Exipto nos Xogos Olímpicos

Exipto participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1912, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría das edicións dos Xogos de Verán. Xunto con Iraq e o Líbano, Exipto boicoteou os Xogos de 1956 en protesta da invasión tripartita israelí, británica e francesa de Exipto na guerra de Suez. Porén, as probas de hípica celebráronse en Estocolmo cinco meses antes (debido a regulacións de corentena australiana), e tres xinetes exipcios competiron alí. Exipto retirouse dos Xogos Olímpicos de 1976 após tres días de competición para unirse ao boicot africano en resposta á participación de Nova Zelandia, quen daquela aínda mantiña ligazóns deportivas coa Suráfrica do apartheid. Exipto tamén participado no boicot liderado polos Estados Unidos aos Xogos de 1980. A única participación de Exipto nos Xogos de Inverno foi cun só esquiador alpino en 1984.

Exipto nos Xogos Olímpicos

Código COI EGY
Comité nacional Comité Olímpico Exipcio
www.egyptianolympic.org (en árabe)
Medalleiro
Ouro
9
Prata
12
Bronce
20
Total
41

Os deportistas exipcios gañaron un total de 41 medallas, sendo a halterofilia o deporte que máis medallas lle reportou ao país.

Táboas coas medallas

editar

Medallas nos Xogos de Verán

editar
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Estocolmo 1912 1 0 0 0 0
  Antuerpen 1920 22 0 0 0 0
  París 1924 33 0 0 0 0
  Ámsterdam 1928 32 2 1 1 4 17
  Os Ánxeles 1932 non participou
  Berlín 1936 54 2 1 2 5 15
  Londres 1948 85 2 2 1 5 16
  Helsinqui 1952 106 0 0 1 1 40
  Melbourne 1956 3 0 0 0 0
  Roma 1960 74 0 1 1 2 30
  Toquio 1964 73 0 0 0 0
  Cidade de México 1968 30 0 0 0 0
  Múnic 1972 23 0 0 0 0
  Montreal 1976 29 0 0 0 0
  Moscova 1980 non participou
  Os Ánxeles 1984 114 0 1 0 1 33
  Seúl 1988 49 0 0 0 0
  Barcelona 1992 75 0 0 0 0
  Atlanta 1996 29 0 0 0 0
  Sydney 2000 89 0 0 0 0
  Atenas 2004 97 1 1 3 5 46
  Pequín 2008 103 0 0 2 2 80
  Londres 2012 113 0 3 1 4 56
  Río de Xaneiro 2016 119 0 0 3 3 75
  Toquio 2020 132 1 1 4 6 54
  París 2024 164 1 1 1 3 52
  Os Ánxeles 2028 Evento futuro
  Brisbane 2032
Total 9 12 20 41 62

Medalla nos Xogos Olímpicos

editar
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Saraxevo 1984 1 0 0 0 0
1988–2022 non participou
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte

editar
Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Halterofilia 5 4 6 15
  Loita 2 3 3 8
  Péntatlon moderno 1 1 0 2
  Karate 1 0 1 2
  Boxeo 0 1 3 4
  Saltos 0 1 1 2
  Judo 0 1 1 2
  Esgrima 0 1 1 2
  Taekwondo 0 0 4 4
Total 9 12 20 41

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Intern 1
iOS 2
os 59
todo 1