Eurocopa de Fútbol de 2012

A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.

Modelo:Competición deportivaEurocopa de Fútbol de 2012
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoEurocopa de Fútbol Editar o valor en Wikidata
MascotaSlavek and Slavko (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnião das Federações Europeias de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónPolonia
Ucraína Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo8 de xuño de 2012 – 1 de xullo de 2012 Editar o valor en Wikidata
Número de edición14  (2012) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña (3º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos31 Editar o valor en Wikidata
Goles76 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosMario MandžukićCroacia (3)
Máis goles marcadosFernando TorresEspaña (3)
Máis goles marcadosMario GómezAlemaña (3)
Máis goles marcadosAlan DzagoevRusia (3)
Máis goles marcadosMario Balotelli (pt) TraducirItalia (3)
Máis goles marcadosCristiano RonaldoPortugal (3)
Xogador máis valiosoAndrés Iniesta Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores1.440.896 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5418034

A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.

Antecedentes

editar

Elección da sede

editar
 
Reloxo amosando o tempo restante para o comezo da competición.

Polonia e Ucraína postularon ser sedes antes do 1 de febreiro de 2005 xunto a outras sete candidaturas: Acerbaixán, Croacia xunto a Hungría, Grecia, Italia, Romanía, Rusia e Turquía. Francia, que avaliara unha candidatura, finalmente non a presentou para evitar problemas coa candidatura de París aos Xogos Olímpicos de 2012. O 22 de xullo dese ano, a UEFA descartou as candidaturas azerí, romanesa e rusa. As candidatas restantes presentaron os seus detalles a través de diversos informes á UEFA, a cal en base a elas tomou a decisión de reducir o proceso a só tres candidaturas. O 8 de novembro de 2005, Grecia e Turquía foron excluídas.

A candidatura de Polonia e Ucraína enfrontaba diversos problemas, xa que ningún dos dous países organizara antes un evento importante de fútbol nin ningún tampouco algún evento deportivo internacional como países aliados. Con todo, o 85,4% dos ucraínos e o 66,8% dos polacos apoiaban a candidatura das súas nacións ao momento da elección.

 
As cabuxas, símbolos de Poznań, con motivos da Eurocopa.

A falta de infraestrutura[1] necesaria para o desenvolvemento do torneo foi un dos principais problemas que enfrontou a candidatura. Exemplo diso foi que os delegados da UEFA manifestaron publicamente a súa preocupación polo mal estado da estrada entre Gdansk e Lviv, e que catro dos estadios principais aínda se mantiñan como proxectos a comezos de 2007. A isto sumouse unha grave crise no fútbol polaco trala detención de sesenta árbitros por corrupción e a cancelación dun torneo por parte do Ministro de Deportes. A intervención da política en temas deportivos foi fortemente sancionada por parte da FIFA e a Asociación Polaca de Fútbol arriscouse mesmo á suspensión dos seus encontros internacionais.

A pesar diso, Polonia-Ucraína foi elixida o 18 de abril de 2007[2] pola UEFA na reunión realizada na cidade galesa de Cardiff, converténdose na terceira ocasión en que o torneo é organizado por dous países -trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos e a Eurocopa 2008 organizada por Austria e Suíza- e a primeira de cada un dos devanditos países. Descartábase así ás outras dúas candidaturas finalistas, tras unha votación resolta por maioría absoluta. Os gañadores obtiveron oito votos, Italia, que era a gran favorita só obtivo catro votos, e a outra candidatura conxunta formada por Croacia e Hungría non conseguiu ningún apoio.

Atrasos na construción

editar

En xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini[3] fixo un chamamento aos organizadores en relación coa posta a piques dos estadios da Eurocopa. Mesmo se chegou a propor Escocia como organizador da Eurocopa 2012 no caso de que Ucraína e Polonia non cumprisen cos prazos de construción e mellora das súas infraestruturas, o cal foi confirmado máis tarde pola Asociación Escocesa de Fútbol. Con todo, en xuño de 2008 a UEFA asegurou que non había "ningún plan B en termos de novos países" organizadores. En xullo de 2011, a un ano da celebración do torneo, a UEFA organizou unha visita de inspección polas sedes da Eurocopa encabezada polo vicepresidente Gianni Infantino. Tras os avisos anteriores, as autoridades políticas de cada país lograron avanzar na construción e mellora dos estadios. Os máis atrasados, o Estadio Olímpico de Kíiv e o Estadio de Lviv, foron inaugurados en outubro dese mesmo ano (o 8 e o 29 de outubro respectivamente).

