratorio Multifuncional baseado na FGB-2 - (lanzamento ~11/06)
- Columbus (ISS) (lanzamento ~03/2007)
- Módulo de Experimentos Xaponés (JEM), coñecido como KIBO (lanzamento ~07/2007)
- ISS Node 3 - (lanzamento ~05/2008)
- Módulo CAM (ISS) (lanzamento ~10/2009)
- Módulo de Investigación (ISS) reducido para 1 (lanzamento ~2009)
- Módulo SPP (lanzamento ~01/2010)
- Cúpula - (lanzamento ~04/2010)
Previstas para lanzamento polos foguetes Protón
- Brazo Robótico Europeo (ERA) (2007),
Elementos suspendidos, atrasados ou cancelados
- Módulo de Embarque Universal - cancelado, substituído polo (MLM - FGB2)
- Módulo de Embarque e Almacenamento - cancelado
- Módulo Habitacional - cancelado
- Vehículo de Evacuación de Tripulación - cancelado
- Módulo de Control Interno - cancelado
- Módulo de Propulsión - (ISS Propulsion Module) - cancelado
Outros subsistemas importantes incluídos
- ISS Truss Estrutura nuclear de soporte da estación
- Grella solar da ISS
- Sistema de Servizo Móbil (Canadarm2)
- Naves Soiuz para rotación da tripulación e evacuacións de emerxencia, substituída cada 6 meses
- Naves Progress - vehículo de reabastecemento
- Vehículo de Transferencia Automatizado (ATV) vehículo de reabastecemento Europeo (ESA)
- Vehículo de Transferencia H-II (HTV) vehículo de reabastecemento para o módulo KIBO Xaponés (JAXA)
Secuencia de montaxe
editarSegundo a configuración de 2003, a estación tiña de masa 187 016 kg, 425 metros cúbicos de espazo útil, 73 metros de envergadura, 52 metros de longo e 27,5 metros de altura. Foron precisas 16 misións norte-americanas da lanzadeira espacial e 22 misións rusas. Destas últimas, 8 foron tripuladas e 14 non tripuladas. A construción necesitou de 51 camiñadas no espazo, 25 das cales a partir da lanzadeira, e 26 a partir da propia ISS. No total, o tempo das camiñadas no espazo foi de 318 horas e 17 minutos.
O 1 de decembro de 1987 a NASA anunciou os nomes das catro empresas norte-americanas que conseguiron contratos de cooperación na manufactura dos compoñentes para A ISS: Boeing, General Electric's Astro-Space Division, McDonnell Douglas e a Rocketdyne Division of Rockwell.
A primeira sección foi colocada en órbita en 1998. As dúas pezas seguintes foron engadidas antes do envío da primeira tripulación, que chegou á estación o 2 de novembro de 2000 e consistía nos astronautas William Shepherd (EUA) e dous cosmonautas rusos, Iuri Gidzenko e Sergei Krikalev. Decidiron designar a estación espacial "Alpha", aínda que o uso do nome estivese restrinxido a aquela misión.
A ISS ten tido unha historia problemática. Inicialmente planeada como unha "Estación Espacial Libre" da NASA, así promovida polo presidente Reagan, mostrouse demasiado dispendiosa. Após a guerra fría, foi retomada como un proxecto conxunto entre a NASA e a Roscosmos rusa. Desde aquela o seu custo tense mostrado moito superior ao proxectado inicialmente pola NASA, alén dos numerosos atrasos. En 2003 aínda era incapaz de acomodar unha tripulación de sete, consecuentemente limitando a cantidade de ciencia que se podía realizar, o que tampouco beneficia as relacións cos socios europeos no proxecto. En xullo de 2004, a NASA concordou en completar a estación até o nivel de soporte de 4 membros e ao lanzamento de seccións adicionais como o módulo xaponés de experimentos. Mentres a NASA continuará a xestionar a construción, a Rusia irá continuar o lanzamento e recolla das tripulacións de e para a estación.
