Estratovolcán
Un estratovolcán é un tipo de volcán cónico e de grande altura, composto por múltiples capas de lava endurecida, piroclastos alternantes (xurdidos por unha alternancia de épocas de actividade explosiva e de correntes de lava fluída) e cinzas volcánicas.[1] Estes volcáns están caracterizados por un perfil escarpado e erupcións periódicas e explosivas. A lava que flúe dende o seu interior é altamente viscosa e arrefría e endurece antes de que poida chegar lonxe. A fonte de magma destas montañas está clasificada como ácida ou alta en sílice, con presenza de riolita, dacita e andesita. Moitos estratovolcáns exceden os 2 500 metros de altitude.[2]
Aínda que ás veces se chaman ‘volcáns compostos’, os vulcanólogos prefiren empregar o termo «estratovolcán» para estabelecer unha distinción, xa que tódolos volcáns, sexan do tamaño que sexan, presentan unha estrutura (de capas) composta, isto é, desenvólvense sobre os materiais de sucesivas erupcións.
Notas
editar- ↑ Araña Saavedra, Vicente & López Ruiz, José (1974). Volcanismo: Dinámica y Petrología de sus productos. Madrid: Ediciones Istmo.
- ↑ Duque-Escobar, Gonzalo (1998). Volcanismo: Manual de Geología para Ingenieros. Manizales, Colombia: Universidad Nacional de Colombia. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estratovolcán |