Formula One Group

O Formula One Group é o grupo de empresas encargadas da promoción do campionato mundial de Fórmula 1 da FIA e a explotación dos dereitos comerciais deste deporte.[1] O grupo é propiedade en última instancia de Delta Topco, unha empresa con sede en Jersey propiedade do fondo común de investimentos CVC Capital Partners (70%) e JPMorgan (aproximadamente o 20%). O trust formado pola familia de Bernie Ecclestone é a propietaria do resto, á parte de pequenas accións en mans dos asesores financeiros e do mesmo Ecclestone.[2]

Bernie Ecclestone, conselleiro delegado do FOM e a FOA

"Formula One group" refírese estritamente a Formula One Management, Formula One Administration e Formula One Licensing BV,[3] que son filiais da sociedade de carteira Formula One Holdings. Con todo, Delta Topco posúe outros negocios na Fórmula Un.

Historia

editar

En 1974, a Asociación de Construtores de Fórmula Un, ou FOCA, fundouse co fin de incrementar a organización comercial da Fórmula Un para o beneficio dos equipos de carreiras. En 1978, Bernie Ecclestone, converteuse en executivo da FOCA e loitou contra a Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA) para o control dos dereitos comerciais de F1. As disputas resolvíanse en marzo de 1981, cando o Acordo da Concordia deu a FOCA o dereito de negociar os contratos de televisión. En virtude de acordos anteriores, os contratos de televisión non eran moi lucrativos e eran perigosos. Cando o Acordo da Concordia terminou en 1987, Bernie Ecclestone, deixou de ser propietario dun equipo e fundou a Formula One Promotions and Administration (FOPA), para xestionar os dereitos de televisión para os equipos. A FOPA máis tarde sería coñecida como Formula One Management (FOM). A FOPA recibiu o 49% dos ingresos de TV, os equipos o 1%, e o 50% restante foi para a FIA. A FOPA, recibiu todos os honorarios pagados polos promotores. A cambio a FOPA pagou premios aos equipos. Actualmente a FOA se queda un 23% dos beneficios televisivos. O 77% restante repartese un 47% para os equipos participantes, e un 30% para a FIA.

En 1995, a FIA decidiu outorgar os dereitos comerciais da F1 a Formula One Administration (xestionados polo FOM) para un período de 14 anos. A cambio, Ecclestone proporcionaría un pago anual. Co FOM tendo os dereitos exclusivos de equipos tan populares como McLaren, WilliamsF1 e Tyrrell Racing, os equipos antes mencionados protestaron rexeitando o seguinte Acordo da Concordia en 1997. McLaren, WilliamsF1, Scuderia Ferrari e Renault F1, fundaron GPWC Holdings e ameazaron formar unha franquícia de carreiras rival en 2008, cando o seu contrato terminou en 2007.

Ecclestone vende accións da F1

editar

SLEC Holdings, foi creada como unha sociedade holding de empresas da Fórmula Un en 1996, cando Bernie Ecclestone transferiu a súa propiedade das súas empresas de Fórmula Un á súa esposa, Slavica Ecclestone, na preparación dunha emisión do grupo en 1997.[4]

En outubro de 1999 Morgan Grenfell Private Equity (MGPE) adquiriu o 12,5% de SLEC por 234 millóns de £.[5] En febreiro de 2000 Hellman and Friedman comprou unha participación do 37,5% de SLEC por 625 millóns de £ e combinada coa de MGPE formaron Speed Investments, polo tanto tiñan unha participación combinada do 50% de SLEC.[5][6] O 22 de marzo de 2000 a empresa alemá de medios EM.TV & Merchandising comprou Speed Investments por mil cen millóns de £.[7]

A adquisición causoulle a EM.TV dificultades financeiras, tras o anuncio de que os seus ingresos de 2000 serían inferiores ás expectativas e que estaba loitando coas súas débedas, o prezo da acción caeu o 90%.[8] En febreiro, o Kirch Group acordou rescatar a EM.TV a cambio dunha participación na compañía e o control de Speed Investments. As dúas compañías tamén acordaron exercer a opción de EM.TV para comprar o outro 25% de SLEC por aproximadamente 600 millóns de £ a finais de marzo de 2001.[9] Para aumentar a cota de Speed Investments en SLEC ao 75%. Kirch pediu un prestamo de 1600 millóns de €, 1 mil millóns ó Bayerische Landesbank e o resto a Lehman Brothers e JPMorgan Chase.[10] A participación de Kirch suscitou preocupación entre os principais fabricantes de motores que compiten na Fórmula Un, BMW, DaimlerChrysler, Fiat, Ford e Renault formaron GPWC Holding BV para asegurar unha mellor representación dos fabricantes na F1 , a mellora das condicións financeiras dos equipos, a estabilidade do campionato, e o mantemento de emisión en aberto da cobertura televisiva.[10]

