Fortaleza de Castro de Amarante

fortaleza medieval en Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla

A Fortaleza de Castro de Amarante ou Pazo de Amarante[1] é unha fortaleza medieval situada no lugar de Amarante (Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla).

Fortaleza de Castro de Amarante
ben de interese cultural
ConcelloAntas de Ulla
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°46′33″N 7°55′49″O / 42.775833333333, -7.9302777777778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(Alta Idade Media)
Estado actualAbandonado
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,[2] ratificado en normativa posterior.[3][4].

Historia

editar

O recinto foi construído no século XIII pola familia Noguerol, condes de Amarante, sobre un antigo poboado castrexo. Foi derrubado e reconstruído en varias ocasións.

Foi casa patrucial dos Noguerol, algúns de cuxos membros marcharon a Castela para formar parte de ordes militares en que tiveron encomendas. Así, frei Afonso Gutérres Noguerol foi comendador do convento de Belvís (da orde de Calatrava) e do de Magdalena de Salamanca (da orde de Alcántara) durante o reinado de Henrique II de Castela (1369-1379). En 1387 frei Xil Rodríguez de Noguerol foi comendador de Caravaca, da orde de Santiago. Os membros da Casa de Amarante eran soterrados no mosteiro de Vilar de Donas.

Sufriu os ataques da Gran Guerra Irmandiña, e foi reconstruído por Roi Fernández Noguerol. En 1486 foi asediado, e despois mandouno derrubar o gobernador Fernando de Acuña[5].

Arquitectura

editar

Caracterízase por ser de arquitectura ruda, destacan as solainas situadas nas esquinas do edificio, con balaústres graníticos. Da construción orixinal consérvase a estrutura de planta oval, posiblemente a torre da homenaxe ou un reduto central. A ela accédese a través dunha porta oxival posiblemente do século XIV ou XV. Cara ao sur tiña un torreón, hoxe xa desaparecido, e polo leste conserva un corpo rectangular, posiblemente do século XV, con balcóns sobre ménsulas escalonadas nas esquinas -posibles restos dun matacán-.

En febreiro de 2013 a muralla sufriu desprendementos por mor da choiva[6].

  1. Pazo de Amarante de Antas de Ulla en Turgalicia.
  2. "Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles" BOE n.º 125, 5/5/1949 (en castelán).
  3. "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" Xunta de Galicia, 1/10/2012
  4. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  5. "Castelo de Amarante", artigo en Celtiberia (en castelán).
  6. "A choiva provoca o derrube de parte da muralla da fortaleza de Amarante" Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo de Begoña Mouriño en El Progreso, 7 de febreiro de 2013.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 1
mac 1
os 30
todo 1
web 1