Á estación inicial fóronselle engadindo diversos módulos. Así, o laboratorio europeo Columbus foi engadido en 2008[4] e a cúpula de 360º de visión, tamén europea de construción, foi engadida no 2010.[3]
Controversia arredor da ISS
editarAlgunhas críticas[quen?] encaran o proxecto da NASA como un desperdicio de tempo e diñeiro, inhibidor do progreso noutros proxectos de máis utilidade, e ponse por exemplo que os 100 000 millóns de dólares estimados poderían pagar decenas de misións espaciais non tripuladas. En xeral, existen moitas críticas[quen?] contra a exploración espacial que defenden que esa contía estaría mellor empregada en problemas na Terra.[Cómpre referencia]
Os defensores da exploración espacial[quen?] argumentan que tales críticas son, no mínimo, redutoras e de pouca visión, e talvez decepcionantes. Os defensores da investigación e exploración espacial tripulada[quen?] defenden que estes esforzos xa produciron miles de millóns de dólares de beneficios tanxíbeis na Terra. Algunhas proxeccións apuntan para un beneficio económico indirecto, materializado pola comercialización das tecnoloxías desenvolvidas durante a exploración espacial tripulada, que xa retornou máis de sete veces o investimento inicial para a economía (algunhas proxeccións conservadoras colocan este valor en tres veces o investimento inicial). Se a ISS, illada do restante programa espacial, será un contribuidor considerábel é, no entanto, un asunto de rifado debate, principalmente nos Estados Unidos de América.[Cómpre referencia]
A ISS xa recibiu o primeiro turista espacial, Dennis Tito, que gastou 20 millóns de dólares para participar nunha misión rusa de reabastecemento[Cómpre referencia] e o primeiro casamento no espazo cando Iuri Malenchenko, na estación, casou- con Ekaterina Dmitriev, en Texas.
Estado actual da ISS
editarApós o accidente da Transbordador espacial Columbia o 11 de febreiro de 2003, e a consecuente suspensión das misións con estas naves, aínda permanece algunha incerteza sobre o futuro da ISS. A súa construción está practicamente suspensa dado que os compoñentes principais son tan pesados que non poden ser colocados no espazo co auxilio das naves actualmente en servizo. Por exemplo, o módulo do laboratorio da Axencia Espacial Europea, o Columbus, a pesar de estar xa concluído, non pode ser lanzado en órbita. Entre tanto, os envíos de tripulación están a ser efectuadas polas naves Soiuz. A partir da Soiuz TMA-2, os equipos de astronautas constan de dous tripulantes, no lugar dos equipos tradicionais de tres membros.
Porén, a Soiuz non dispón das capacidades dunha lanzadeira. Debido á ausencia dun servizo á ISS por medio dunha lanzadeira por período de tempo xa longo, esta está a acumular grandes cantidades de lixo e desperdicio, o que comeza a afectar as operacións.
Esta medida de contención lanzou en aberto a posibilidade do que o foguete Energiya ruso ou a lanzadeira espacial Buran pudesen volver ao servizo. Con todo, a pesar da hipótese do se o Saturno V pode voar unha vez máis, a realidade é que o equipamento destas dúas naves foi recolocado ou mesmo corrompido desde a separación da Unión Soviética.
A 27 de febreiro de 2004, os tripulantes da ISS Michael Foale e Alexander Kalery fixeron a súa primeira camiñada no espazo, operación na que participou toda a tripulación da ISS (a Soiuz 26 foi a primeira a envolver toda a tripulación dun vehículo). A maioría dos obxectivos desta camiñada, como a instalación de equipamento exterior, foron atinxidos antes de que un dos tubos do traxe de Kalery tivese un problema na refrixeración e forzase a conclusión da saída.
A posibilidade de colisións a moita velocidade con detritos espaciais é considerada unha ameaza a longo prazo para a Estación Espacial Internacional. Unha solución proposta pola NASA e outros consiste nun láser. No entanto, permanece a preocupación de que unha proposta deste tipo poida contravir os tratados existentes acerca de armamento láser no espazo.