Organización

editar

A desconfianza ante a elección de Polonia e Ucraína como sedes da Eurocopa 2012 pareceron ter sustento co lento avance das obras de construción dos estadios que albergarán o evento. A finais de xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini, advertiu aos organizadores dos posibles problemas, e mesmo xurdiron rumores respecto de que Escocia, Alemaña ou Hungría poderían asumir a organización no caso de que Polonia e Ucraína non puidesen completalas. A Primeira Ministra de Ucraína, Iulia Timoshenko, saíu a apoiar ao seu país, anunciando que confiaba en que os proxectos estarían listos ao seu debido tempo. Con todo, ps membros do comité organizador dubidaban de que a renovación do Estadio Olímpico de Kíiv estivese a tempo.

Aínda que a UEFA mencionou en xuño de 2008 que non existían plans para realizar a Eurocopa 2012 fóra dos dous países eslavos, Platini decidiu avaliar a situación no Congreso Executivo da UEFA en outubro. Días antes de dita reunión, o goberno polaco suspendeu as actividades da Asociación Polaca de Fútbol (PZPN) e colocou a un administrador interino, ante o cal a UEFA anunciou que dita intromisión podía provocar a suspensión da súa afiliación á FIFA e automaticamente o dereito de organización do evento.

Aínda que finalmente a situación resolveuse, os efectos da crise económica de 2008 puxeron novamente en cuestión a capacidade da organización de finalmente completar a infraestrutura necesaria, incluso xerando dúbidas por parte de Evhen Chervonenko, director do comité organizador ucraíno, quen mencionou que aínda que os estadios e aeroportos estarían en condicións, a falta de liquidez conxelou a construción do 80% dos hoteis necesarios para organizar o torneo. O ministro ucraíno de transportes renunciou ao seu cargo polo pouco apoio do estado á realización da Eurocopa no seu país. En abril de 2010, Platini deu un ultimato de dous meses a Ucraína para que ofreza garantías de que terminará a tempo os seus preparativos de infraestruturas e estadios para a Eurocopa.

Varsovia Poznań Gdańsk Wrocław
Stadion Narodowy
Capacidade: 58.145
Estadio Municipal
Capacidade: 41.609
PGE Arena
Capacidade: 42.105
Estadio Municipal
Capacidade: 42.771
       
 
Kíiv Khárkiv Donetsk Lviv
Estadio Olímpico
Capacidade:69.055
Estadio Metalist
Capacidade: 35.721
Donbass Arena
Capacidade: 50.055
Arena Lviv
Capacidade: 34.915
     

Cada estadio seleccionado albergou tres partidos da fase de grupos, mentres que Varsovia e Kíiv contaron co partido de inauguración e a final, respectivamente. Ambas cidades serán ademais sedes das semifinais e de dous partidos de cuartos de final, con Gdansk e Donetsk como cidades organizadoras dos partidos restantes. A assitencia final total foi de 1 440 896 espectadores, o que fai unha media de 46.481 por partido.

As entradas para a UEFA EURO 2012 puxéronse á venda na primavera de 2011. Houbo entradas para un só partido así como paquetes para cada unha das 16 seleccións participantes. Ademais, puxéronse á venda localidades para persoas con problemas de visión ou que utilicen cadeira de rodas. Os seguintes estadios tamén foron considerados, mais finalmente non foron escollidos pola reunión da UEFA o 13 de maio de 2009.

Cidade Poboación Estadio Capacidadee
  Chorzów
113.162
Stadion Śląski
60.000
  Cracovia
756.267
Stadion Miejski
35.000
  Dnipropetrovsk
1 002 950
Dnipro Arena
31.000
  Odesa
1 006 242
Estadio Chornomorets
34.362

Centros de formación

editar

Os centros de formación de cada equipo, é dicir, o seu centro de aloxamento e adestramento, son o destino inicial para tódolos equipos á súa chegada a Polonia e Ucraína, dende onde viaxarán aos respectivos estadios nos que se celeabrará o torneo. As localizacións foron elixidas a partir dunha lista inicial de trinta e oito puntos posibles, vinte e un en Polonia e dezasete en Ucraína. A partir desa listaxe inicial cada unha das dezaseis federación clasificadas elixiu o seu lugar en 2011, finalmente trece polacos e tres ucraínos:

