Fabio Casartelli
Fabio Casartelli, nado en Como o 16 de agosto de 1970 e finado o 18 de xullo de 1995, foi un ciclista italiano, profesional desde 1993.
(1993) | |||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1970 Como, Italia | ||||||||||||||||||||||
Morte | 18 de xullo de 1995 (24 anos) Tarbes, Francia | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | accidente de bicicleta | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
1 de xullo de 1995 | Tour de France 1995 (pt) | ||||||||||||||||||||||
1992 | cycling at the 1992 Summer Olympics – men's individual road race (en) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarAnimado polo seu pai, Casartelli involucrouse no mundo do ciclismo aos 9 anos. Tras acadar unhas cantas vitorias como afeccionado, Casartelli conseguiu o seu maior logro nos Xogos Olímpicos de 1992, gañando a medalla de ouro na proba de ciclismo en ruta. Pasou a ser profesional en 1993, pero só conseguiu vitorias e posicións de honra en carreiras menores.
O 18 de xullo de 1995, durante a 15ª etapa do Tour de Francia, Fabio Casartelli sufriu un accidente durante o descenso do Col de Portet d'Aspet, nos Pireneos. Casartelli sufriu graves lesións de cranio e cara e perdeu a consciencia. Durante o seu traslado en helicóptero ao hospital, Casartelli perdeu a respiración e faleceu tras varios intentos de reanimación[1].
No momento da caída Casartelli non levaba ningún tipo de casco protector. A súa morte causou unha conmoción no ciclismo profesional e xurdiron diversos debates acerca da obrigatoriedade do uso do casco polos ciclistas.
A 16ª etapa do Tour foi neutralizada, aínda que non suspendida, pola organización. Os ciclistas rodaron en grupo durante toda a proba e, na chegada, o equipo Motorola ao que pertencía Casartelli cruzou a liña de meta en conxunto. Todos os premios da etapa foron doados á familia que deixaba o ciclista italiano, unha muller e un fillo de dous meses[2].
En 1997 erixiuse unha estela no lugar da traxedia, fronte á que os corredores do Tour de Francia se deteñen e gardan un minuto de silencio na súa memoria cada vez que o percorrido da ronda gala pasa polo Col de Portet d'Aspet.
Equipos
editarNotas
editar- ↑ "La muerte coge a Casartelli en el kilómetro 34", artigo de Carlos Arribas en El País, 19 de xullo de 1995 (consultado o 18 de xullo de 2010) (en castelán).
- ↑ "La última victoria de Fabio Casartelli", artigo de Javier Olave en El Mundo, 20 de xullo de 1995 (consultado o 9 de agosto de 2009) (en castelán).