Francisco Armero Peñaranda
político español
Francisco Armero Peñaranda, nado o 3 de maio de 1804 en Fuentes de Andalucía (Sevilla) e finado en 1867, foi un mariño e político español.
Traxectoria
editarIngresou na carreira militar como guardiamarina. Tivo unha destacada participación na Primeira guerra carlista, na que se distinguiu no Sitio de Bilbao. En 1844 foi nomeado Ministro da Mariña, Gobernación e Comercio, cargo que, até 1847, ocupou ao mesmo tempo que o de Capitán xeneral de Madrid. Chegou a ser Presidente do Consello de Ministros entre 1857 e 1858 e foille concedido o título de Marqués del Nervión.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Ramón María Narváez |
Francisco Armero Peñaranda | Precede a: Francisco Javier de Istúriz |
Presidente do Goberno de España |