Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Baséase na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior. O doutor Harford comeza unha aventura nocturna, durante a cal se infiltra nunha orxía enmascarada levada a cabo por unha sociedade secreta sen nome.

Eyes Wide Shut
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalEyes Wide Shut
DirectorStanley Kubrick
ProdutorStanley Kubrick
GuiónStanley Kubrick
Frederic Raphael
Baseado enTraumnovelle de Arthur Schnitzler
Intérpretes
MúsicaJocelyn Pook
FotografíaLarry Smith
MontaxeNigel Galt
EstudioPole Star
Hobby Films
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 16 de xullo de 1999
10 de setembro de 1999
Duración159 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido[2]
XéneroDrama
Orzamento$65 000 000[3]
Recadación$162 100 000[3]
Na rede
http://eyeswideshut.warnerbros.com/
IMDB: tt0120663 Filmaffinity: 639471 Allocine: 20502 Rottentomatoes: m/eyes_wide_shut Mojo: eyeswideshut Allmovie: v158829 TCM: 434559 Metacritic: movie/eyes-wide-shut TV.com: movies/eyes-wide-shut BNE: XX3950099 Netlix: 5670434 Editar o valor en Wikidata

Kubrick obtivo os dereitos da rodaxe de Traumnovelle na década de 1960, considerando o texto como perfecto para unha adaptación sobre as relacións sexuais. Reviviu o proxecto na década de 1990 cando contratou ao guionista Frederic Raphael para que o axudase na adaptación. O filme, que foi maioritariamente rodado no Reino Unido, conta cunha detallada recreación do exterior da rúa Greenwich Village, a cal foi desenvolvida en Pinewood Studios. A produción do filme, de 400 días, ten o récord Guinness do mundo como a máis longa rodaxe continua dun filme.

Mentmore Towers, unha das localizacións do filme.

Personaxes

editar
  1. "EYES WIDE SHUT". British Board of Film Classification. Consultado o 29 de setembro de 2013. 
  2. "Eyes Wide Shut (1999)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Eyes Wide Shut (1999)". Box Office Mojo. Consultado o 24 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1