O folículo piloso é un órgano que se encontra na pel dos mamíferos, de onde nacen os pelos.[1] Encóntrase na capa dérmica da pel e está constituído por ata 20 tipos celulares, cada un con distinta función. O folíuclo piloso regula o crecemento do pelo por medio de complexas interaccións entre hormonas, neuropéptidos e células inmunes.[1] Esta complexa interacción induce que o folículo piloso produza os diferentes tipos de pelos ou cabelos que crecen nas distintas partes do corpo. Por exemplo, o crecemento de cabelos terminais no coiro cebeludo e de pelos de lanugo que cobren o corpo do feto no útero e nalgúns bebés ao naceren.[1] O proceso do crecemento do pelo ocore por medio de distintas etapas secuenciais. A primeira etapa chámaxe anáxena e é a fase de crecemento activa, a telóxena é a fase de repouso, a catáxena é a regresión da fase de folículo piloso, a exóxena é a fase de caída activa de pelo e, finalmente, a quenóxena é a fase entre o folículo piloso baleiro e o crecemento de novo pelo.[1]

Folículo piloso
Folículo piloso
Fotografía de pelos dun brazo humano saíndo de folículos
Latín Folliculus pili
Sistema Sistema tegumentario
Arteria Supratroclear, supraorbital, temporal superficial, occipital
Vea temporal superficial, auricular posterior, occipital
Nervio(s) Supratroclear, supraorbital, occipital maior, occipital menor
Linfa Occipital, mastoide

A función dos pelos humanos interesou desde longo tempo e continúa sendo un asunto importante na sociedade, bioloxía do desenvolvemento e medicina. De entre todos os mamíferos, os humanos teñen a fase de crecemento dos cabelos do coiro cabeludo máis longa en comparación co crecemento do pelo noutras partes do corpo.[1] Durante séculos, os humanos déronlle unha importancia estética aos cabelos e estilo de corte de pelo e peiteado e a miúdo é unha forma de comunicación social ou de normas culturais da sociedade. Ademais do seu papel en definir a aparencia humana, os cabelos do coiro cabeludo tamén proporcionan potección conta os raios UV do sol e son un illante fronte o frío ou calor extremos.[1] As diferenzas na forma dos folículos pilosos do coiro cabeludo determinan as diferenzas étnicas observadas na aparencia, lonxitude e textura do cabelo.

Existen moitas enfermidades humanas nas cales as anormalidades no aspecto, textura e crecemento do pelo son signos de enfermidades locais dos folículos pilosos ou de enfermidades sistémicas. Entre as enfermidades máis coñecidas dos folículso pilosos están a alopecia ou perda de pelo, hirsutismo ou exceso de crecemento de pelo e lupus eritematoso.[2]

Estrutura

editar
 
Estrutura dun folículo piloso.

A posición e distribución de folículos pilosos cambia segundo a parte do corpo. Por exemplo, a pel das palmas das mans e plantas dos pés non ten folículos pilosos, mentres que a pel de tórax e abdome e o coiro cabeludo, antebrazos, pernas e xenitais teñen abundantes folículos pilosos.[1] Hai moitas estruturas que constitúen o folículo piloso. Anatomicamente, a tríade constituída polo folículo piloso, a glándula sebácea e o músculo erector do pelo conforman a chamada unidade pilosebácea.[1]

Un folículo piloso consta de:

  • A papila é un grande estrutura na base do folículo piloso.[3] Está formada principalmente por tecido conectivo e un bucle capilar.
  • Arredor da papila está a matriz do pelo.
  • Unha vaíña da raíz composta por unha vaíña externa e outra interna. A vaíña da raíz externa parece baleira con células cuboides cando se tinguen con hematoxilina-eosina. A vaíña da raíz interna está composta por tres capas: capa de Henle, capa de Huxley e unha cutícula interna que se continúa coa capa máis externa da fibra do cabelo.
  • A protuberancia localízase na vaíña da raíz externa no punto de inserción do músculo erector do pelo. Alberga varios tipos de células nai, que fornecen de novas células a todo o folículo piloso e toman parte na curación da epiderme despois dunha ferida.[4][5] As células nai expresan o marcador LGR5+ in vivo.[6]

Outras estruturas asociadas co folículo piloso son a copa na cal o folículo crece chamada infundíbulo,[7] os músculos erectores dos pelos, as glándulas sebáceas, e as glándulas sudoríparas apócrinas. Os receptores do folículo piloso senten a posición do pelo.

Adherida ao folículo hai unha pequena protuberancia de fibra muscular chamada erector do pelo. Este músculo é responsable de poñer o pelo en posición máis perpendicular (erecto) á superficie da pel, e causa que o folículo faga unha lixeira protrusión sobre a pel que a rodea (piloerección) e un poro que contén aceite cutáneo. Este proceso ten como resultado que se nos pon pel de galiña.

Tamén unida ao folículo piloso está unha glándula sebácea, que produce unha substancia aceitosa ou cérea, o sebo. Canto maior é a densidade de pelos, máis glándulas sebáceas se encontran.

Variación

editar

Hai diferenzas étnicas nalgunhas das características do pelo. As diferenzas en aparencia e textura do pelo débense a moitos factores: a posición do bulbo do pelo en relación co folículo piloso, tamaño e forma da paila dérmica e a curvatura do folículo piloso.[1] Os folículos do coiro cabeludo en caucasianos son de forma elíptica e, por tanto, producen pelo recto ou ondulado, mentres que o pelo do coiro cabeludo de persoas de ascendencia africana é máis curvo, o que ten como resultado o crecemento de pelo fortemente rizo.[1]

Características do pelo terminal do coiro cabeludo por etnia[1]
etnia diámetro

(micrómetro)

forma da sección transversal aspecto
caucasiana de pelo loiro 40–80 elíptica recto ou ondulado
caucasiana de pelo marrón escuro/negro/vermello 50–90 elíptica recto ou ondulado
africana 60–100 elíptica e con forma de fita rizo
asiática 80–100 circular recto
Características do pelo terminal do coiro cabeludo por taxon [8][9]
animal diámetro

(micrómetros)

forma da sección transversal aspecto
Chimpancé 101-113 circular recto
Orangután 140-170 circular recto
Bisonte 110 circular recto

Desenvolvemento

editar

No útero o epitelio e o mesénquima subxacente do feto interacconan para formar os folículos pilosos.[10][11]

Envellecemento

editar

Un aspecto clave da perda de cabelo que ocorre coa idade é o envellecemento do folículo piloso. Normalmente, a renovación do folículo piloso mantense grazas ás células nai asociadas con cada folículo. O envellecemento do folículo piloso parece iniciarse por unha resposta celular sostida a danos no ADN que se acumulan nas células nai de renovación durante o envellecemento.[12] Esta resposta aos danos implica a proteólise do coláxeno de tipo XVII realizada polo encima elastase dos neutrófilos en resposta aos danos no ADN das células nai do folículo. A proteólise do coláxeno leva á elimianción das células danadas e despois á miniaturización do folículo do pelo terminal.

Crecemento do pelo

editar
Ciclo do folículo piloso
Folículo piloso
Artigo principal: Crecemento do pelo humano.

O pelo crece en ciclos que constan de varias fases:[13] A fase anáxena é a fase de crecemento; a catáxena é a fase de involución ou regresión; e a telóxena é a fase de repouso ou quiescente (nomes derivados dos prefixos gregos ana-, kata- e telos-, que significan arriba, abaixo e final, respectivamente). Cada fase ten varias subfases distinguibles morfolóxica e histoloxicamente. Antes de empezar o ciclo hai unha fase de morfoxénese folicular (formación do folículo). Distínguese tamén unha fase de caída ou exóxena, que é independente da anáxena e telóxena, na que existen un ou varios pelos que se poderían orixinar a partir dun só folículo. Normalmente ata o 90% dos folículos pilosos están en fase anáxena, mentres que o 10–14% están en fase telóxena e 1–2% na catáxena. A lonxitude do ciclo varía en diferentes partes do corpo. No caso dos pelos das cellas, o ciclo complétase arredor de 4 meses, mentres que nos cabelos do coiro cabeludo tarda en finalizar de 3 a 4 anos; esta é a razón pola cal as cellas teñen unha lonxitude moito máis curta comparadas cos cabelos. Os ciclos de crcemento están controlados por un sinal quimico como é o factor de crecemento epidérmico. O DLX3 é un regulador crucial da diferenciación do folículo piloso e do seu ciclo.[14][15]

Fase anáxena

editar

A anáxena é a fase de crecemento activo dos folículos pilosos[16] durante a cal a raíz do pelo está dividíndose acivamente, aumentando o talo do pelo. Durante esta fase o pelo crece aproximadamente 1 cm cada 28 días. Os cabelos do coiro cabeludo permanecen nesta fase de crecemento activo durante de 2 a 7 anos; este período está determinado xeneticamente. Ao final da fase anáxena un sinal descoñecido causa que o folículo pase á fase catáxena.

Fase catáxena

editar

A fase catáxena é unha etapa de transición curta que ocorre ao final da fase anáxena.[17] Indica o final da fase de crecemento activo do pelo. Esta fase dura unhas dúas ou tres semanas. O folículo encóllese e a parte do folículo en contacto coa porción inferior do pelo despégase. Este proceso corta a subministración de sangue ao pelo e ademais déixase de producir melanina. Cando este pelo está completamente formado, un proceso que dura unhas dúas semanas, o folículo piloso entra na fase telóxena.

Fase telóxena

editar

A fase telóxena é a fase de repouso do flículo piloso.[18] Cando o corpo está suxeito a un grande estrés, ata o 70 % do pelo pode entrar prematuramente en fase telóxena e empeza a caer, causando unha perda de pelo evidente. Esta condición denomínase efluvio telóxeno.[19] O pelo que é o produto final da fase telóxena do folículo é un pelo morto, totalmente queratinizado.[10] Diariamente caen de 50 a 100 cabelos.[10]

Escala temporal

editar
  • Cabelos do coiro cabeludo: o tempo que duran estas fases varía de persoa a persoa. As diferentes cores de pelo e forma dos folículos afecta á duración destas fases.
    • Fase anáxena, de 2 a 8 anos (por veces máis longa)
    • Fase catáxena, 2–3 semanas
    • Fase telóxena, arredor de 3 meses
  • Cellas:
    • Fase anáxena, de 4–7 meses
    • Fase catáxena, 3–4 semanas
    • Fase telóxena, uns 9 meses

Importancia clínica

editar

Enfermidades

editar

Hai moitas enfermidades humanas nas que se observan alteracións no aspecto normal, textura e crecemento do pelo, o cal é signo de enfermidade local no folículo piloso ou enfermidade sistémica. Entre as máis coñecidas están a alopecia, o hirsutismo ou exceso de crecemento do pelo e o lupus eritematoso.[2] Por tanto, comprender a función do folículo piloso normal é fundamental para diagnosticar e tratar moitas doenzas dermatolóxicas e sistémicas con anormalidades no pelo.[2]

Restauración do pelo

editar

Nos folículos pilosos baséanse os dous principais métodos de transplante de pelo na restauración do pelo, que son o transplante de unidade folicular e a extracción de unidade folicular. En cada un destes métodos, extráense grupos naturais dun a catro pelos, chamados unidades foliculares, do paciente no que se vai facer a restauración e despois implántanse cirurxicamente na zona calva do coiro cabeludo do paciente, coñecida como área receptora. Estes folículos extráense de áreas doantes do coiro cabeludo, ou doutras partes do corpo, que son normalmente resistentes aos efectos de miniaturización da hormona DHT. É esta miniaturización do talo do pelo o que é o principal indicador preditivo da alopecia androxénica,[20] xeralmente denominada calvicie masculina ou perda de pelo masculina. Cando se transplantan estes folículos resistentes á DHT á área receptora, continúa crecendo pelo no se ciclo normal, o que proporciona ao paciente en restauración un pelo permanente que crece naturalmente. Máis do 60% dos homes e un 10% das mulleres sofren de perda de cabelo.[21]

Mentres que o transplante de pelo xa se iniciou na década de 1950,[22] e o cultivo de folículos pilosos humanos extraídos in vitro data de inicios da década de 1980,[23] o uso do transplante de unidades foliculares individuais non se introduciu ata 1995.[24]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Hair growth and disorders. Blume-Peytavi, Ulrike. Berlin: Springer. 2008. ISBN 9783540469117. OCLC 272298782. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gilhar, Amos; Etzioni, Amos; Paus, Ralf (2012-04-19). "Alopecia areata". The New England Journal of Medicine 366 (16): 1515–1525. ISSN 1533-4406. PMID 22512484. doi:10.1056/NEJMra1103442. 
  3. Pawlina, Wojciech; Ross, Michael W.; Kaye, Gordon I. (2003). Histology: a text and atlas: with cell and molecular biology. Hagerstown, Maryland: Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 978-0-683-30242-4. 
  4. Ma DR; Yang EN; Lee ST (2004). "A review: the location, molecular characterisation and multipotency of hair follicle epidermal stem cells". Ann. Acad. Med. Singap. 33 (6): 784–8. PMID 15608839. 
  5. Cotsarelis G (2006). "Epithelial stem cells: a folliculocentric view". J. Invest. Dermatol. 126 (7): 1459–68. PMID 16778814. doi:10.1038/sj.jid.5700376. 
  6. Lin, K. K.; Andersen, B. (2008). "Have Hair Follicle Stem Cells Shed Their Tranquil Image?". Cell Stem Cell 3 (6): 581–582. PMID 19041772. doi:10.1016/j.stem.2008.11.005. 
  7. "Histologic Diagnosis of Inflammatory Skin Diseases, Chapter 1. Embryologic, Histologic, and Anatomic Aspects". Derm101.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2020. 
  8. Chernova, Olga (May 2014). "Scanning electron microscopy of the hair medulla of orangutan, chimpanzee, and man". Journal of Biological Sciences 456 (1): 199–202. PMID 24985515. doi:10.1134/S0012496614030065. 
  9. S.V, Kshirsagar (July 2009). "Comparative Study of Human and Animal Hair in Relation with Diameter and Medullary Index" (PDF). Indian Journal of Forensic Medicine and Pathology 2 (3). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2021. Consultado o 04 de xaneiro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Paus R; Cotsarelis G (August 1999). "The biology of hair follicles". N. Engl. J. Med. 341 (7): 491–7. PMID 10441606. doi:10.1056/NEJM199908123410706. 
  11. "Hair Follicle". 2017-11-27. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 06 de xuño de 2020.  Wednesday, 19 December 2018
  12. Matsumura H, Mohri Y, Binh NT, Morinaga H, Fukuda M, Ito M, Kurata S, Hoeijmakers J, Nishimura EK (2016). "Hair follicle aging is driven by transepidermal elimination of stem cells via COL17A1 proteolysis". Science 351 (6273): aad4395. PMID 26912707. doi:10.1126/science.aad4395. 
  13. K. S. Stenn & R. Paus (1 January 2001). "Controls of Hair Follicle Cycling". Physiological Reviews 81 (1): 449–494. PMID 11152763. doi:10.1152/physrev.2001.81.1.449.  (comprehensive topic review, successor to landmark review of 1954 by HB Chase)
  14. Hwang, J.; Mehrani, T.; Millar, S. E.; Morasso, M. I. (2008). "Dlx3 is a crucial regulator of hair follicle differentiation and cycling". Development 135 (18): 3149–3159. PMC 2707782. PMID 18684741. doi:10.1242/dev.022202. 
  15. Park, G. T.; Morasso, M. I. (2002). "Bone morphogenetic protein-2 (BMP-2) transactivates Dlx3 through Smad1 and Smad4: Alternative mode for Dlx3 induction in mouse keratinocytes". Nucleic Acids Research 30 (2): 515–522. PMC 99823. PMID 11788714. doi:10.1093/nar/30.2.515. 
  16. Brannon, Maryland, Heather. "Anagen Phase". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 2007-11-14. 
  17. Brannon, Maryland, Heather. "Categen Phase". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 2007-11-14. 
  18. Brannon, Maryland, Heather. "Telogen Phase". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 2007-11-14. 
  19. S Malkud (1 September 2015). "Telogen Effluvium: A Review.". J Clin Diagn Res 9 (9): WE01–3. PMC 4606321. PMID 26500992. doi:10.7860/JCDR/2015/15219.6492. 
  20. Bernstein RM; Rassman WR (September 1997). "Follicular transplantation. Patient evaluation and surgical planning". Dermatol Surg 23 (9): 771–84; discussion 801–5. PMID 9311372. doi:10.1111/j.1524-4725.1997.tb00417.x. 
  21. "What Is Clarifying Shampoo & Does Your Hair Need It?". Mapleholistics.com. 2017-06-29. Consultado o 2019-06-03. 
  22. Orentreich N (November 1959). "Autografts in alopecias and other selected dermatological conditions". Ann. N. Y. Acad. Sci. 83 (3): 463–79. PMID 14429008. doi:10.1111/j.1749-6632.1960.tb40920.x. 
  23. Wells J; Sieber VK (December 1985). "Morphological characteristics of cells derived from plucked human hair in vitro". Br. J. Dermatol. 113 (6): 669–75. PMID 2420350. doi:10.1111/j.1365-2133.1985.tb02402.x. 
  24. Bernstein RM; Rassman WR; Szaniawski W; Halperin A (1995). "Follicular Transplantation". Intl J Aesthetic Restorative Surgery 3: 119–32. ISSN 1069-5249. OCLC 28084113. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 2
Todos 3