 
Mapa da representación dos centros de formación
 
Catro equipos hospedaranse en Varsovia, capital de Polonia, e arredores.
  Polonia
Selección Cidade
  Alemaña Gdańsk
  Croacia Warka
  Dinamarca Kołobrzeg
  España Gniewino
  Grecia Jachranka
  Inglaterra Cracovia
  Irlanda Sopot
  Italia Cracovia
  Países Baixos Cracovia
  Polonia Varsovia
  Portugal Opalenica
  República Checa Wrocław
  Rusia Varsovia
  Ucraína
  Francia Donetsk
  Suecia Koncha-Zaspa
  Ucraína Kíiv

Árbitros

editar

A UEFA convocou a doce árbitros pertencentes a países membros para a súa desempeño durante esta Eurocopa. A cada un a organización designou dous asistentes da mesma federación para así asegurar que o trío de árbitros teña coñecemento e experiencia entre eles. A maioría dos xuíces tiveron experiencia en torneos como a Liga de Campións da UEFA, e mesmo algúns participaron no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, como é o caso do inglés Howard Webb quen arbitrou a final.

Federación Árbitro Asistentes
  Alemaña Wolfgang Stark Jan-Hendrik Salver Mike Pickel
  Escocia Craig Alexander Thomson Alasdair Ross Derek Rose
  Eslovenia Damir Skomina Primoz Arhar Marko Stancin
  España Carlos Velasco Carballo Roberto Alonso Fernández Juan Carlos Yuste Jiménez
  Francia Stéphane Lannoy Eric Dansault Frédéric Cano
  Inglaterra Howard Webb Michael Mullarkey Peter Kirkup
  Italia Nicola Rizzoli Renato Faverani Andrea Stefani
  Hungría Viktor Kassai Gabor Eros György Ring
  Portugal Pedro Proença Bertino Cunha Miranda Ricardo Jorge Ferreira Santos
  Países Baixos Bjorn Kuipers Sander Van Roekel Erwin Zeinstra
  Suecia Jonas Eriksson Stefan Wittberg Mathias klasenius
  Turquía Cüneyt Çakır Bahattin Duran Tarık Ongun

Símbolos

editar
 
Slavek e Slavko.

Slavek e Slavko

editar

Slavek e Slavko son os nomes das mascotas oficiais do campionato. Son dous xemelgos cun peiteado estilo punk coas cores de Polonia, a branca e a vermella, e da Ucraína, a azul e a amarela. No peito levan os números 20 e 12, polo ano no que se celebrará o torneo. A imaxe das mascotas foi presentada ao público o 16 de novembro de 2010, xusto o mesmo día que se abriu unha votación online para elixir o nome. Os resultados da votación foron:

  • Slavek e Slavko (56% dos votos)
  • Siemko e Strimko (29% dos votos)
  • Klemek e Ladko (15% dos votos)

Tango 12

editar

O "Adidas Tango 12" é o balón oficial da Eurocopa. Foi presentado o 2 de decembro durante os sorteo dos grupos do campionato en Kíiv. O Tango 12, supón a cuarta encarnación da icónica serie de balóns Tango, o cal foi o balón oficial do Mundial da Arxentina 1978. O seu deseño é clásico, con debuxos representando as bandeiras de Polonia e de Ucraína.

Logo e lema

editar

O logotipo oficial para o torneo foi presentado nun evento especial na Praza de Mykhailivska, Kíiv, o 14 de decembro de 2009. O seu deseño está baseado no Wycinanki, unha arte tradicional de cortado de papel en Polonia e zonas rurais de Ucraína. Esa forma artística do logo simboliza a natureza das áreas rurais de ambos países. Como parte do evento, os edificios máis emblemáticos das oito cidades sede ilumináronse co logo do torneo.

O lema da competición, "Creando historia xuntos" (en polaco: Razem tworzymy przyszłość, en ucraíno: Творимо історію разом, Tvorymo istoriyu razom), foi anunciado xunto co logotipo. O lema reflicte o feito de que Polonia e Ucraína representan os países organizadores máis orientais da historia da Eurocopa.

Clasificación

editar

O sorteo da fase de clasificación tivo lugar no Palacio de Cultura e Ciencias de Varsovia onde participaron como "embaixadores" futbolísticos dos dous países organizadores os polacos Zbigniew Boniek e Andrzej Szarmach e os ucraínos Oleg Blokhin e Andriy Shevchenko.

A competición nos grupos da clasificación para a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, países xa clasificados como organizadores, comezou o 3 de setembro de 2010 e finalizou o 11 de outubro de 2011. Os líderes de grupo e o mellor segundo clasificáronse directamente á fase final da Eurocopa, mentres que os oito segundos restantes enfrontáronse en catro partidos de ida e volta para decidir os catro últimos participantes. Estes partidos foron xogados o 11 e o 15 de novembro de 2011.

