Faro de Punta Cabalo
faron na Illa de Arousa
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Illa de Arousa |
Localización municipal | Illa de Arousa, Provincia de Pontevedra |
Construción | 1853 |
Datos técnicos | |
Código internacional | D1826 |
Descrición | |
Altura sobre o nivel do mar | 10 metros |
Altura sobre o terreo | 5 metros |
Características | FI(4) W 13s |
Período | |
Alcance | 10 millas náuticas |
O faro de Punta Cabalo é un faro que está situado no extremo nordeste da Illa de Arousa, no interior da ría de Arousa, enriba dunhas rochas.
A torre está fincada ata a metade do mesmo nunha das fachadas. Na parte de arriba atópase un balcón e a lanterna, situada nun saínte.
A súa construción comezou no 1853, estando as obras a cargo do enxeñeiro Celedonio de Uribe, e a súa luz prendeuse por primeira vez o 19 de outubro do 1853. Nesta primeira etapa atendérono dous torreiros, máis a principios do século pasado suprimiuse esta figura.
Dende el vese a praia de Area de Secada, e xusto enfronte está a coñecida coma ruta dos golfiños, onde os mesmos acoden para alimentarse co peixe que cruza esa parte da ría.
Galería de imaxes
editar-
Faro en Punta Cabalo
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9.