Fluído corporal
Os fluídos corporais ou biofluídos son líquidos orixinados no interior do corpo das persoas vivas. Comprenden os fluídos que son excretados ou segregados do corpo e a auga corporal.
O compoñente predominante nos fluídos corporais é a auga. Aproximadamente do 60 ao 65% do corpo é auga, que está contida dentro das células (fluído intracelular) e o outro 35 a 40% está fóra das células (fluído extracelular), e este último comprende o fluído que está nos tecidos entre as células (fluído intersticial), a linfa e o sangue. Hai aproximadamente de 6 a 10 litros de linfa no corpo, e de 3,5 a 5 litros de sangue.[1]
Lista de fluídos corporais
editar- Ácido gástrico, é ácido clorhídrico segregado polas células oxínticas ou parietais da parede do estómago
- Bágoas, segregadas polas glándulas lacrimais para protexer o ollo
- Bile, segregada polo fígado, almacenada na vesícula biliar e vertida ao duodeno, que axuda a dixerir as graxas
- Cerume ou cera dos oídos
- Endolinfa e perilinfa do oído interno
- Esmegma, segregado na parte externa do pene entre glande e prepucio.
- Esputo, moco procedente das vías aéreas inferiores
- Exsudados, segregados por poros ou feridas
- Exaculado feminino, líquido expulsado durante o orgasmo das mulleres en certas ocasións
- Feces, que poden ser moi líquidas en caso de diarrea
- Humor acuoso e humor vítreo do ollo
- Leite, líquido con que alimentan as crías os mamíferos
- Linfa circula dentro dos vasos do sistema linfático
- Líquido amniótico, que rodea o feto
- Líquido cefalorraquídeo que rodea o sistema nervioso central
- Líquido pericárdico, que rodea ao corazón e está dentro do pericardio
- Líquido peritoneal, líquido formado na cavidade abdominal para lubricar a superfice dos tecidos que tapizan as paredes abdominal e pélvica e cobren a maioría dos órganos do abdome.
- Líquido pleural dos pulmóns
- Líquido sinovial nas articulacións
- Moco (inclúe a drenaxe nasal e as flegmas)
- Plasma sanguíneo, é a parte líquida do sangue (sen células), e se non contén a proteína coagulante fibrina chámase soro sanguíneo
- Pus, líquido con residuos resultantes de infeccións
- Quilo, alimento totalmente dixerido na parte final do intestino delgado que pasa aos vasos linfáticos intestinais
- Quimo, alimento parcialmente dixerido que pasa do estómago ao duodeno
- Remelas ou lagañas dos ollos, formadas nas comisuras das pálpebras por secreción glandular
- Saliva, formada no caso humano por un 98% de auga, pero tamén contén sales, electrólitos, encimas e outras proteínas con función lubricante e encimática
- Sebo, graxa da pel producida polas glándulas sebáceas
- Seme, formado principalmente polas secrecións das glándulas prostática e seminais; só unha pequena fracción do volume do seme está ocupado polos espermatozoides
- Secreción vaxinal, serve de lubricación
- Suor segregado polas glándula sudorípara sobre a pel
- Urina, eliminada polos riles e formada por auga, sales, urea e outros residuos
- Vómito, é o líquido estomacal expulsado
- Zume gástrico, fluído dixestivo formado no estómago
Clasificándoos por tipos distinguimos os seguintes:
- Fluído intracelular
- Fluído extracelular
- Fluído intravascular (plasma sanguíneo)
- Fluído intersticial
- Fluído linfático (ás veces incluído dentro do fluído intersticial)
- Fluído transcelular
En plantas: Dentro das plantas circulan os zumes bruto e elaborado dentro dos vasos do xilema e floema, respectivamente. Os fluídos que expulsan denomínanse exsudados.
Saúde
editarEn medicina os fluídos corporais poden servir para transmitir moitas doenzas. Ademais, as análises de mostras de fluídos corporais son moi importantes para o diagnóstico. As prácticas médicas, sanitarias e de hixiene modernas tratan os fluídos corporais como potencialmente contaminados.[2][3]
As mostras de fluídos corporais obtéñense xeralmente por algúns destes métodos:
- Mostras de sangue para análise de sangue, que pode ser:
- Punción lumbar para extraer unha mostra de líquido cefaalorraquídeo
- Toracocentese para extraer fluído pleural
- Amniocentese para tomar mostras de fluído aminiótico.
Teoría humoral
editar- Artigo principal: Patoloxía humoral.
Na ciencia médica anterior aos tempos modernos consideraba, xa desde a medicina hipocrática grega da Antigüidade, que os desequilibrios entre os fluídos corporais eran a causa das enfermidades e tamén orixinaban os catro temperamentos, que segundo o romano Galeno eran: colérico, flemático, sanguíneo e melancólico. Estes fluídos, chamados humores, eran: bile (bile amarela), atrabile (bile negra), flegma e sangue. A medicina ayurvédica india tamén fala de humores corporais.
Notas
editar- ↑ "Lymphatic Congestion - Symptoms, Diagnosis, Treatment and Information". Diagnose-me.com. Consultado o 2012-11-14.
- ↑ Packaging Guidelines for Clinical Samples - Retrieved 7 August 2014.
- ↑ specimen - www.thefreedictionary.com. Retrieved 7 August 2014
- Paul Spinrad. (1999) The RE/Search Guide to Bodily Fluids. Juno Books. ISBN 1-890451-04-5
- John Bourke. (1891) [sic] Rites of All Nations. Washington, D.C.: W.H. Lowdermilk.