Lista de participantes

editar

Dos dezaseis equipos clasificados para a fase final, a única selección debutante no torneo é a da anfitrioa Ucraína.

Equipos participantes
  Alemaña   Francia   Italia   República Checa
  Croacia   Grecia   Países Baixos   Rusia
  Dinamarca   Inglaterra   Polonia   Suecia
  España   Irlanda   Portugal   Ucraína

Grupos

editar

O sorteo foi realizado o venres 2 de decembro de 2011 na cidade de Kíiv, capital de Ucraína. Polonia e Ucraína serán colocadas no primeiro bombo de catro, xunto coa vixente campioa España e os Países Baixos, de maneira que está é segunda Eurocopa na que Alemaña non é cabeza de serie. Cómpre destacar que Polonia xa antes do sorteo estaba adxudicada ao grupo A, con sede en Varsovia, mentres que Ucraína foi colocada no Grupo D con sede será Kíiv.

Grupo para o sorteo 1 Grupo para o sorteo 2 Grupo para o sorteo 3 Grupo para o sorteo 4
  Polonia
  Ucraína
  España
  Países Baixos
  Alemaña
  Italia
  Inglaterra
  Rusia
  Croacia
  Grecia
  Suecia
  Portugal
  Dinamarca
  Francia
  República Checa
  Irlanda

Calendario

editar

Os horarios corresponden ás horas de Polonia (UTC+2, grupos A e C) e de Ucraína (UTC+3, grupos B e D) respectivamente. Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Fase de grupos

editar

Grupo A

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  República Checa 6 3 2 0 1 4 5 -1
  Grecia 4 3 1 1 1 3 3 0
  Rusia 4 3 1 1 1 5 3 +2
  Polonia 2 3 0 2 1 2 3 -1


Polonia 1 - 1 Grecia 8 de xuño de 2012, 18:00 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 56.070
Árbitro: Carlos Velasco (España)
Lewandowski   17' Informe
Salpigidis   51'
 
Rusia 4 - 1 República Checa 8 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 40.803
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Dzagoev   15'   79'
Shirokov   24'
Pavlyuchenko   82'
Informe
Pilař   52'
 


Grecia 1 - 2 República Checa 12 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 41.105
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Gekas   53' Informe
Jiráček   3'
Pilař   6'
 
Polonia 1 - 1 Rusia 12 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.920
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Błaszczykowski   57' Informe
Dzagoev   37'
 


República Checa 1 - 0 Polonia 16 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Wrocław
Asistencia: 41.480
Árbitro: Craig Thomson (Escocia)
Jiráček   72' Informe
 
Grecia 1 - 0 Rusia 16 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.614
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Karagounis   45+2' Informe
 

Grupo B

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Alemaña 9 3 3 0 0 5 2 +3
  Portugal 6 3 2 0 1 5 4 +1
  Dinamarca 3 3 1 0 2 4 5 -1
  Países Baixos 0 3 0 0 3 2 5 -3


Países Baixos 0 - 1 Dinamarca 9 de xuño de 2012, 19:00 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 35.923
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Informe
Krohn-Dehli   24'
 
Alemaña 1 - 0 Portugal 9 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 32.990
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Gómez   72' Informe
 


Dinamarca 2 - 3 Portugal 13 de xuño de 2012, 19:00 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 31.840
Árbitro: Craig Thomson (Escocia)
Bendtner   41'   80' Informe
Pepe   24'
Postiga   36'
Varela   87'
 
Países Baixos 1 - 2 Alemaña 13 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 37.750
Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia)
Van Persie   73' Informe
Gómez   24'   38'
 


Portugal 2 - 1 Países Baixos 17 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Metalist, Khárkiv
Asistencia: 37.445
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Ronaldo   28'   74' Informe
Van der Vaart   11'
 
Dinamarca 1 - 2 Alemaña 17 de xuño de 2012, 21:45 – Arena Lviv, Lviv
Asistencia: 32.990
Árbitro: Carlos Velasco (España)
Krohn-Dehli   24' Informe
Podolski   19'
Bender   80'
 

Grupo C

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  España 7 3 2 1 0 6 1 +5
  Italia 5 3 1 2 0 4 2 +2
  Croacia 4 3 1 1 1 4 3 +1
  Irlanda 0 3 0 0 3 1 9 -8


España 1 - 1 Italia 10 de xuño de 2012, 18:00 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 38.869
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Fàbregas   64' Informe
Di Natale   61'
 
