Fibrose pulmonar é unha entidade que pode ser producida por moitas enfermidades, e que se caracteriza pola progresiva substitución do tecido pulmonar normal por tecido conectivo. En análises radiolóxicas pódese observar a presenza de cicatrices nos pulmóns. De forma progresiva, os alvéolos son substituídos por tecido fibrótico. Ao se formar a cicatriz, o tecido tórnase máis groso, causando unha perda irreversíbel da capacidade de intercambio de gases que diminúe progresivamente a oxixenación tisular xeral. A formación de tecido cicatricial no tecido conectivo pulmonar pode complicarse até o punto de aparecer un infarto pulmonar, un absceso ou bronquiectasia.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
  NODES
todo 1