Franca Rame
Franca Rame, nada en Parabiago (Lombardía) o 18 de xullo de 1929 e finada en Milán o 29 de maio de 2013, foi unha actriz de teatro, escritora e política italiana.[1]
(década de 1960) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1929 Parabiago, Italia |
Morte | 29 de maio de 2013 (83 anos) Milán, Italia |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán |
Senador de Italia | |
28 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008 Lexislatura: 15th Legislature of Italy (en) | |
Senador de Italia | |
18 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008 Lexislatura: 14th Legislature of Italy (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Milán |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | actriz, escritora, política |
Período de actividade | 1951 - 2013 |
Partido político | Partido da Refundação Comunista (pt) (2010–) Partido Comunista Italiano (1967–) Itália de Valores (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Dario Fo (1954–2013), morte |
Fillos | Jacopo Fo |
Pai | Domenico Rame |
Irmáns | Enrico Rame |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | francarame.it |
|
Traxectoria
editarNaceu en Parabiago, nunha familia cunha longa e extensa tradición teatral. Debutou no teatro en 1951. Pouco despois, coñeceu a Dario Fo, dramaturgo italiano, e casaron en 1954. O seu fillo, Jacopo Fo naceu o 31 de marzo de 1955. En 1958, fundou xunto co seu marido a compañía teatral Dario Fo-Franca Rame en Milán, Fo era o director e escritor, e Rame a actriz protagonista e administradora. Un ano máis tarde estreaban a peza de Fo Gli arcangeli non giocano a flipper.
Rame continuou traballando con Fo en numerosas obras de teatro e en varias compañías de teatro, alcanzando un éxito popular. A partir de 1968 o matrimonio crea un colectivo teatral independente, por razóns políticas e ideolóxicas, onde actuou en obras teatrais satíricas e de contracultura moi comprometidas, lembrando a Morte accidental dun anarquista e Non si paga, non si paga!. Xunto co seu marido apoiou a organización italiana Soccorso Rosso Militante.
Nos anos 70 participou no movemento feminista interpretando os seus propios textos: Tutta casa, letto e chiesa, Grasso è belo!, La madre.
En marzo de 1973, foi secuestrada por un grupo de extrema dereita e violada, sufrindo múltiples e importantes feridas. Posteriormente escribiu o monologo Lo stupro (A violación), inspirado na súa experiencia persoal.
Nas eleccións xerais de Italia de 2006 foi candidata ao Senado por Piamonte, Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña, Toscana e a Umbría entre as filas do partido político Italia dei Valori. Foi elixida senadora en Piamonte. Tamén en 2006, Antonio Di Pietro propúxoa ao cargo de Presidenta da República. Recibiu vinte e catro votos.
Deixou o Senado en 2008. En 2009, xunto co seu marido Dario Fo escribiu a súa autobiografía Una vita all'improvvisa.
Faleceu en Milán o 29 de maio de 2013, aos 83 anos.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El teatro europeo y Dario Fo pierden a Franca Rame". El País. 29 de maio de 2013. Consultado o 29 de maio de 2013.(en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial de Franca Rame (en italiano).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franca Rame |