Factoría de Ficción
Factoría de Ficción, antes coñecida como FDF Telecinco, é unha canle de televisión privada española propiedade de Mediaset España que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2008 co nome de FDF Telecinco, substituíndo na súa frecuencia á canle Telecinco Estrellas. O sábado 25 de xullo de 2009 cambiou a súa imaxe corporativa e remodelou o anterior nome de FDF Telecinco ao actual.
Factoría de Ficción | |
---|---|
Logo de Factoría de Ficción | |
Inicio das emisións | 18 de febreiro de 2008 |
Fundado por | Gestevisión Telecinco |
Propiedade de | Mediaset España |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 3% (xullo de 2013, FormulaTV) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | Fuencarral |
Nome(s) anterior(es) | FDF Telecinco (2008-2009) |
Canle que substitúe | Telecinco Estrellas |
Canle/s irmá(s) | Telecinco Cuatro Boing Divinity Energy Telecinco HD Cuatro HD |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 68 |
Cable | |
R | Dial 34 |
Na rede
| |
Páxina web de Factoría de Ficción | |
O nome provén da extinta canle Factoría de Ficción do cal Gestevisión Telecinco era socio xunto á produtora Globomedia e Grupo Antena 3 e que cesou as súas emisións o 30 de xullo de 2007.[1]
Imaxe corporativa
editar- Febreiro de 2008 a xullo de 2009. Nos seus comezos e ata ano e medio despois o logotivo de FDF Telecinco era o que antigamente tiña o canal de pago Factoría de Ficción do que eran socios o grupo Antena 3 e a produtora Globomedia xunto a Gestevisión Telecinco.[2]
- Xullo de 2009 a febreiro de 2012. Dende o momento en que se produciu o cambio no verán de 2009, a imaxe do canal cambiou radicalmente,[3] incluíndo a cor (empregando unha máis neutra) e o selo de identidade, utilizando só a marca Factoría de Ficción.[4]
- Febreiro de 2012 a 2016. Tralos cambios sufridos na imaxe corporativa de todas as canles de Mediaset España, o logotipo de Factoría de Ficción está formado por unha esfera de cor verde co antigo "F" maiúsculo e en cursiva.[5] Dende 2016 o logotipo pasou de ser esférico a plano, mantendo a cor e o deseño.
2008 - 2009 | 2009 - 2012 | 2012 - actualidade |
---|
Audiencias
editarEvolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[6] Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia entre as canles temáticas de televisión dixital (TDT).
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | - | 0,1%**[Nota 1] | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,2% | 0,3% | 0,3% | 0,2%[7] |
2009 | 0,3% | 0,3% | 0,4% | 0,4% | 0,4% | 0,5% | 0,6% | 0,7% | 0,6% | 0,7% | 0,8% | 0,8% | 0,5%[7] |
2010 | 0,8% | 0,8% | 1,0% | 1,2% | 1,4% | 1,5% | 1,9% | 2,1% | 1,8% | 1,9% | 2,1% | 2,1% | 1,9%[7] |
2011 | 2,2% | 2,3% | 2,4% | 2,3% | 2,5% | 2,6% | 2,8% | 3,0% | 2,7% | 2,7% | 2,7% | 2,7% | 2,6%[7] |
2012 | 2,6% | 2,6% | 2,6% | 2,6% | 2,7% | 3,0% | 3,4%* | 3,2% | 3,3% | 3,0% | 3,0% | 3,2% | 2,9%[8] |
2013 | 3,1% | 2,9% | 2,8% | 2,8% | 2,8% | 2,9% | 3,0% | 3,1% | 3,0% | 2,8% | 2,9% | 3,1% | 2,9% |
2014 | 3,0% | 2,9% | 3,1% | 3,0% | 3,6% | 3,6% | 4,2% | 4,5%* | 3,7% | 3,4% | 3,7% | 3,9% | 3,5%[9] |
2015 | 3,8% | 3,6% | 3,5% | 3,6% | 3,6% | 3,5% | 3,8% | 4,0% | 3,6% | 3,3% | 3,1% | 3,3% | 3,6% |
2016 | 3,1% | 2,8% | 3,0% | 3,0% | 3,1% | 3,4% | 3,5% | 3,6% | 3,4% | 3,3% | 3,3% | 3,4% | 3,2% |
2017 | 3,2% | 3,0% | 2,9% | 3,0% | 3,1% | 3,1% | 3,4% | 3,3% | 3,0% | 3,0% | 3,3% | 3,3% | 3,1% |
2018 | 3,2% | 3,1% | 2,9% | 2,9% | 2,8% | 2,8% | 3,2% | 3,1% | 2,9% | 2,6% | 2,7% |
* Máximo histórico | ** Mínimo histórico
Notas
editar- ↑ Comenzou a súas emisións o 18 de febreiro.
- ↑ "Factoría de Ficción cierra sus puertas tras 7 años de emisión" (en castelán). 21 de xuño de 2007. Consultado o 27 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Telecinco redefine su oferta de TDT: nace Telecinco 2 y resurge FDF". mundoplus.tv. febreiro de 2008. Consultado o 27 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Imagen corporativa de FDF (2009)". Dailymotion. 1 de agosto de 2009.
- ↑ "Telecinco recupera Factoría de Ficción para conquistar la TDT". Diario Información. 17 de febreiro de 2008.
- ↑ "Mediaset redondea las 'moscas' de Telecinco, FDF y La Siete". 6 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Audiencias diarias". FormulaTV.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Factoría de Ficción es el canal temático líder de 2012 con 2'9 % de share". Mediaset España. 28 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Telecinco (13,9%) arrebata a La 1 (12,2%) el liderazgo como la cadena más vista del año". Barlovento Comunicación (FormulaTV). 28 de decembro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
- ↑ Redacción (2 de xaneiro de 2014). Fórmula TV, ed. "Telecinco (14,5%) lidera 2014, con mínimos de La 1 y FORTA, mientras que laSexta (7,2%) supera por primera vez a Cuatro". Barlovento Comunicación. Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 2 de xaneiro de 2014.
Evolución anual de cadenas desde 2005 en adelante