Estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor

(Redirección desde «Estación de Madrid-Chamartín»)


A estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Madrid-Chamartín-Clara Campoamor
Entrada ó vestíbulo
SituaciónMadrid
ServizosAccesible PMR Aparcamiento en estación Información restauración
Liñas
Alta velocidade
Longa DistanciaAlaris, Altaria, Alvia, Estrella, Talgo, Trenhotel
Media distanciaR-1, R-2, R-3, R-4, R-7, R-8, R-20, R-22
Cercanías
Intermodalidade
Metro
Liña 1 Liña 10
Bus
autobús EMT
OutrosTaxi

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Historia

editar

As orixes da estación de Chamartín, aínda que nunha localización algo máis ao sur que a actual, atópanse nos plans do ministro de Obras Públicas Indalecio Prieto durante a II República para conectar a estación de Atocha (e o resto da rede ferroviaria) co novo enlace ferroviario directo que previra entre Madrid e Burgos, que acurtaba a viaxe con respecto á liña xeral do Norte. Aínda que as primeiras explanacións comezaron xa en 1933, a guerra civil detivo todos os proxectos ferroviarios vinculados a Chamartín e á nova liña directa a Burgos.

 
Vista da parada de metro de Chamartín.

Non foi ata 1967 cando a estación volve ter uso. A súa inauguración coincide tamén coa finalización dos proxectos ferroviarios paralizados desde a guerra civil: liña directa Madrid-Burgos, túnel ferroviario entre Atocha e Chamartín que incluía os apeadoiros subterráneos de Recoletos e Nuevos Ministerios e os novos enlaces ferroviarios que enlazaban o novo complexo coa liña Madrid-Zaragoza en Coslada e coa liña Madrid-Irún en Las Matas. Todo este armazón de liñas xa planeado desde a II República constitúe aínda hoxe en día a circunvalación ferroviaria polo norte de Madrid.

Progresivamente a nova estación absorbería os tráficos da estación do Norte (actual Príncipe Pío) ata provocar a desaparición dos servizos de longa distancia nesta última. O rápido aumento do número de viaxeiros pronto deixaron pequena a estación provisional que consistía nun pequeno edificio paralelo á vía 1, o que obrigou a expor a construción dun novo e definitivo edificio. Entre 1970 e 1975 construiríase a actual estación seguindo o proxecto dos arquitectos Alonso, Corrales e Molezún e o enxeñeiro Rafael Olaquiaga, que incluía ademais as amplas zonas comerciais e de lecer das que dispón actualmente. Con todo o gran tamaño co que se deseña o complexo non coincidiu coa situación do ferrocarril en España durante a década seguinte. Os anos oitenta supuxeron na rede férrea española o inicio dun proceso de saneamento da rede que se traduciu no peche de multitude de liñas e na supresión de servizos.

 
Tren de alta velocidade estacionado en Chamartín

Con todo Chamartín converteuse na maior estación ferroviaria de Madrid, e aínda tivo unha época de esplendor. O peche de Atocha en 1986 para adecuala á chegada da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla converteu a Chamartín na única estación de Madrid, absorbendo todo o tráfico ferroviario da cidade salvo os trens de Galicia que volveran á Príncipe Pío. Tras a inauguración do novo complexo ferroviario de Puerta de Atocha no ano 1992, Chamartín quedou relegada a un segundo plano, sen estar incluída nos plans da rede de alta velocidade e con servizos de longa distancia que progresivamente eran traspasados a Atocha coa inauguración de novas liñas.

Con todo, a estación enfróntase desde 2004 a un proceso de transformación que a devolverá á primeira plana do panorama ferroviario español.

A primeira actuación nesta liña foi a apertura da nova liña de alta velocidade entre Madrid e Valladolid o 23 de decembro de 2007. Con esta obra adaptáronse as plataformas aos novos servizos e características da infraestrutura en ancho internacional e renovouse a señaléctica da estación que segue a imaxe corporativa de Adif, desaparecendo os carteis corporativos da antiga Renfe.

Durante o verán de 2007 levou a cabo unha reorganización das vías no sur para desviar unha parte delas cara ao novo túnel que conecta Chamartín coa estación de Atocha pasando pola Puerta del Sol. Este segundo túnel inaugurouse o 9 de xullo de 2008 abrindo ao público ao día seguinte.

O 23 de decembro de 2020 modificouse o nome a Estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor, en memoria da muller que defendeu o sufraxio feminino en España.[1]

 
Vestíbulo principal da estación

A estación de Chamartín dispón actualmente de 21 vías coa numeración de oeste a leste.

