Fernando Savater
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2011) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fernando Fernández-Savater Martín, nado en Donostia o 21 de xuño de 1947, é un filósofo e escritor español.
Traxectoria
editarNovelista, tradutor e autor dramático, destaca no campo do ensaio e o artigo xornalístico. Fillo dun notario de Donostia, foi desde neno un voraz lector, sobre todo de literatura popular e historietas, gusto que nunca perdeu e ó que dedicou frecuentemente ensaios. Sentiu tamén afección polo teatro e estivo nalgúns grupos de afeccionados. Estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, onde a súa familia se trasladou desde San Sebastián. Traballou como profesor axudante nas facultades de Ciencias Políticas e de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, de onde foi apartado da docencia en 1971 por razóns políticas, e tamén foi profesor de Ética e Socioloxía da UNED. Foi catedrático de Ética na Universidade do País Vasco durante máis dunha década. Actualmente é catedrático de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Colaborador habitual do xornal El País desde a súa fundación, é codirector xunto a Javier Pradera da revista Claves para la Razón Práctica.
Formou parte de varias agrupacións comprometidas coa paz e en contra do terrorismo no País Vasco, como o Movimiento por la Paz y la No Violencia, o Foro de Ermua, e actualmente de ¡Basta ya!, asociación que recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sakharov á defensa dos dereitos humanos. Tamén pertence ó partido político Unión Progreso e Democracia.
Obra
editarA súa obra, composta por máis de 45 libros e innumerables artigos xornalísticos, foi traducida ao inglés, francés, sueco, italiano, portugués, alemán, xaponés e danés. Obtivo o Premio Nacional de Ensaio en 1982, o X premio Anagrama de ensaio, o premio de ensaio "Mundo", o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo e foi finalista do Premio Planeta coa súa novela epistolar El jardín de las dudas, sobre un dos seus autores preferidos, Voltaire. De pensamento nos seus inicios afín ó de Friedrich Nietzsche (Panfleto contra el todo), débeselle por outra banda a tradución e divulgación no mundo hispánico da obra dun dos pensadores máis notables do nihilismo contemporáneo, Émile Michel Cioran.
Destaca polo seu interese en achegar a filosofía ós mozos, con obras como Ética para o meu fillo, un dos libros máis lidos de filosofía, Política para Amador ou Las preguntas de la vida; tamén defende a cultura popular por expresar a vitalidade xuvenil, desde as novelas de aventuras, os contos fantásticos, e os relatos de terror ó cómic e os xogos de rol.
Pensamento e estilo
editarSavater é un autor prolífico, que se define como un "filósofo de compañía", ó estilo dos philosophes franceses, non como un Filósofo académico e con maiúscula.
Confésase influído por Nietzsche, Cioran e Spinoza, entre outros. Nos setenta consideróuselle durante moito tempo discípulo de Agustín García Calvo, pero a partir de 1981 os seus camiños sepáranse ostensiblemente. A filosofía de Savater é ilustrada e vitalista; o seu estilo, polémico e iconoclasta; as súas opinións a miúdo con frecuencia navegan contra corrente.
Seguindo a Spinoza, propugna unha ética do querer en contraposición a unha ética do deber. Os seres humanos buscan de xeito natural a súa propia felicidade e a Ética axuda a clarificar esta vontade e mostrar as formas da súa realización. Xa que logo, a Ética non debe xulgar as accións por criterios abstractos e alleos á felicidade propia.
A súa filosofía política evolucionou desde o pensamento negativo libertario, antiprogresista, que mantivo nos setenta ó individualismo democrático, socialdemócrata, liberal e universalista da súa etapa posterior. O punto de inflexión do Savater novo ó maduro pode situarse en La tarea del heroe (1981), onde escribe: "fun un revolucionario sen ira; espero ser un conservador sen vileza". Tamén reflexionou sobre o papel das relixións nas sociedades democráticas actuais, propugnando un modelo de sociedade laica no seu sentido máis amplo, que axude a afrontar non só as formulacións teocráticos, «senón tamén os sectarismos identitarios de etnicismos, nacionalismos e calquera outro que pretenda someter os dereitos da cidadanía abstracta e igualitaria a un determinismo segregacionista».
Desde coordenadas primeiro libertarias e logo liberais, opúxose sempre ó nacionalismo en xeral: «O nacionalismo en xeral é imbecilizador, aínda que os hai leves e graves, os do seareiro do alirón e o que pon o coitelo na boca para matar. Hai xente sen coñecementos históricos, o nacionalismo aparva e algúns son virulentos. Afortunadamente en Cataluña a situación é diferente á do País Vasco, aínda que esa minoría é unha alarma que nos di que algo hai que facer. O nacionalismo é unha inflamación da nación igual que a apendicite é unha inflamación do apéndice.»
No terreo dos feitos, oponse a aqueles partidos que fan da exaltación patriótica o seu aceno principal de identidade. A súa evolución ideolóxica queda evidenciada pola polémica que mantivo co tamén filósofo vasco Javier Sádaba, con quen escribiu nos oitenta o libro titulado Euskadi: pensar el conflicto (Edic Libertarias, 1987) á vez que apoiaba coa súa sinatura a legalización de Herri Batasuna ata as posturas, por el mesmo definidas como antinacionalistas, que lle levaron a converterse nun dos referentes dun sector dos cidadáns de País Vasco opostos ó nacionalismo vasco, movemento ó que Savater considera excluínte, do século XIX e compracente co terrorismo etarra. Defínese como belixerante contra o nacionalismo vasco, e nin sequera vasquista, postura que cualifica de "amable bobada", aínda que sen renunciar á súa condición de vasco.