Irlanda 1 - 3 Croacia 10 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 39.550
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
St Ledger   19' Informe
Mandžukić   3'   48'
Jelavić   43'
 


Italia 1 - 1 Croacia 14 de xuño de 2012, 18:00 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 37.096
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Pirlo   39' Informe
Mandžukić   72'
 
España 4 - 0 Irlanda 14 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 39.150
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Torres   4'   70'
Silva   49'
Fàbregas   83'
Informe
 


Croacia 0 - 1 España 18 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 39.076
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Informe
Navas   88'
 
Italia 2 - 0 Irlanda 18 de xuño de 2012, 20:45 – Stadion Miejski, Poznań
Asistencia: 38.794
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Cassano   35'
Balotelli   90'
Informe
 

Grupo D

editar


Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
  Inglaterra 7 3 2 1 0 5 3 +2
  Francia 4 3 1 1 1 3 3 0
  Suecia 3 3 1 0 2 5 5 0
  Ucraína 3 3 1 0 2 2 4 -2


Francia 1 - 1 Inglaterra 10 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 47.400
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Nasri   39' Informe
Lescott   30'
 
Ucraína 2 - 1 Suecia 10 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.290
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Shevchenko   55'   62' Informe
Ibrahimović   52'
 


Ucraína 0 - 2 Francia 14 de xuño de 2012, 19:00 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.000
Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos)
Informe
Ménez   53'
Cabaye   56'
 
Suecia 2 - 3 Inglaterra 14 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.640
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Johnson   49' (p.m.)
Mellberg   59'
Informe
Carroll   23'
Walcott   64'
Welbeck   78'
 


Inglaterra 1 - 0 Ucraína 18 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.700
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Rooney   48' Informe
 
Suecia 2 - 0 Francia 18 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 63.010
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Ibrahimović   54'
Larsson   90+1'
Informe
 

Fase final

editar


Cuartos de final Semifinal Final
                   
Varsovia, 21 de xuño        
   República Checa  0
Donetsk, 27 de xuño
   Portugal  1  
   Portugal  0
Donetsk, 23 de xuño
     España  0  
   España  2
Kíiv, 1 de xullo
   Francia  0  
   España  4
Gdańsk, 22 de xuño
     Italia  0
   Alemaña  4
Varsovia, 28 de xuño
   Grecia  2  
   Alemaña  1
Kíiv, 24 de xuño
     Italia  2  
   Inglaterra  0
   Italia  0  

Cuartos de final

editar
República Checa 0 - 1 Portugal 21 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.590
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Ronaldo   79'
 
Alemaña 4 - 2 Grecia 22 de xuño de 2012, 20:45 – PGE Arena, Gdańsk
Asistencia: 38.751
Árbitro: Damir Skomina (Eslovenia)
Lahm   39'
Khedira   61'
Klose   68'
Reus   74'
Informe
Samaras   55'
Salpigidis   89' (pen.)
 


España 2 - 0 Francia 23 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 47.000
Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia)
Alonso   19'   90+1' (pen.) Informe
 
Inglaterra 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
Italia 24 de xuño de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 64.340
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Gerrard  
Rooney  
Young  
Cole  
Informe
  Balotelli
  Montolivo
  Pirlo
  Nocerino
  Diamanti
 

Semifinais

editar
Portugal 0 - 0
(Penaltis 2 - 4)
España 27 de xuño de 2012, 21:45 – Donbass Arena, Donetsk
Asistencia: 48.000
Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía)
Moutinho  
Pepe  
Nani  
Alves  
Informe
  Alonso
  Iniesta
  Piqué
  Ramos
  Fàbregas
 
Alemaña 1 - 2 Italia 28 de xuño de 2012, 20:45 – Estadio Nacional, Varsovia
Asistencia: 55.540
Árbitro: Stéphane Lannoy (Francia)
Özil   90+2' (pen.) Informe
Balotelli   20'   36'
 


España 4 - 0 Italia 1 de xullo de 2012, 21:45 – Estadio Olímpico, Kíiv
Asistencia: 63.170
Árbitro: Pedro Proença (Portugal)
Silva   14'
Alba   41'
Torres   84'
Juan Mata   88'
Informe
 
  1. "Ukraine says Poland undermining Euro 2012 bid". Reuters (en inglés). 2007-01-29. Consultado o 2022-03-07. 
  2. Polonia e Ucraína organizarán xuntos a Eurocopa de fútbol de 2012
  3. "UEFA warns hosts to speed up Euro 2012 plans". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 01 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Intern 2
iOS 13
mac 6
os 220
todo 4
web 7