Estadio Municipal de Anoeta
O Estadio Municipal de Anoeta, tamén chamado Reale Seguros Stadium por motivos de patrocinio[1], é un estadio da cidade de Donostia, no País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de grande envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby de equipos do País Vascofrancés, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.
Estadio Municipal de Anoeta | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°18′05″N 1°58′25″O / 43.301378, -1.973617 |
Localización | Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia, Guipúscoa, País Vasco España |
Construción | |
Inauguración | 13 de agosto de 1993 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105x70 |
Capacidade | 40.000 |
Propietario | Concello de Donostia |
Operadora | Câmara Municipal de San Sebastián |
Localía | Real Sociedad de Fútbol Biarritz Olympique Pays Basque (ocasional) |
Web | https://www.realsociedad.eus/eu/i/ezagutu-anoeta |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Estadio de Anoeta foi levantado en substitución do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.
A súa construción foi financiada polo Concello de Donostia, a Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.
Exterior
editar-
Exterior da bancada norte de Anoeta. Á dereita, a tenda da Real.
-
Vista nocturna, Fondo Norte.
Interior
editar-
Vista panorámica do campo.
-
Bancada Aitor Zabaleta, Fondo Sur.
-
Bancada leste.
-
Fondo Norte.
Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique Pays Basque para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).
En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.
O 1 de agosto de 2019, anunciouse que o estadio pasaría a chamarse oficialmente Reale Seguros Stadium durante seis anos, tras un acordo coa empresa de seguros.[1]
Acceso
editarO Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amara en Donostia e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "La Real cambia de nombre a Anoeta: Reale Seguros Stadium". as.com. Consultado o 1 de agosto de 2019.