Federico Fellini
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2022.) |
Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Oscar Honorífico pola súa traxectoria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1920 Rimini, Italia |
Morte | 31 de outubro de 1993 (73 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Fellini tomb (en) |
Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | director de cinema, escritor, realizador, artista de banda deseñada, guionista, escritor satírico, autor |
Período de actividade | 1945 - 1992 |
Membro de | |
Influencias | |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Giulietta Masina (1943–1993) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Феллини Федерико) Obálky knih, base de datos rexional da biblioteca da cidade de Olomouc >>>:Fellini, Federico, 1920-1993, |
Sitio web | federicofellini.it |
|
Durante case catro décadas -desde Lo sceicco bianco de 1952 a La voce della luna 1990- Fellini "retrata", en ducias de películas, un pequeno grupo de personaxes memorables. El autodenominouse "un artesán que non ten nada que dicir, pero que sabe como dicilo". Deixou obras inesquecibles, cheas de sátira pero empapadas dunha sutil melancolía, caracterizadas por un estilo onírico e visionario. Os títulos das súas películas máis famosas - La strada, Le notti di Cabiria, La dolce vita, 8½ e Amarcord- convertéronse en tópicos mencionados na lingua orixinal en todo o mundo.
Traxectoria
editarComezos
editarFellini naceu nunha familia de clase media en Rimini onde pasou a súa infancia, estudando primeiro nun colexio de monxas pasando logo a un público, as vacacións de verán pasábaas en Gambettola, de onde era orixinaria parte da súa familia. Gustáballe debuxar en 1937 apareceron publicadas unhas caricaturas súas nunha publicación local da Opera Nazionale Balilla en Rimini[1] que tiveron tanto éxito que cun amigo montou unha tenda de retratos na cidade. Viviu durante un breve período de tempo en Florencia antes de se asentar ano 1939 en Roma, cidade na que traballaría como xornalista, escritor e debuxante. A data clave na súa relación co cine foi no ano 1944, cando coñeceu ao director Roberto Rossellini, un dos máis importantes directores do neorrealismo italiano. Colaborou como guionista con Rosselini en Roma, cidade aberta (1945).
Actividade
editarNo 1951 estreouse como director codirixindo xunto con Alberto Lattuada, o filme Luces de variedades (1951), e en solitario co filme O xeque branco (1952). Gañou o seu primeiro premio co filme Os inútiles (1953) na Mostra de Venecia. Cos seus seguintes filmes, La Strada (1954) e As noites de Cabiria (1956), protagonizadas pola súa muller, Giulietta Masina, acadarían cadanseu Oscar de Hollywood ó mellor filme estranxeiro nos anos 1957 e 1958. O seu seguinte filme, La dolce vita (1960) foi un importante éxito comercial e o comezo da colaboración co actor Marcello Mastroianni, habitual nos seus filmes a partir de entón, o que lle permitiu desprenderse da súa herdanza neorrealista. Oito e medio (1963) marcou ó comezo da segunda etapa do cine de Fellini, marcado por unha exuberante fantasía e barroquismo, cun humor de trazos surrealistas. Giulietta dos espíritos (1965) orixinou certa polémica, que se repetiría noutros filmes como Roma (1972), sobre todo pola ironía coa que trata á sociedade italiana, especialmente á igrexa. Con Amarcord (1973), Fellini volveu á adolescencia do seu Rimini natal.
Últimos anos
editarOs seus últimos traballos, entre os que destacan Ensaio de orquestra (1978), A cidade das mulleres (1980), E a nave vaise (1983), Ginger e Fred (1985) e Entrevista (1988), mostran o seu desgusto diante de certos aspectos do mundo moderno. En 1993 recibiu o seu quinto óscar ó conxunto da súa carreira.
Filmografía
editarComo guionista
editarGalería de imaxes
editar- 1943: L'ultima carrozzella (Director: Mario Mattoli). Coguionista.