Como consecuencia SLEC foi controlado por Kirch, que polo tanto, controlaba o consello de Formula One Holdings (FOH). Debido ás enormes perdas e os gastos enormes, os acredores de Kirch levaron á empresa á suspensión de pagos en 2002. Os bancos desmantelaron o grupo. A participación de Kirch en SLEC foi retido por Bayerische Landesbank, JPMorgan Chase e Lehman Brothers (a través de Speed Investments).

Antes de que puidesen exercer os seus dereitos como accionista tiñan que solicitar a autorización da Comisión Europea. No período intermedio Ecclestone instituíu cambios nas xuntas directivas de SLEC, FOH, Formula One Administration (FOA) e Formula One Management (FOM), que como resultado, deu o control desas empresas a Bambino Holdings.

A mediados de novembro de 2004, os tres bancos demandaron a Ecclestone para ter un maior control sobre o deporte, o que provocou especulacións de que Ecclestone podería perder todo o control que mantivo durante máis de trinta anos. Unha audiencia de dous días comezou o 23 de novembro, pero despois de que o proceso terminara, o xuíz Andrew Park anunciou a súa intención de reservase o fallo durante varias semanas. O 6 de decembro de 2004, Park leu o seu veredicto, sinalando que "no seu xuízo, está claro que as reclamacións de Speed son correctas e que polo tanto, (Ecclestone) debe atender o que se lle solicita".[11] Con todo, Ecclestone insistiu en que o veredicto - visto case universalmente como un golpe legal ao seu control da Fórmula Un - non significa "nada en absoluto". El manifestou a súa intención de apelar a decisión.[12]

Ao día seguinte, nunha reunión de xefes de equipo no aeroporto de Heathrow de Londres, Ecclestone ofreceu aos equipos un total de 260 millóns de £ en tres anos a cambio da renovación unánime do Acordo da Concordia, que expiraría en 2008.[13] Semanas máis tarde, Gerhard Gibkowsky, membro do Consello de Bayerische Landesbank e o presidente de SLEC, declarou que os bancos non tiñan ningunha intención de quitar Ecclestone da súa posición de control.[14]

Adquisición de CVC

editar

En novembro de 2005 CVC Capital Partners anunciou que ía adquirir o 25% e o 48% das accións de Bambino e Bayerische Landesbank en SLEC e adquiriu as accións de JPMorgan Chase en decembro de 2005. Este acordo recibiu a aprobación pola Comisión Europea o 21 de marzo de 2006 e finalizou o 28 de marzo. Ecclestone utilizou os ingresos da venda da participación en Bambino Holdings para investir en Alpha Prema para dar á familia Ecclestone unha participación non especificada en Alpha Prema[15] O 30 de marzo de 2006 CVC comprou a participación dun 14,1% de SLEC en poder de Lehman Brothers para dar Alpha Prema o control total de Formula One Group.

Empresas do grupo

editar

Formula One Group está controlado polos seus accionistas a través do holding Delta Topco,[16][17] que a través dunha serie de sociedades de carteira rexistradas no Reino Unido, Illa de Jersey e Luxemburgo controla a sociedade SLEC Holdings, propietario directo da Formula One Group.[18] Formúla One Group está composto por varias filiais, que controlan os distintos dereitos, a xestión e as operacións de concesión de licenzas do Campionato do Mundo de Fórmula Un.[19]

