Ezequiel Ordóñez González
Ezequiel Ordóñez González, nado en Tui en 1845 e finado en Madrid o 20 de outubro de 1918, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1845 Tui, España |
Morte | 20 de outubro de 1918 (72/73 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | Mariano Ordóñez García |
Traxectoria
editarFillo de José Ordóñez Domínguez, capitán retirado que foi nomeado Comandante de Armas de Tui e Teodora González Aznaga. Estudou Dereito en Madrid e entrou como amanuense ao servizo do poeta asturiano Ramón de Campoamor. Comezou tamén a escribir colaboracións en diversos xornais, como Boletín Diplomático.
Militante do Partido Conservador, pertencería ao sector de Romero Robledo, a quen lle unían lazos políticos e familiares, pois o seu fillo Mariano Ordóñez García casou coa filla de Romero Robledo. En 1876 foi elixido deputado polo distrito de Cuenca, nas eleccións de 1879 saíu elixido polo distrito de Tui, volvendo ser elixido en once ocasións ata 1901. No Congreso dos Deputados foi secretario e vicepresidente (1876-1883). O seu fillo Mariano Ordóñez sucedeuno como deputado polo distrito tudense entre 1903 e 1923. A familia Ordoñez exerceu o control político en Tui e na comarca do Baixo Miño durante máis de corenta anos.
Foi vocal do Consello de Sanidade, Director Xeral de Correos e Telégrafos, de Obras Públicas e de Beneficencia e Sanidade e Subsecretario do Ministerio de Ultramar en 1892. En 1903 foi nomeado senador vitalicio.
Publicou o libro Guía del ferrocarril del Norte.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.