Chámase face á cara principal dun tecido, papel, folla etc., oposta á posterior.

Na Botánica chámase face[1] á cara superior ou cara adaxial do limbo da folla dunha planta. Diferénciase do envés, ou parte inferior, en que non posúe estomas, ten unha cutícula algo máis grosa e posúe menor abundancia de tricomas. A súa cor adoita ser máis escura ca do envés (como máximo poden chegar a ser da mesma cor).

Cómpre non confundir o termo face con feixe: montón de cousas, conxunto de partículas ou liñas, ou grupo de cousas ou de persoas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1