Os dereitos comerciais da Fórmula Un son controlados pola Formula One World Championship Ltd. (FOWC), que recibiu os dereitos da Fórmula Un durante un período de 100 anos da FIA.[18][20] O control dos deritos por Formula One World Championship comezou desde o inicio de 2011,[18] que os recibiu da súa compañía irmá Formula One Administration, que controlou os dereitos por un período de 14 anos desde 1996.[19] FOWC, como titular dos dereitos comerciais, negocia os contratos para a celebración de Grandes Premios, a organización dos contratos coas emisoras de televisión e a recepción de dereitos de licenza para o uso de material da Fórmula Un. A compañía tamén ten un asento no FIA World Motor Sport Council, o órgano responsable da regulación internacional dos deportes de motor.[21] Formula One Licensing BV é unha compañía holandesa relacionada con Formula One Group, que posúe as marcas rexistradas da Fórmula Un, os logotipos da F1, "Fórmula 1", "Fórmula Un", "F1" e o "Sweeping Curves device" que aparece antes dos grandes premios.

Formula One Management (FOM) é a empresa principal do grupo,[22] e controla a difusión, organización e promoción dos dereitos da Fórmula Un.[23] A compañía proporciona o sinal de televisión de todos os Grandes Premios da tempada, que logo se fornece a través de Eurovision e os satélites da rede (UER) ás emisoras que ofrecen comentarios e distribúen o sinal aos organismos de radiodifusión de cada zona. O equipo de produción da FOM ten a súa base no aeroporto de Biggin Hill, Kent, para facilitar a viaxe dos equipos necesarios para transmitir a carreira.[24] Financieiramente, o FOM ofrece investimento parcial para novas pistas e equipos, que lles permita establecerse no deporte e facer crecer a presenza da Fórmula Un nos novos mercados.[22][25] O calendario do campionato está estruturado polo FOM, coa supervisión do WMSC. Os pagos aos equipos están determinadas polo Acordo da Concordia, que dá aos equipos o 50% do diñeiro da televisión para o campionato de construtores, e outorga un fondo de premios aos equipos baseado nos seus resultados, que se saca dos honorarios que pagan os promotores de cada Gran Premio para a escenificación da carreira.[22][23] A loxística dos equipos móbiles e persoal de cada carreira é tamén a cargo do FOM, que proporciona aos equipos unha cantidade fixa de transporte para as carreiras fóra de Europa.

Empresas relacionadas

editar

Formula One Group utilízase para referirse a varias empresas relacionadas, que aínda que non forman parte do Grupo están controladas pola compañía holding Delta Topco e teñen negocios relacionados coa Fórmula Un. GP2 Motorsport Ltd foi adquirida por CVC en 2007, coa súa propiedade controlada por sociedades de carteira da Fórmula Un.[17][26] A GP2 é a principal serie fornecedora da Fórmula Un, e corre carreiras nas roldas europeas do campionato de F1, co fin de dar aos pilotos a experiencia e un escaparate ante os equipos de Fórmula Un. A GP3 series, é o seguinte nivel por baixo da GP2, tamén está controlada por Motorsport GP2. Formula One Group tamén é propietario de Istanbul Park AS, que dirixe o circuíto de carreiras de Istambul Park, a sede do Gran Premio de Turquía.[27]

Allsport Management SA é unha empresa suíza que xestiona a venda da publicidade nos circuítos de Fórmula Un e no Fórmula Un Paddock Club. Allsport Management foi fundada por Paddy McNally que comezara a traballar con Bernie Ecclestone a finais de 1970. McNally, quen foi un antigo consultor de patrocinio de Marlboro, ocorréuselle unha solución para pór orde á publicidade nos circuítos; Esta solución denomínase "themed advertising" (publicidade temática), onde un anunciante benefíciase dunha visibilidade total nunha parte da pista.[28] Isto está en contraste co Gran Premio de Mónaco, o único Gran Premio onde Allsport non está involucrado, e onde os espazos véndense de forma que múltiples anunciantes son visibles en cada imaxe, que é unha estratexia de mercadotecnia menos eficaz. O Paddock Club é a organización da Fórmula Un para a hospitalidade corporativa, que proporciona unha zona de luxo para os VIP e os patrocinadores na fin de semana do Gran Premio, e tamén dá acceso a equipos e pilotos, e visitas aos pits.[28] En 2006 Allsport Management (e as empresas relacionadas con Parker Allsopp & Marsh) foron adquiridas por CVC a través de Delta Topco,[29] o que significa que os ingresos completos deste deporte son controlados por Formúla One Group.[17][30]