- 1945: Roma, cidade aberta (Director: Roberto Rossellini). Coguionista.
- 1946: Paisá, camarada (Director: Roberto Rossellini). Coguionista.
- 1947: Il delitto di Giovanni Episcopo (Director: Alberto Lattuada). Coguionista.
- 1948: Senza pietà (Director: Alberto Lattuada). Coguionista.
- 1948: O amor (Director: Roberto Rossellini). Coguionista.
- 1949: Il mulino del Po (Director: Alberto Lattuada). Coguionista.
- 1950: Francesco, giullare di Dio (Director: Roberto Rossellini). Coguionista.
- 1950: Il Cammino della speranza (Director: Pietro Germi). Coguionista.
- 1951: La città si difende (Director: Pietro Germi). Coguionista.
- 1951: Persiane chiuse (Director: Luigi Comencini). Coguionista.
- 1952: Il brigante di Tacca del Lupo (Director: Pietro Germi). Coguionista.
- 1979: Fortunella (Director: Eduardo De Filippo). Coguionista.
- 1979: Viaggio con Anita (Director: Mario Monicelli). Sen acreditar.
Anuncios de televisión
editar- 1984: Anuncio para Campari Soda.
- 1984: Anuncio para Barilla pasta.
- 1992: Tres anuncios para Banca di Roma.
Como director e guionista
editar- 1950: Luces de variedades.
- 1952: O xeque branco.
- 1953: Os inútiles.
- 1953: L'amore in città.
- 1954: La strada.
- 1955: Almas sen conciencia.
- 1957: Le notti di Cabiria.
- 1960: La dolce vita.
- 1962: Boccaccio '70.
- 1963: Fellini 8½.
- 1965: Giulietta dos espíritos.
- 1968: Histoires extraordinaires.
- 1969: Bloc-notes di un regista.
- 1969: O satiricón.
- 1970: I clowns.
- 1972: Roma.
- 1973: Amarcord.
- 1976: O Casanova, de Federico Fellini.
- 1978: Prova d'orchestra.
- 1980: A cidade das mulleres.
- 1983: E la nave va.
- 1986: Ginger e Fred.
- 1987: Intervista .
- 1990: La voce della luna.
Premios
editarAno | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1947 | Mellor guión orixinal | Roma, città aperta | Candidato |
1950 | Mellor guión orixinal | Paisà | Candidato |
1957 | Mellor filme de lingua non inglesa | La strada | Gañador |
1957 | Mellor guión orixinal | La strada | Candidato |
1958 | Mellor filme de lingua non inglesa | Le notti di Cabiria | Gañador |
1958 | Mellor guión orixinal | I vitelloni | Candidato |
1962 | Mellor director | La dolce vita | Candidato |
1962 | Mellor guión orixinal | La dolce vita | Candidato |
1964 | Mellor director | Fellini 8½ | Candidato |
1964 | Mellor guión orixinal | Fellini 8½ | Candidato |
1964 | Mellor filme de lingua non inglesa | Fellini 8½ | Gañador |
1971 | Mellor guión orixinal | Fellini Satyricon | Candidato |
1975 | Mellor filme de lingua non inglesa | Amarcord | Gañador |
1976 | Mellor director | Amarcord | Candidato |
1976 | Mellor guión orixinal | Amarcord | Candidato |
1977 | Mellor guión adaptado | O Casanova, de Federico Fellini | Candidato |
1993 | Óscar Honorífico |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1957 | Palma de Ouro | Le notti di Cabiria | Candidato |
1960 | Palma de Ouro | La dolce vita | Gañador |
1972 | Gran Premio da técnica | Roma | Gañador |
1987 | Premio do 40 aniversario | Intervista | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1953 | León de Prata | I vitelloni | Gañador |
1954 | León de Prata | La strada | Gañador |
1955 | León de Ouro | Almas sen conciencia | Gañador |
1985 | León de Ouro á unha carreira |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico Fellini |