Na actualidade é un activo colaborador da asociación Ciudadanos de Cataluña.
Savater, defensor da Constitución Española, do estatuto de Gernika e da unidade do Estado (non como dogmas indiscutibles senón como opcións mellores que as que propón os seus adversarios), expresou en numerosas ocasións a súa oposición a todo tipo de nacionalismos, e o seu desexo de superalos en beneficio dun ideal de humanidade universal compartida, e traducido nun organismo gobernamental con autoridade mundial sobre os gobernos dos estados nacionais, e que servise para resolver as disputas e realizar os labores administrativos de utilidade común.
O estilo agudo, incisivo, e irónico de Savater apréciase de xeito máis evidente nos seus artigos xornalísticos, o xénero que máis lle gusta escribir.
Solicitou o boicot ás eleccións vascas de 2007 porque "non son limpas" nin "son realmente unhas eleccións democráticas" debido a ETA.[1]
Nos últimos meses colaborou activamente coa Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político de carácter nacional máis aló da tradicional parcelación política esquerdas-dereitas [1] xunto a coñecidos personaxes da vida pública como Rosa Díez, co fin de presentarse como alternativa aos dous partidos nacionais maioritarios en España PP e PSOE nas próximas eleccións xerais. Este partido creouse en setembro de 2007 co nome de Unión, Progreso y Democracia, sendo Fernando Savater, xunto con Rosa Díez, Albert Boadella e Mario Vargas Llosa, unha das persoas que interviñeron na súa presentación.
Críticas
editarAs súas opinións críticas sobre todo en relación ó nacionalismo vasco situaron a Savater no medio de frecuentes polémicas. Estivo ameazado de morte pola organización terrorista ETA e viviu protexido por escolta. No plano intelectual, acotío foi atacado en España polos nacionalistas periféricos, especialmente polos vascos, que o acusan de ser nacionalista do bando contrario, españolista e centralista.
Tamén foi criticado puntualmente polo Foro de Ermua, organización na que participou activamente, pola súa postura inicialmente favorable ó Goberno na súa iniciativa de dialogar con ETA, posición que máis adiante modificou. Tamén lle supuxo críticas a súa postura favorable ó laicismo e á liberdade de decisión individual en temas coma o aborto e a eutanasia.
Obras
editar- Nihilismo y acción (1970)
- La filosofía tachada (1970)
- Apología del sofista y otros sofismas (1973)
- Ensayo sobre Cioran (1974)
- Escritos politeístas (1975)
- De los dioses y del mundo (1975)
- La infancia recuperada (1976)
- La filosofía como anhelo de la revolución (1976)
- Apóstatas razonables (1976)
- Para la anarquía y otros enfrentamientos (1977)
- La piedad apasionada (1977)
- Panfleto contra el Todo (1978)
- Nietzsche y su obra (1979)
- El estado y sus criaturas (1979)
- Criaturas del aire (1979)
- Caronte aguarda (1981)
- La tarea del héroe (1981; Premio Nacional de Ensaio).
- Impertinencias y desafíos (1981)
- Invitación a la ética (1982)
- Sobre vivir (1983)
- Las razones del antimilitarismo y otras razones (1984)
- El contenido de la felicidad (1986)
- Euskadi: pensar el conflicto (1987; coescrito con Javier Sádaba)
- Ética como amor propio (1988)
- Último desembarco. El vente de Sinapia (1988)
- Humanismo impenitente (1990)
- La escuela de Platón (1991)
- Ética para o meu fillo (1991; traducido tamén ao catalán e o portugués)
- El valor de educar (1991).
- Política para Amador (1992)
- Sin contemplaciones (1993)
- El jardín de las dudas (1993)
- El contenido de la felicidad (1994)
- Semearentzako Etika (1996)
- La voluntad disculpada (1996)
- El juego de los caballos (1996; segunda edición)
- Malos y malditos (1997)
- Despierta y lee (1998)
- Loor a leer (Crisolín) (1998).
- La filosofía como anhelo de la revolución (1998; segunda edición)
- Diccionario filosófico (1999)
- Las preguntas de la vida (1999)
- La aventura africana (1999)
- Idea de Nietzsche (2000)
- Pour l'education (2000)
- A rienda suelta (2000)
- Perdonen las molestias: Crónica de una batalla sin armas contra las armas (2001)
- A caballo entre milenios (2001)
- Caronte aguarda (2001)
- El dialecto de la vida (2002)
- Pensamientos arriesgados (2002)
- El contenido de la felicidad (2002)
- Palabras cruzadas: Una invitación a la filosofía (2003)
- Mira por dónde. Autobiografía razonada (2003)
- Las preguntas de la vida (2003)
- Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003)
- El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y ¿progresismo? (2004)
- Los diez mandamientos en el siglo XXI (2004)
- La libertad como destino (2004)
- El valor de elegir (2004; traducido ao catalán)
- Criaturas del aire (2004)
- El gran laberinto (2005)
- Los siete pecados capitales (2005)
- Jorge Luis Borges
- Contra las patrias
- Ética y ciudadanía
- Episodios pasionales
- Enseñando a vivir
- La vida eterna (2007)[2]
Notas
editar- ↑ "Savater aboga por "boicotear" los comicios en Euskadi y suspender el Parlamento hasta la entrega de armas". www.lavanguardia.com. 06-04-2007. Consultado o 19-12-2018.
- ↑ "La vida eterna (Fernando Savater)". factorhumano.wordpress.com. 04-04-2007. Consultado o 19-12-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Savater |
Ligazóns externas
editar- "No fui a la cárcel por heroico sino por tonto". Entrevista a Fernando Savater
- Encontro dixital con Savater en El Mundo
- Fernando Savater.