Framboeseiro

especie de planta
Framboeseiro

Framboesas vermellas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Rosoideae
Tribo: Rubeae
Xénero: Rubus
Subxénero: R. subg. Idaeobatus
Especie: R. idaeus
Nome binomial
Rubus idaeus
L.

O framboeseiro (Rubus idaeus) é unha planta rubideira que medra particularmente en claros de bosques ou prados, en especial onde o lume ou os cortes de árbores deixaron un espazo aberto para que medre esta colonizadora oportunista. É de fácil cultivo e ten tendencia a se estender a menos que se manteña baixo control. Prefire solos profundos e acedos, pois os calcarios producen clorose.

Características

editar

O seu froito é a framboesa, unha polidrupa de sabor forte e doce, vermella, que sae durante o verán tardío ou o outono temperán. Esta froita do bosque é parecida á amora pero máis pequena e branda.

A framboesa negra (Rubus occidentalis) e a framboesa azul (Rubus leucodermis) son oriúndas de América. En Asia (desde India até China) existen ao redor de 180 tipos de framboesas aínda non catalogados.

Actualmente existen dous cruzamentos de R. idaeus con especies americanas R. occidentalis. Destes cruzamentos obtivéronse diferentes variedades para mellorar a produción de froito, que chega ás dúas colleitas anuais (floración de primavera e estival).

Entre outros nutrientes, estas froitas conteñen cantidades considerábeis de ácido eláxico, unha substancia que segundo os actuais estudos[Cómpre referencia], podería ser beneficiosa na quimioprevención de certos tipos de cancro. As framboesas escuras (negras e azuis) conteñen cantidades considerábeis de antocianina -como o ácido eláxico, un biofenol- que se aplica contra os radicais libres de osíxeno que provocan a dexeneración de células e dos órganos en mamíferos e humanos. Estudos da Ohio State University dirixidos polo Prof. Gary Stoner levaron á presentación dunha solicitude de patente nos Estados Unidos respecto dos usos do ácido eláxico e a antocianina para combater a dexeneración de órganos e de diferentes tipos de cancro.

Galerías de imaxes

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
iOS 2
os 43
todo 1