Fonte máxica de Montjuïc
(Redirección desde «Font màgica de Montjuïc»)
A Fonte máxica de Montjuïc (en catalán: Font màgica de Montjuïc),[1] ou sinxelamente chamada Fonte de Montjuïc, atópase na praza de Carles Buïgas, no distrito de Sants-Montjuïc, Barcelona.
É o elemento principal dun conxunto de xogos de luz e auga que se desenvolve en todo o eixo dende o Palau Nacional até a Plaça d'Espanya, que inclúe fervenzas e estanques e, na parte inferior, ringleiras de columnas luminosas a ámbolos lados da avenida, hoxe en día substituídas por surtidores iluminados de proporcións semellantes e de mantemento máis doado.
Notas
editar- ↑ Jaume Fabre, Josep M. Huertas e Inmaculada Julián. "Fuente Mágica. Fuente luminosa". Consultado o 3 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Bibliografía
editar- Buigas Sans, Carlos (1978). La fuente. Barcelona: Marte. ISBN 84-7249-178-1.
- Tatjer, Joan (1998). L'enginy de Carles Buigas (1898-1979). Barcelona: Ajuntament de Barcelona - Agbar.