Eugène Ionesco
Eugène Ionesco (en romanés Eugen Ionescu), nado en Slatina o 26 de novembro de 1909 e finado en París o 28 de marzo de 1994, foi un dramaturgo e escritor francés de orixe romanesa. Foi un dos principais dramaturgos do teatro do absurdo, e elixido membro da Academia Francesa.
Biografía
editarDe pai romanés e nai francesa, viaxou a París cun ano de idade e viviu alí ata os trece anos. En 1925 volve a Romanía e estuda a carreira de Letras. Ensina francés durante tres anos nun Instituto de Bucarest, ata que en 1938 regresa a Francia para establecerse definitivamente. Traballou nunha editorial, despois nun banco e comezou unha tese doutoral sobre a morte na poesía francesa que non chegou a rematar. Relacionouse co grupo da revista literaria Cahiers du Sud antes de adicarse por enteiro á súa produción dramática.
Faleceu en 1994 e está enterrado no cemiterio de Montparnasse en París.
A súa primeira obra de teatro, A cantante calva estreouse no Théâtre des Noctambules en 1950, causando un tremendo escándalo, pero a súa intelixencia, novidade e ruptura coa lóxica lévano á fama, fama que non lle abandonaría nas súas posteriores obras. Ionesco foi, xunto o irlandés Samuel Beckett, o pai do teatro do absurdo, mediante o cal el fai "dun texto burlesco, un xogo dramático; e dun texto dramático un xogo burlesco". Máis aló da mera ridiculización de situacións banais, as obras de Ionesco debuxan de modo tanxible a soidade dos humanos e a insignificancia da propia existencia.
Obras
editarTeatro
editar- A cantante calva (1950).
- Les salutations (1950).
- A lección (1951).
- Les chaises (1952) (As cadeiras). Estreada en galego por Sarabela Teatro en 1992.
- Le maître (1953).
- Victimes du devoir (1953) (Vítimas do deber).
- La jeune fille à marier (1953).
- Amédée ou comment s'en débarrasser (1954) (Amadeu ou cómo saír do paso).
- Jacques ou la soumission (1955) (Xacobe ou a submisión). Estreada en galego por Sarabela Teatro en 1988.
- Le nouveau locataire (1955) (O novo inquilino).
- Le tableau (1955).
- L'impromptu de l'alma (1956) (A improvisación da alma).
- L'avenir est dans les œufs (1957).
- Tueur sans gages (1959).
- Scène à quatre (1959).
- Rhinocéros (1959) (Rinoceronte)[1]
- Apprendre à marcher (1960).
- Délire à deux (1962) (Delirio a dúo).
- Le Roi se meurt (1962) (O rei morre).
- Le piéton de l'air (1963) (O peón do aire).
- La soif et la faim (1965) (A sede e a fame).
- La lacune (1966).
- Jeux de massacre (1970) (O xogo da peste).
- Macbett (1972).
- Ce formidable bordel! (1973) (Ese formidable bordel).
- L'homme aux valises (1975) (O home das maletas).
- Voyage chez les morts (1980) (Viaxes a outro mundo).
Ensaios
editar- La tragédie du langage (1958).
- Expérience du théâtre (1958).
- Discours sur l'avant-garde (1959).
- Notas e contranotas (1962).
- Découvertes (Descubrimentos) (1969).
- Antídotos (1977).
- Le blanc et le noir (O blanco e o negro) (1981).
Diarios, novelas e artigos
editar- La Vase (1956).
- Le Piéton de l'air (1961).
- Journal en miettes (1967).
- Présent passeé, Passe présent (1968).
- Le solitaire (1973).
- La photo du colonel (A foto do coronel) (1962).
- La vase (1970).
- O solitario (1974).
- Contos para nenos menores de tres anos (1976).
- Un home en cuestión (1979) Recompilación de artigos.
- A busca intermitente (1987) .
Traducidas á lingua galega
editar- Xacobe ou a submisión: Sarabela Teatro (1988), versión de Jacques ou la soumission.
- As sillas: Sarabela Teatro (1992), versión de Les chaises.
- Macbett: Henrique Harguindey (1998), Xerais.
- A cantante calva: Henrique Harguindey (2002), Laiovento.
- Rinoceronte: Henrique Harguindey (2004), Laiovento.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Ionesco |
Bibliografía
editar- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.