Francisco Granados

político español

Francisco Granados Lerena, nado en Valdemoro (Madrid) o 23 de xaneiro de 1964, é un político español do Partido Popular. Está casado e ten dúas fillas. Dende o 25 de xullo de 2008 ata o 17 de xuño de 2011 ostentou o cargo de Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Interior da Comunidade de Madrid.[1] É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Granados estivo involucrado en polémicas e varios casos de corrupción, entre eles a Operación Púnica, na que foi arrestado xunto a outras 50 persoas.[2]

Modelo:BiografíaFrancisco Granados

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Granados Lerena Editar o valor en Wikidata
23 de xaneiro de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Valdemoro, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
29 de novembro de 2011 – 21 de febreiro de 2014
Q43103402 Traducir
22 de novembro de 2003 – 20 de decembro de 2004 – María Dolores de Cospedal →
Deputado na Asemblea de Madrid
25 de maio de 2003 – 21 de febreiro de 2014 – Teresa de Jesús Luis Rico →
Alcalde de Valdemoro
4 de xullo de 1999 – 27 de novembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstremera Prison (en) Traducir (2015–2017) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porLavado de cartos
Suborno
fraude documental (pt) Traducir
Tráfico de influencias Editar o valor en Wikidata
Premios

Polémicas e corrupción

editar

Caso Gürtel

editar
Artigo principal: caso Gürtel.

Os concelleiros do Partido Popular José Luis Peñas e Juan José Moreno sinalárono na súa declaración ante o xuíz como un dous cargos do goberno madrileño que fixera presión para que o alcalde de Majadahonda, Ricardo Ortega, procesado no caso, amañase unha venda de solo público.

Un dos construtores denunciados era Julián Jiménez de los Galanes, presidente do grupo DICO, que segundo os declarantes, é amigo persoal de Granados e chamaría a Ortega da súa parte para esixirlle a súa dimisión. Granados negou que algo así ocorrera, dado que polo seu cargo no partido, falaba directamente con Ortega case a diario, pero non negou a súa relación con Jiménez.[3]

Espionaxe

editar

En 2009, publicouse información que relacionaba a Consellería de Interior, que presidía, cunha trama de espionaxe aos seus compañeiros de partido Ignacio González, Manuel Cobo e Alfredo Prada.[4][5] Tras unha investigación xudicial, o 15 de xullo de 2010 a xuíz competente ditou auto de arquivo do caso por non acreditarse a realidade dos seguimentos, e por falta de indicios de delito.[6] En 2010 a Audiencia de Madrid ordenou á xuíz reabri-lo caso e reunir as probas necesarias para procesar os acusados por malversación de caudais públicos.[7]

En 2010, citáronse unhas declaracións súas nun artigo sobre os problemas para adoptar medidas de austeridade na administración española, nas que mencionaba o problema de inamobilidade dos funcionarios.[8] En setembro de 2011 presentou unha declaración de bens na que afirmaba que cobrara da Comunidade de Madrid 15.000 euros máis do que declarara oficialmente como seu soldo.[9]

O 19 de febreiro de 2014 publicouse nos medios que Francisco Granados tiña unha conta ao seu nome en Suíza con 1,5 millóns de euros. Os cartos estaban nun depósito aberto desde 1999, segundo comunicou a xustiza suíza á española.[10]

Operación Púnica

editar

No marco da Operación Púnica, Francisco Granados foi detido o 27 de outubro de 2014 , xunto con máis de cincuenta persoas. A operación foi coordinada pola Garda Civil, baixo ordes do xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco.[11]

  NODES
dada 1
dada 1
orte 3