Eubalaena
Eubalaena Baleas francas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eubalaena australis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Eubalaena é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balénidos que comprende tres especies que son coñecidas comunmente como baleas francas debido a que nadan lentamente e flotan despois de mortas, polo que os baleeiros as consideraban as máis fáciles ou "francas" de cazar e de transportar ás factorías onde se despezaban.
Características
editarAs baleas francas teñen unha cabeza roma con enormes fileiras de barbas moi longas, que forman como unha especie de láminas; cando a boca está pechada, as barbas permanecen cubertas por uns labios inferiores de gran tamaño. O corpo é groso, ancho e repoludo, de cor azul escuro, con manchas brancas na parte ventral. Carecen de aleta dorsal, a caudal é ancha, cunha fendedura clara no medio, e as pectorais algo máis longas e largas que as da outra especie da familia, a balea de Groenlandia (Balaena mysticetus). Presentan unhas calosidades por riba dos ollos, ao redor dos espiráculos, no mento, os labios inferiores e na mandíbula superior. Aliméntanse de plancto (krill e outros pequenos invertebrados). Teñen unha cría cada tres ou catro anos. Os adultos alcanzan lonxitudes de entre os 11 e os 18 m, e os baleatos, ao naceren, miden de 4,5 a 6 m.[2]
Distribución
editarEubalaena glacialis habita no Atlántico norte, onde existen dúas subpoboacións, a máis numerosa nas costas do oeste, con ao redor de 400 exemplares, que se estenden desde a illa de Terra Nova e as costas da península do Labrador (Canadá), até as de Xeorxia e a Florida (Estados Unidos; as súas zonas de alimentación está no norte desta área, na parte baixa da baía de Fundy, preto da illa Grand Manan, Nova Escocia (Canadá) e a baía de cabo Cod (Massachusetts), mentres que as zonas de reprodución están máis ao sur, observándose recentemente grupos de cría na Florida.[2]
A subpoboación do Atlántico oriental é moito menor. Antano estendíase desde as costas de Islandia e Noruega até as do mar Cantábrico (incluídas as galegas), pasando polas de Irlanda, as occidentais da Gran Bretaña, as francesas desde a Bretaña até o golfo de Biscaia,[2] chegando nas súas migracións até os arquipélagos dos Azores, Madeira e as Canarias.[3]
Os escasos individuos de Eubalaena japonica habitan no Pacífico norte, reproducíndose durante o verán no mar de Okhotsk, ao sueste do mar de Bering, as illas Aleutianas e no norte do golfo de Alasca. Durante o inverno migran cara ao sur (ou, polo menos, migraban antano), até o mar do Xapón, o estreito de Taiwán e as illas Bonin (Xapón), no oeste, e até a Baixa California Sur (México), no leste.[4] Observáronse individuos divagantes nas illas Hawai.[5][6]
A baleas francas austrais (Eubalaena australis) son circumpolares, rexistrándose a súa presenza polo menos entre os 20º S e os 55º S. Reprodúcense en inverno nas costas do subcontinente suramericano, principalmente nas da Arxentina e do Brasil, aínda que tamén algúns individuos o fan nas de Chile o Perú, e nas da illa de Tristan da Cunha, sur de África, principalmente nas da República Surafricana, chegando até Mozambique e as costas occidentais de Madagascar, e o sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia, migrando en verán cara ás augas frías da Antártida,[2][7] No verán migran cara ás augas frías da Antártida, onde se encontran principalmente entre as latitudes 40º S e 50º S.[7], aínda que tamén se puideron ver, especialmente nos últimos anos, na Antártida, tan ao sur como nos 65° S,[8] e nos arredores de Xeorxia do Sur.[9]
Comportamento
editarAs baleas francas nadan lentamente, pero son capaces de facer sorprendentes acrobacias. Poden observarse ondulando as aletas pectorais sobre a superficie, saltando, golpeando a auga coas aletas pectorais e movendo a caudal. Nadan cerca das costas coa boca aberta, mostrando as barbas. Son curiosas e ás veces xogan con obxectos flotantes. Os membros de grupos pequenos poden saír á superficie por quendas, só un cada vez. Adoitan facer vocalizacións nas zona de cría, sobre todo de noite.[2]
Taxonomía
editarXénero | Especie | Nome vulgar | Imaxe |
Eubalaena | Eubalaena australis | Balea franca austral | |
Eubalaena glacialis | Balea vasca ou balea franca glacial | ||
Eubalaena japonica | Balea franca do Pacífico |
Filoxenia
editarCladograma da familia dos balénidos:
Balaenidae |
| |||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Eubalaena Gray, 1864 en ITIS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Carwardine, M. (1985), pp. 38-47.
- ↑ Eubalaena glacialis en UICN.
- ↑ Eubaleaenma japonica en UICN.
- ↑ Herman, L. M., Baker, C. S., Forestell, P. H. and Antinoja, R. C. (1980): "Right whale Balaena glacialis sightings near Hawaii: a clue to the wintering grounds?" Marine Ecology Progress Series 2: 271-275.
- ↑ Rowntree, V., Darling, J., Silber, G. and Ferrari, M. (1980): "Rare sighting of a right whale (Eubalaena glacialis) in Hawaii. Canadian Journal of Zoology 58: 309-312.
- ↑ 7,0 7,1 Eubalaena australis na UICN.
- ↑ Bannister, J. L., Pastene, L. A. and Burnell, L. A. (1999): "First record of movement of a southern right whale (Eubalaena australis) between warm water breeding grounds and the Antarctic Ocean, south of 60 degrees South. Marine Mammal Science 15 (4): 1337-1342.
- ↑ Rowntree, V. J., Payne, R. S. and Schell, D. S. (2001): "Changing patterns of habitat use by southern right whales (Eubalaena australis) on their nursery ground at Peninsula Valdes, Argentina, and in their long-range movements". Journal of Cetacean Research and Management 2: 133-144.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eubalaena |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eubalaena |
Bibliografía
editar- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.