Diversos paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA) manteñen e melloran a aparataxe da estación, como o mantido en marzo de 2019 por Thomas Pesquet para substituír as baterías de Ni H por outra novas de maior capacidade Li-ión.[5]
Expedicións ISS
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
En outubro de 2019 tiñan pasado pola ISS 239 persoas de 19 estados.[7]
Investigacións na ISS
editarNa ISS lévanse realizado diversas investigacións ó longo do seu uso. Algunhas delas:
Percepción do tempo no espazo
editarNo 2019 estanse a levar a cabo, entre outras, sobre a percepción do tempo no espazo, máis tendo conta que, por efecto relativista, e tras seis meses de estancia na ISS os astronautas Anne McClain (da NASA) , David Saint-Jacques (Axencia Espacial Canadense) e Oleg Kononenko (Roscosmos), serán 0,007 s máis novos que se tiveran permanecido na superficie terrestre.[8]
O espectrómetro magnético alfa, cazador de materia escura AMS-02 (Alpha Magnetic Spectrometer, 'dark-matter hunter AMS-02') consiste en sete instrumentos que vixían os raios cósmicos do espazo. Ten unha masa de 6918 kg e foi instalado no 2011 para a caza de novos datos que poidan revelar máis sobre a materia escura. Estaba previsto que funcionara só tres anos, pero o seu éxito operativo fixo que se estendera a súa vida útil, estando previsto que as bombas refrixeradoras (3 estragadas de catro) sexan reparadas no 2019 por Luca Parmitano.[9]
Posibilidade de supervivenza no medio interplanetario
editarO ser humano non pode sobrevivir no espazo sen estar encapsulado, nunha nave ou co seu propio traxe. Mais estase a estudar que si hai microorganismos que poden facelo, como os tardígrados, o que apoia a teoría da panspermia.[10] O estudo exobiolóxico vese facilitado pola plataforma Bartolomé, probada durante 75 días na ICE Cube facility do módulo Columbus.
Outras
editarXunto coas experiencias dirixidas ó estudo do comportamento humano, hai outras diversas dirixidas ó comportamento dos materiais en ingravidez. Dentro desta categoría, as realizadas por Fluidics inclúen a formación de ondas de fluídos no espazo e o estudo da turbulencia e capilaridade en ondas (o que pode incidir en cousas como o rendemento do combustible nos cohetes).[11]
Unha lista das vinte experiencias máis relevantes pódese atopar aquí.
Notas
editar- ↑ esa. "International Space Station". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08.
- ↑ esa. "New research opportunities on International Space Station". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08.
- ↑ 3,0 3,1 "Human rights in space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-03.
- ↑ 4,0 4,1 "Home away from home planet". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-29.
- ↑ 5,0 5,1 esa. "It takes a team". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-01.
- ↑ "Cosmic pearl". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-11-30.
- ↑ "A flock of astronauts". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-06.
- ↑ "Timing is everything". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-27.
- ↑ "Suspended animation". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-16.
- ↑ "Exobiology in a box". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-07.
- ↑ "Making waves in space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación Espacial Internacional |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- International Space Station — Energia site
- International Space Station — ESA site
- International Space Station — NASA siteArquivado 17 de xullo de 2005 en Wayback Machine.
- https://web.archive.org/web/20050405183636/http://spd.nasa.gov/
- Spacelink — Space Product Development
- https://web.archive.org/web/20040623015001/http://www.seds.org/pub/seds/National/misc/why-space
- Heavens Above — localice a ISS e descubra cando a pode observar a partir de calquera punto na Terra.
- Unofficial Shuttle Launch Manifest
- ISS Familiarization and Training Manual - NASA, xullo de 1998 (PDF format)
- Current ISS Vital StatisticsArquivado 17 de xuño de 2005 en Wayback Machine.
Anterior Estación Espacial Rusa: |
Estación Espacial Internacional | Anterior estación espacial dos EUA: |