Eurípides
Eurípides (en grego, Εὐριπίδης), nado en Salamina en -480 e finado en Pella en -406, é un dos tres grandes poetas tráxicos gregos da antigüidade, xunto a Esquilo e Sófocles.
Nome orixinal | (grc) Εὐριπίδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 480 a.C. Illa de Salamina, Grecia |
Morte | 406 a.C. Pela, Grecia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama, poesía e filosofía |
Ocupación | escritor de traxedia, poeta, escritor, dramaturgo, filósofo |
Xénero artístico | Traxedia grega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Euripides the Younger |
Pais | Mnesarchus e Cleito |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Euripides and His Age (en) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
|
Traxectoria
editarA súa nai chamábase Klitonis ou Clito e o seu pai Mnesarco ou Mnesárquides. Durante a súa infancia tivo lugar a Segunda Guerra Médica, decisiva para os gregos e o mundo occidental. Parece ser que de raparigo foi copeiro dun grupo de danzantes, con clara significación relixiosa, polo que se supón que a súa educación foi a convencional da súa época. No 466 a. C. cumpriu dous anos de servizo militar. Odiaba a política e era amante do estudo, para o que posuía a súa propia biblioteca privada. Durante un tempo estivo interesado pola pintura, coincidindo co apoxeo do pintor Polignoto en Atenas. Tivo dúas esposas, chamadas Melito e Quérile ou Quérine. Foi amigo de Sócrates, o cal, segundo a tradición, só asistía ao teatro cando se representaban obras de Eurípides. No 408 a. C., decepcionado polos acontecementos da súa patria, implicada na interminable Guerra do Peloponeso, retirouse para a corte de Arquelao I de Macedonia, morrendo dous anos despois en Pella.
Obra
editarPénsase que escribiu 92 traxedias pero só se conservan 19 delas máis ou menos completas, edas que unha, Reso, se considera apócrifa; o resto das traxedias só se coñecen por aparecer citado o título nalgunha obra contemporánea ou por recollerse algún fragmento. A súa concepción tráxica está moi afastada da de Esquilo e Sófocles. As súas obras tratan de lendas e eventos da mitoloxía dun tempo afastado, moi anterior ao século V a. C. de Atenas, pero aplicables ao tempo en que escribiu, sobre todo ás crueldades da guerra. Os trazos diferenciais da súa obra son os seguintes:
- • Innovación no tratamento dos mitos.
- • Complexidade das situacións e personaxes.
- • Humanización dos personaxes, que se mostran como homes e mulleres de carne e óso, con paixóns e defectos que nalgúns casos se achegan á traxicomedia.
- • Especial influencia dos problemas e polémicas do momento, que dan un aire de realismo.
- • Crítica da divindade tradicional desde un punto de vista tradicionalista.
- • Diminución do papel do coro.
Eurípides é coñecido principalmente por reformar a estrutura formal da traxedia tradicional, mostrando personaxes femininos fortes e escravos intelixentes, e por satirizar a moitos heroes da mitoloxía grega. As súas obras parecen modernas comparadas coas dos seus contemporáneos, centrándose na vida interna e as motivacións dos seus personaxes dunha forma antes descoñecida para o público grego.
As obras conservadas deste autor son:
- 1. Alcestis (438 a. C.) (segundo posto)
- 2. Medea (431 a. C.) (terceiro posto)
- 3. Os Heráclidas (c. 430 a. C.)
- 4. Hipólito (428 a. C.) (primeiro posto)
- 5. Andrómaca (c. 425 a. C.)
- 6. Hécuba (c. 424 a. C.)
- 7. Suplicantes (c. 423 a. C.)
- 8. Electra (c. 420 a. C.)
- 9. Heracles (c. 416 a. C.)
- 10. Troianas (415 a. C.) (segundo posto)
- 11. Ifixenia entre os Tauros (c. 414 a. C.)
- 12. Ion (c. 414 a. C.) [1]
- 13. Helena (412 a. C.)
- 14. Fenicias (c. 410 a. C.)
- 15. Orestes (408 a. C.)
- 16. As Bacantes (406 a. C., póstuma.)
- 17. Ifixenia en Áulide (406 a. C., póstuma, primeiro posto.)
- 18. O Ciclope, sen datar. É o seu único drama satírico conservado.
Tradución ao galego
editarRinoceronte Editora publicou en 2021 Ión. Ciclope[2] e en 2024 Medea. Heracles,[3] con tradución do grego antigo, introdución e notas de Iria Pedreira Sanjurjo (ISBN 978-84-17388-57-7).
Pensamento
editarA sociedade ateniense da época debatíase entre dúas opcións: a estabilidade dos valores conservadores, representada por Esquilo e Aristófanes, e o revisionismo racionalista, representado por Eurípides, Sócrates e os sofistas. A longa Guerra do Peloponeso contribuíu á derrota da primeira opción, ao comprobar que as vellas receitas de outrora non servían xa para o futuro[4]. É notoria a animadversión de Aristófanes contra Eurípides, ao que ataca nas súas comedias, especialmente en As ras, As Tesmoforias e As asembleístas, con chistes e alusións de intención malévola, como a presunta baixa extracción social da nai de Eurípides, á que cualifica como verduleira, cando a realidade era que pertencía a unha familia acomodada, segundo indican fontes serias como Filócoro[5]. As razóns desta teima persecutoria poderían ser dúas:
- Antagonismo ideolóxico co pensamento avanzado de Eurípides.
- A pintura que fai Eurípides das mulleres nas súas traxedias, que as aparta do modelo tradicional moi estereotipado da Comedia Antiga[6].
Notas
editar- ↑ Traducida ao galego por Iria Pedreira.
- ↑ "Esta filóloga de Ordes se enfrentó a Eurípides y su traducción opta a los Premios Follas Novas do Libro Galego". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-04-10. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "Medea. Heracles". rinoceronte.gal. Consultado o 25 de decembro de 2024.
- ↑ Alberto Medina González e Juan A.López Férez, Eurípides, Tragedias I, Introducción a Eurípides, Editorial Gredos, 1990, ISBN 84-249-3484-9, páx. 41
- ↑ Ídem, Introdución a Eurípides, páxs. 11-14
- ↑ Ibídem, Introdución a Eurípides, páx. 12
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurípides |
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |