Folión de Fachas

O Folión de Fachas é unha festa que se celebra o último venres de setembro no lugar da Besta (Vilelos, O Saviñao). Está na liña do Folión de Castelo, tamén coñecido como Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, e coa Festa dos Fachós de Castro Caldelas.

Os folións de fachas eran comúns nas vésperas de festa na Ribeira Sacra, ademais doutras celebracións como Os Remedios na cidade de Ourense, por Allariz e na Merca [1]. Destaca o Folión de Vilelos por ser o que mellor conserva a tradición de subir, en procesión, con fachas con lume o castro do lugar.

Agucio seco.

Nas semanas previas os veciños percorren os soutos á procura de agucios secos, destinados á elaboración das fachas. Estas lévanse o día indicado ao campo da festa. Á media noite préndenlles lume e ascenden con elas ata a croa do castro.

  1. Vázquez, X. M., (2014). Etnografía da Ribeira Sacra.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
mac 1
os 18
todo 1
web 1