Distribución das vías
Vía Liñas/Destinos
1   Parla
2 Longa Distancia (pasantes norte-sur)
3   Aranjuez
4   Alcobendas / Colmenar Viejo
5-7 Longa e Media Distancia
8-9   Alcalá de Henares/Guadalaxara
 Alcalá de Henares
  Atocha / Príncipe Pío
  Atocha / Príncipe Pío / Villalba
10 descenso de proximidades
11   Las Rozas / Príncipe Pío
  El Escorial / Cercedilla
  Pitis
11-15 Longa e Media Distancia
16-21 Longa Distancia (largo internacional)

Servizos ferroviarios

editar

Proximidades

editar
Liñas que prestan servizo na estación
procedencia/destino < estación Liña estación > destino/procedencia
 
terminal
  Nuevos Ministerios
Torrejón de Ardoz[2]
Guadalaxara
Alcalá de Henares
terminal   Nuevos Ministerios Aranjuez
Alcobendas-San Sebastián de los Reyes
Colmenar Viejo
Fuencarral   Parla
Príncipe Pío Ramón y Cajal   Alcalá de Henares
El Escorial
Cercedilla
   
Pitis   Villalba

Media distancia

editar

Os trens rexionais de media distancia que operan dende Chamartín nalgúns casos supoñen continuacións de percorridos de proximidades. Estas son as liñas:

Longa distancia e alta velocidade

editar

O 23 de decembro de 2007 púxose en servizo da liña de alta velocidade entre as cidades de Madrid e Valladolid todos os servizos da liña imperial pasaron a ser de alta velocidade.

Nome do servizo Destino Paradas intermedias Observacións
AVE Valladolid-Campo Grande Segovia-Guiomar
Alaris València-Nord Alcázar de San Juan · Albacete · Xàtiva
Castelló de la Plana Albacete · València-Nord · Sagunt
Oropesa Albacete · València-Nord · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim
Gandia Albacete · València-Nord · Cullera
Altaria Alacant-Terminal Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Albacete · Almansa · Villena · Elda-Petrer
Murcia del Carmen Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Villarrobledo · Albacete · Hellín · Calasparra · Cieza
Cartagena Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Villarrobledo · Albacete · Hellín · Calasparra · Cieza · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco
Alvia Xixón-Cercanías Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo · Xixón-Xovellanos
Santander Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega
Bilbao-Abando Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima
Hendaia Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria-Gasteiz · Altsasu · Donostia · Irún
Alacant-Terminal Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Albacete · Almansa · Villena · Elda-Petrer Procede de Xixón ou de Santander
Talgo A Coruña-San Cristovo Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela Ambas ramas viaxan xuntas ata Ourense-Empalme.
Pontevedra Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · Redondela de Galicia · Vigo
A Coruña-San Cristovo Vilalba de Guadarrama · Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela Circula sábados Galicia-Alacant
e domingos Alacant-Galicia.
Entre Chamartín e Alacant,
mesmas paradas que Altaria.
Pontevedra Villalba de Guadarrama · Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · Redondela de Galicia · Vigo
Burgos Aranda de Duero-Montecillo
Almería-Intermodal Madrid-Puerta de Atocha · Alcázar de San Juan · Manzanares · Vilches · Linares-Baeza · Jódar-Úbeda · Guadix
Estrella
Costa Brava
Cerbère Alcalá de Henares · Guadalaxara · Sigüenza · Arcos de Jalón · Calatayud · La Puebla de Híjar · Caspe · Flix · Móra la Nova · Reus · Tarragona · Sant Vicenç de Calders · Barcelona-Sants · Granollers-Centre · Caldes de Malavella · Xirona · Flaçà · Figueres · Llançà · Portbou
Trenhotel
Atlántico
Ferrol Ávila · Medina del Campo · Valladolid · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume
Trenhotel
Francisco de Goya
París-Austerlitz Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Vitoria-Gasteiz · Poitiers · Blois · Orleáns-Les Aubrais
Trenhotel
Lusitania
Lisboa-Santa Apolónia Talavera de la Reina · Navalmoral de la Mata · Cáceres · San Vicente de Alcántara · Valencia de Alcántara · Marvao-Beira · Abrantes · Entroncamento · Lisboa-Estación Oriente
Trenhotel
Rías Galegas
A Coruña-San Cristovo Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela
Pontevedra Ávila · Medina del Campo · Zamora · Puebla de Sanabria · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo

Estación de metro

editar
 
Planta superior da estación

Chamartín é tamén unha estación das liñas 1 e 10 do Metro de Madrid situada baixo a estación de ferrocarril de Chamartín, no distrito de Chamartín. Desde 2007 conta cun amplo vestíbulo con catro niveis como mostran as imaxes.

As plataformas da liña 10 inauguráronse o 10 de xuño de 1982 como parte da antiga liña 8, o cal durou ata o 8 de xaneiro de 1998, e foi sometida a unha profunda reforma entre 2004 e 2006 que culminou coa apertura das plataformas da liña 1 o venres 30 de marzo de 2007.

O vestíbulo permite acceder ben a un corredor subterráneo baixo as vías de tren que dá acceso a cada unha delas tras pasar torniquetes ou ben ao vestíbulo da estación de ferrocarril e a zona de lecer.

As plataformas das liñas 1 e 10 son perpendiculares, e á beira das plataformas de cada unha destas liñas están feitos dúas plataformas máis sen servizo, que serán a medio-longo prazo os desta estación nas futuras ampliacións da liña 11.

Liñas de Metro que prestan servizo na estación
<< cabeceira < estación Liña estación > cabeceira >>
Pinar de Chamartín Bambú   Plaza de Castilla Valdecarros
Hospital Infanta Sofía[3] Begoña   Plaza de Castilla Puerta del Sur
  1. "La estación de Chamartín cambia su nombre e incorpora el de Clara Campoamor". El Economista (en castelán). 23 de decembro de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  2. Estación seguinte para os trens CIVIS da C-2
  3. Para chegar a esta cabeceira é necesario un cambio de tren na estación de Tres Olivos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 8