Evento anóxico
Os eventos anóxicos oceánicos ou eventos anóxicos son os intervalos de tempo no pasado da Terra nos que partes dos océanos se tornaron pobres en osíxeno (O2) a profundidades sobre unha grande área xeográfica. Durante algúns destes eventos, a euxinia desenvolveuse.[2] Aínda que hai millóns de anos que non ocorren eventos anóxicos, os rexistros xeolóxicos mostran que ocorreron moitas veces no pasado. Coinciden e poden ter contribuído a varias extincións masivas,[3] incluíndo algunhas que os xeobiólogos usan como marcadores de datación bioestratigráfica.[4] Crese que estes eventos anóxicos están fortemente relacionados coa ralentización da circulación oceánica, o quecemento do clima e os niveis elevados de gases de efecto invernadoiro. O vulcanismo potenciado (a través da emisión de CO2 e outros gases) proponse como o causante externo central para o desenvolvemento deste tipo de eventos.[5]
Notas
editar- ↑ "Aquatic Dead Zones". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 2010-07-17. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ O termo "euxinia" refírese a augas moi pobres en osíxeno que conteñen sulfuro de hidróxeno. Véxase "Tracking Euxinia in the Ancient Ocean: A Multiproxy Perspective and Proterozoic Case Study" en Annual Reviews.
- ↑ Wignall, Paul B.; Twitchett, Richard J. (1996-05-24). "Oceanic Anoxia and the End Permian Mass Extinction". Science (en inglés) 272 (5265): 1155–1158. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.272.5265.1155.
- ↑ Peters, Walters, Modowan, K.E., C.C., J.M. (2005). The Biomarker Guide, Volume 2: Biomarkers and Isotopes in the Petroleum Exploration and Earth History. p. 749. ISBN 978-0-521-83762-0.
- ↑ Katja M Meyer, Lee R Kump (9 de xaneiro de 2008). "Oceanic euxinia in Earth history: Causes and consequences". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 36: 251–288. doi:10.1146/annurev.earth.36.031207.124256. Consultado o 11 de abril de 2014.
The central external trigger for euxinia is proposed to be enhanced volcanism (release of volcanic CO2), although other external forcings of the climate system could be imagined (changing solar luminosity, changes in continental configuration affecting ocean circulation and the stability of ice sheets. [O desencadenante externo central da euxinia proponse como o vulcanismo potenciado (liberación de CO2 volcánico), aínda que se poderían imaxinar outros forzamentos externos do sistema climático (cambios de luminosidade solar, cambios na configuración continental que afectan á circulación oceánica e a estabilidade das capas de xeo).]