Filariose
A filariose constitúe un grupo de enfermidades parasitarias nos humanos e en animais, polo xeral tropicais, causada pola infestación de filarias,[1] nematodos da orde dos espirúridos, superfamilia dos filarioideos, que son transmitidos en forma de larvas ou microfilaria aos vertebrados por un artrópodo, xeralmente mosquitos das familias dos culícidos ou dos flebotómidos, ou por moscas da familia dos tabánidos, despois do cal as larvas localízanse en lugares adecuados para convertérense en adultos.[2]
Filariose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
MedlinePlus | filariasis |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Historia
editarPénsase que a filariose linfática fixo sufrir aos humanos desde hai 1 500 a 4 000 anos, pero a data precisa da súa orixe é descoñecida. A primeira referencia clara da enfermidade aparece na literatura da Grecia antiga, cando os especialistas daquela discutían o diagnóstico da filariose linfática en comparación co diagnóstico de síntomas similares que presentaba a lepra.
A primeira documentación dos síntomas ocorreu no século XVI, cando Jan Huygen Linschoten escribiu sobre a enfermidade na súa exploración de Goa. Pouco despois, a exploración doutras zobas de Asia e África deron lugar a reportes sintomáticos adicionais. Pero non foi senón até séculos posteriores cando se desenvolveu un mellor entendemento do ciclo da enfermidade.
En 1866 Timothy Lewis, traballando sobre a obra de Jean-Nicolas Demarquay e Otto Henry Wucherer, fixo a conexión entre as microfilarias e a elefantíase, comezando unha investigación quepor último, levou á explicación da parasitose. Pouco despois, en 1876, Joseph Bancroft descubriu a forma adulta do verme e, finalmente, en 1877, o seu ciclo de vida, incluíndo o artrópodo vector, que xa fora teorizado por Patrick Manson, quen procedeu a demostrar a presenza do verme nos mosquitos. Manson, incorrectamente, fixo a hipótese de que a enfermidade transmitíase por contacto coa pel e a auga onde os mosquitos depositaban seus ovos. No ano 1900 George Carmichael Low determinou o método de transmisión real ao descubrir a presenza do verme na probóscide do mosquito vector.[3]
Notas
editar- ↑ filariose no Dicionario da RAG.
- ↑ Center for Disease Control and Prevention. "Lymphatic Filariasis". Consultado o 25 de febr eiro de 20210.
- ↑ "Lymphatic Filariasis Discovery". web.stanford.edu. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazón externa
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|