  1. "Merger Procedure Article 6(1)(b) Decision" (PDF). Comisión Europea. 2006-03-20. Consultado o 2011-02-20. 
  2. Reid, Caroline; Sylt, Christian (2007-10-19). "CVC takes wheel with GP2". Telegraph.co.uk (Telegraph Media Group). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2007-10-29. 
  3. The Official Formula 1 Website
  4. Griffiths, John; Clay Harris, Clay; Harverson, Patrick (1997-06-07). "Ecclestone juggles ahead of flotation; Complex asset deals leave wife with control of up to 40 per cent of motor racing empire". Financial Times. 
  5. 5,0 5,1 Steiner, Rupert (2000-02-20). "Ecclestone sells £625m F1 stake". Sunday Times (Times Newspapers). 
  6. "The end of Kirch...". Grandprix.com. Inside F1, Inc. 2002-06-13. Consultado o 2010-10-20. 
  7. "Muppet owners buy Formula One". BBC News. British Broadcasting Corporation. 2000-03-22. Consultado o 2011-02-20. 
  8. "EM.TC Rescue Package Agreed". The Scotsman. 2001-02-16. 
  9. Henry, Alan (2001-04-05). "Formula One faces rebellion from car makers". The Guardian. 
  10. 10,0 10,1 Hientzsch, Heike (2002-09-28). "What do Formula One's owners want?; The banks who are stakeholders must reach a pact with the teams for good of the sport, says Heike Hientzsch". The Business Times Singapore (Singapore Press Holdings). 
  11. "Legal blow for Ecclestone". ITV-F1.com. ITV plc. 2004-12-06. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2004. Consultado o 2011-02-20. 
  12. "Bernie Defiant". ITV-F1.com. ITV plc. 2004-12-06. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2004. Consultado o 2011-02-20. 
  13. "Bernie offers £260m payday". ITV-F1.com. ITV plc. 2004-12-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2004. Consultado o 2011-02-19. 
  14. "Ecclestone to remain in charge". ITV-F1.com. ITV plc. 2004-12-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2004. Consultado o 2011-02-20. 
  15. "CVC confirms F1 buy-out". ITV-F1.com. ITC plc. 2006-03-29. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 2001-02-20. 
  16. Sylt, Christian; Reid, Caroline (2007-08-05). "F1 debt is $3bn but returns are so good, hedge funds want in". Independent.co.uk. Independent Print. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 2011-06-11. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Saward, Joe (2011-04-06). "News Corporation and Exor bid for F1". Joe Saward's Grand Prix Blog. Consultado o 2011-06-11. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Saward, Joe (2011-05-03). "Some numbers from the F1 world". Joe Sawards Grand Prix Blog. Consultado o 2011-06-11. 
  19. 19,0 19,1 "Bernie restructures". Grandprix.com. Inside F1. 1997-03-17. Consultado o 2011-05-11. 
  20. "F1 commits to terrestrial TV". BBC Sport. British Broadcasting Corporation. 2001-04-25. Consultado o 2011-06-12. 
  21. "World Motor Sport Council". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2011. Consultado o 2011-06-11. 
  22. 22,0 22,1 22,2 "Bernie's company reshuffle". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-06-11. 
  23. 23,0 23,1 "Grand prix, grand prizes". Economist.com. The Economist. 2000-07-13. Consultado o 2011-06-12. 
  24. "Companies at Biggin Hill". Biggin Hill Airport. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-06-11. 
  25. Straw, Edd (2009-04-30). "New teams to get financial support". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2011-06-10. 
  26. Reid, Caroline; Sylt, Christian (2007-10-19). "CVC takes wheel with GP2". Telegraph.co.uk (Telegraph Media Group). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2007-10-29. 
  27. "It is not just a dog's life". Grandprix.com. Inside F1. 2008-05-13. Consultado o 2011-06-12. 
  28. 28,0 28,1 Saward, Joe (2000-01-04). "The Paddock Club". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2011. Consultado o 2006-10-18. 
  29. "Formula One acquires APM and Allsport Management" (PDF) (Nota de prensa). CVC Capital Partners. 2006-03-31. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2007. Consultado o 2006-10-18. 
  30. "CVC buys Allsport". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. 2006-04-01. Consultado o 2006-10-18. 
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
News 3
orte 6
Todos 2